05.03.07 @ 23:39:28. Archivado en Sobre el autor
A miúdo dame a sensación de que estamos a perder o Norte. Eu non sei se é
polo andazo do cambio climático, se por culpa de Zapatero se por culpa de
José María Aznar ou se por culpa propia de nós mesmos, o caso é que tanto
nos xornais coma nas emisoras de radio desas que chaman de "tirada ou de
alcance" nacional, un le e escoita cousas que levan a calquera a crer
seriamente que os españois en xeral e os galegos en particular andamos un
tanto desvariados, coma se un exército de moscas fixeran tolear a agulla da
brúxula que nos leva cara un futuro que xa non somos quen de valorar cara
onde vai.
>> Sigue...
|
04.03.07 @ 14:09:42. Archivado en Sobre el autor
O pasado mércores non puiden ir á tertulia do Liceo, porque non teño o don da ubicuidade. Leo, sen embargo, na páxina de Marcos Valcárcel que a chamada tivo éxito e aquela mesa de dez que eu propuxera hai uns meses acaba de ir un paso máis alá có de reflexionar en voz alta sobre os problemas da capital.
Ata hoxe non tiven tempo, polo tanto, de sumarme ás voces amigas que reclaman un espacio cultural no céntrico edificio do antigo Banco de España. E fágoo aquí e agora, para que quede constancia pública de que eu tamén creo que un edificio así, nun lugar así e nunha cidade así, debe ser adicado a outra cousa que non sexa almacenar os planos que controlan as propiedades urbanas e rurais dos ourensáns, pois para iso vale ben calquera outro recipiente situado en calquera outro lugar.
>> Sigue...
|
27.02.07 @ 00:10:11. Archivado en Sobre el autor
Anda a circular pola rede e polos principais xornais de Galicia -incluido, evidentemente, este- un episodio que supoño que carece de parangón na democracia galega e supoño que na das outras terras desta España autonómica que todo o soporta e todo o tolera.
Resulta que un alto cargo da Vicepresidencia (¿tal vez haberá que empezar a dicir “Vicepresidenza”?) -mellor dito, un altísmo cargo porque disque é o verdadeiro ideólogo da mesma- andou a raspillar as letras que sobre un cristal instalaran uns operarios para engadirlle os termos -legais- de “igualdade e benestar” á palabra “Vicepresidencia”.
O balbordo que se montou seica foi de órdago, que diría un xogador de mus, e o enfrontamento e as presumibles ameazas e descalificacións que o alto cargo -secretario xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia, para engadirlle máis morbo ó sucedido- lle proferiu, tanto ós operarios coma a un grupo de policías, acabaron no xulgado.
>> Sigue...
|
24.02.07 @ 10:56:21. Archivado en Sobre el autor
Velaí dúas versións dun mesmo conto:
Se hoxe se me dera por inserir nun artigo o entrecomiñado que de seguido vou relatar, gustaríame saber qué pensaría de min, querido lector:
"... No se puede bajar la guardia. Que no nos vendan el cuento de la tolerancia cuando se trata de justificar la eliminación del castellano. En esto, y en otras cosas, yo defiendo la intolerancia. Así de claro. Porque hay cosas que no se pueden tolerar. Y con nuestro idioma no se juega."
De ser así, é de supor que a estas alturas estaría pensando que me volvín tolo. Ou cando menos, que a deriva crítica da que teño feito gala nos últimos tempos neste espacio, dende que me teño sentido decepcionado pola política que están levando a cabo algúns que -eu e moitos coma min- crimos que ían ter a capacidade intelectual e política para mudar e mellorar algunhas cousas, acabou por dexenerar de todo e que o que durante moito tempo foi unha defensa coherente da nosa idiosincrasia como pobo, acabara definitivamente por descubrirme a verdadeira cara de intolerante castelanista.
>> Sigue...
|
20.02.07 @ 00:53:05. Archivado en Sobre el autor
Que o asunto do “iísmo” é algo que lle repatea a moita xente, non o vou descubrir eu a estas alturas.
