Cuchús Pimentel
10.02.07 @ 11:11:48. Archivado en Sobre el autor
Cando lle preguntei por aquela circunstancia, é dicir, por cómo aceptara, un estudioso da literatura galega do seu nivel e un referente de todo canto arrecende ó noso idioma e á nosa cultural dende hai máis de corenta anos, iso de que un fillo lle saíse músico dunha cultura completamente allea á del, non lembro literalmente o que me contestou, pero penso que me dixo que a súa única preocupación, cando soubo que o fillo quería adicarse á música de guitarra flamenca, fora que, fixese o que fixese, intentase ser bo. E polo visto, si que é bo, malia que eu nunca o escoitei.Nalgunha biografía resumida que camiña pola Rede figura que “accidentalmente” naceu en Palencia, aínda que se criou primeiro en Lugo e despois en Vigo, onde iniciou a súa formación como guitarrista ó carón dun vello coñecido de Ourense, como é Tomás Camacho.O que si non vin por ningures foi algunha referencia á ascendencia paterna. E non é porque se leven mal ou non teñan tratos paterno-filiais, que polo pouco que eu sei, non é.Supoño que ha de ser máis por unha lóxica tendencia a evitar que o mal relacionen con pai e esa relación poidera condicionar para ben ou para mal nas súas orixes a súa carreira musical, cando menos en Galicia.A última vez que coincidín co pai foi nun voo de Madrid a Santiago e díxome que aquel mesmo día ou ó día seguinte -non lembro ben- tiña que ir a un concerto del, cousa que explica o que acabo de dicir respecto da relación que manteñen ámbolos dous.Polo titular é evidente que unha das dúas persoas das que estou falando é Cuchús Pimentel, un músico galego que toca guitarra flamenca e que a pasada semana saltou ós medios de comunicación galegos dunha forma inusitada por mor da para min absurda polémica que se montou darredor da interpretación do himno galego no acto de celebración do aniversario do Estatuto, no Parlamento Galego.E Cuchús Pimentel, a quen non teño o gusto de coñecer personalmente, é o nome artístico dun músico polo que corre sangue ourensá, malia que a súa relación con Ourense sexa mínima.Para ser máis exactos, córrelle sangue de Ventosela (si, do mesmo lugar de onde procedía o famoso gaiteiro), pois, aínda que para moita xente resulte un paradoxo, o seu nome de pía é Jesús Alonso (descoñezo o segundo) e é fillo de Xesús Alonso Montero, de quen -digo de paso- me gustaría saber a opinión respecto da polémica virtual que montaron co seu fillo de por medio.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


