Francisco Vázquez
10.02.07 @ 11:23:25. Archivado en Sobre el autor
Cando era alcalde creo que soamente coincidín con el unha vez, hai xa bastantes anos, que nos recibiu a un grupo numeroso de persoas que estabamos visitando a consistorial de María Pita, non lembro ben con qué motivo, e exerceu de anfitrión presumindo da fermosa exposición de reloxios que alberga o concello coruñés.Iso -é dicir, o feito de non coñecelo- non ten obstado para que en máis dunha ocasión me teña referido a el nesta columna. Evidentemente, non por cuestións de índole persoal, que me convertirían en temerario, senón por asuntos de carácter público ligados na meirande parte dos casos ás súas accións ou declaracíons realizadas arredor da lingua.A casualidade quixo que a segunda vez que coincidín con el fose a pasada semana en Roma, no seu privilexiado hábitat actual da ”Embaixada española ante a Santa Sede” e nun ambiente social máis cercano, pois tan só eramos once as persoas -todas galegas- que asistimos á recepción informal que nos concedeu, concretamente o pasado xoves.Logo dos ríos de tinta que suscitou a súa partida para o Vaticano, cando me dixeron que nos ía recibir, ó facer cábalas sobre o Francisco Vázquez que iamos atopar no vello pazo da Praza de España non alcancei a aventurar ningunha quiniela, malia que teño que recoñecer que esperaba a un Francisco Vázquez metido no seu papel dos arrabaldos elitistas da Curia romana.Sen embargo, a realidade -que sempre adoita ser máis teimosa do que pensamos- encargouse de fender o tópico que a prensa española tiña elaborado ó seu redor e amosounos a un embaixador hospitalario e cercano, que nos ensinou parte da súa residencia privada, ateigada de obxectos, mobles, fotografías e cadros que forman parte da historia de España, e que nos falou nese castelán valleinclanesco e agalegado que o fixo famoso á ambolos dous lados do Padornelo.Pero, con todo, o que máis me chamou a atención na hora larga que compartimos con el nun suntuoso salón de convidados, foron os continuos recortes que ía deixando en cada unha das súas intervencións, nun moi correcto galego -tanto en fonética coma en sintase- que para el quixera Pérez Touriño e ogallá falasen moitas conselleiras e conselleiros e moitas diputadas e diputados dos tres partidos políticos que completan o arco parlamentario.Evidentemente non saín influenciado polo efecto hipnotizante do Vaticano, pero si me satisfaceu confirmar o que tiña oído. É dicir, que o galego non lle é alleo no ámbito privado.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