O feito de terme postulado como un adiantado altofalante dunha iniciativa que está a levar a cabo a Fundación dos Premios da Crítica, valeume para que me remitiran algúns comentarios de apoio á iniciativa que quero simbolizar neste que reproduzo -de forma anónima, evidentemente-, porque di moitas cousas que eu deixei por dicir:
“Noraboa pola iniciativa.
Xa era tempo de denunciar esta falta de respecto pola lingua. Son un deses que esta farto de escoitar falar ós trapelos (xente que non mamou a nosa lingua e que colleu conciencia -viron a luz!- na Universidade ou cando chegaron á política) falando co “i“, co “ao“, “he dito“, etc.
>> Sigue...
|
17.02.07 @ 10:12:39. Archivado en Sobre el autor
Se vostede fala galego dende que aprendeu a dicir nai, non só non cometerá a aberración lingüística da que lle vou falar, senón que ó escoitala, halle doer coma se lle zopara unha avéspora na orella e lle batera no estribo cunha espora de aguillóns.
Sen embargo, por mor dese papanatismo epidémico que nos últimos tempos está sufrindo o noso idioma, estou ben seguro tamén de que serán ducias -por non dicir centos- de veces as que llo escoite, cun aceno “pseudomodernista” adoiviado con matices “nacionalnuncamaisistas”, a políticos e contertulios, presentadores de televisión e locutores de radio, conferenciantes e falabaratos de toda caste e condición.
>> Sigue...
|
13.02.07 @ 00:20:55. Archivado en Sobre el autor
Vaian por diante as miñas disculpas por se alguén se sente ofendido pola traslación ó foro público destas dúas curiosidades, que maxino por outra banda que para algúns non constituirán ningunha novidade, pois historiadores ten dabondo Compostela como para que isto que vou contar vaia ser unha primicia mundial.
Tamén quero facer unha salvedade previa -para evitar desagradables malentendidos-, afirmando categoricamente que isto nin é nin pretende ser unha segunda parte que teña algo que ver co artigo do pasado sábado.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:38:24. Archivado en Sobre el autor
Hai uns días, a través dun xornal dixital deses que che envían un correo diario cos titulares de seu, souben doutro ”rotativo” informático que acaba de saír do prelo internáutico e a través do cal, en lóxica sucesión, tiven ocasión de recalar no blog dun dos máis controvertidos parlamentarios galegos -o mesmo que hai uns meses lle “chourizou” a un meu amigo o protagonismo mediático da galeguización dos cemiterios e que ultimamente anda a rolar cunha teima ludo-lingüística para que as “barbies” falen galego- e a quen non teño o gusto de coñecer, polo que lle prego, querido lector, que lea esta reflexión en clave de mera interpretación do que di, sen ningunha outra personalización.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:33:33. Archivado en Sobre el autor
Nunca souben -e a verdade é que tampouco me teño encargado de preguntalo- qué significado ten o “L” que lle colocan ós conductores noveis nos parabrisas traseiros dos seus vehículos.A foto do compañeiro Xesús Fariñas que o xornal de onte publicou en primeira páxina, aclaroumo definitivamente, se é que aínda me quedaba un resquicio de desinformación.Supoño que repararon nela. Pero se non, descríbolla eu:Nun primeiro plano, uns cantos metros por diante dunha morea de ferros mortalmente estampados contra un piñeiro, a foto recolle a praca branca con fondo azul que lle entregan ós conductores na autoescola ó mesmo tempo que Tráfico lle remite un carné que agora xa non ten nada que ver con esa sábana rosácea que aínda porta un servidor.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:32:01. Archivado en Sobre el autor
Hai xa uns cantos anos, propuxéronme colaborar na elaboración dunha guía de recursos turísticos da provincia de Ourense.Despois de ter mantido algunha reunión para consensuar criterios e por en común as liñas argumentais da publicación, cando fixen a proposta -que aínda debo ter gardada na memoria desordeada do meu ordenador- propuxen que o lema debería ser: Ourense, parada e fonda. Logo, por cuestións que se me escapan, o traballo non coallou e a publicación que saíu á rúa foi un catálogo por comarcas de itinerario -pois non eran comarcas naturais- dos principais recursos históricos, culturais, patrimoniais, festivos, naturais da provincia, que en todo caso cumpriu o seu ciclo informativo naquel intre.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:30:28. Archivado en Sobre el autor
A palabra é un documento sen retorno que extendemos a cotío. Sobre todo cando quen a pronuncia, a pronuncia por escrito ou onde haxa luz e taquígrafos.En contextos coma este a palabra ten valor de seu, mesmo que soamente sexa un artigo, un verbo, un adverbio ou un adxetivo, porque en función de onde sexa colocada pode mudar o seu sentido ou ser mal interpretada, o cal constitúe ”per se” máis perigo.Ora ben, ¿que valor ten a palabra, cando o quen fai uso dela é un politico?
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:29:10. Archivado en Sobre el autor
Dende hai un tempo a esta parte son tantas as cousas que non entendo, que estou decidido a propoñerlle ó director do xornal que me permita abrir unha sección baixo ese mesmo epígrafe, é dicir, “cousas que non entendo”, para poder compartilas con vostede, querido lector, a ver se entre todos somos quen de procurar unha explicación posible.Non entendo, por exemplo, que poida ser tan progre defender a eutanasia (que por su posto eu defendería en casos de decisión libre, consciente e non condicionada), é dicir, a liberdade que nos asiste para poder decidir sobre a nosa vida; e, sen embargo, ser conservador -ou reaccionario, incluso- defender a liberdade de aquel que, porque quere, decide deixar de comer ata o punto de por en risco a súa vida.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:28:00. Archivado en Sobre el autor
Hai uns días estabamos tres amigos nun bar tomando unhas cervexas, candopasou ó noso carón un coche no que reparamos os tres, non porque fose despampanante, senón porque non era dos que se ven habitualmente polas carreteras.
- ¿Que marca sería?, preguntei eu, por iso establecer conversa.
- Ou é un modelo que acaba de saír ou debe ser unha marca coreana ou xaponesa, porque, a verdade, é que nunca vin un igual, respondeume, dilixente, un dos meus contertulios.
- Si, certamente, e tiña forma de todoterreo. Pero non dun todoterreo coma os que deseñan as casas europeas.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:24:57. Archivado en Sobre el autor
Déronlle en chamar así cando, despois de asinar o compromiso de goberno, decidiron que un dos temas estrela desta lexislatura ía ser a redacción do novo Estatuto.Cando lles empezaron a preguntar pola fórmula que ía ser empregada para definírmonos como territorio, se a memoria non me falla creo que tanto o presidente coma o vicepresidente, aseguraron que Galicia non ía remedar a ninguén.Entón, ámbolos dous por serparado falaron do que deron en chamar “a vía galega”, que ía ser unha fórmula máxica na que teriamos cabida todos, tanto os que por lingua, historia, cultura e tradición cremos (como moi ben explica Castelao en “Sempre en Galiza”) que somos un pobo de seu que participa nun proxecto común con outros pobos de España; coma aqueloutros que pensan que isto é terra de labor sen marco algún que a deba significar coma tal dentro dunha coutada máis grande e ben definida.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:23:25. Archivado en Sobre el autor
Cando era alcalde creo que soamente coincidín con el unha vez, hai xa bastantes anos, que nos recibiu a un grupo numeroso de persoas que estabamos visitando a consistorial de María Pita, non lembro ben con qué motivo, e exerceu de anfitrión presumindo da fermosa exposición de reloxios que alberga o concello coruñés.Iso -é dicir, o feito de non coñecelo- non ten obstado para que en máis dunha ocasión me teña referido a el nesta columna. Evidentemente, non por cuestións de índole persoal, que me convertirían en temerario, senón por asuntos de carácter público ligados na meirande parte dos casos ás súas accións ou declaracíons realizadas arredor da lingua.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:21:39. Archivado en Sobre el autor
Convidado por un programa que se está desenvolvendo baixo o epígrafe Camiños de Europa, tiven a oportunidade durante estes últimos tres días, de visitar a Cidade Eterna.Non andara eu nunca polas súas rúas, nin me perdera tampouco polas súas protohistóricas canellas. Tampouco fora quen, en consecuencia, de admirar a mastodóntica dimensión de arte que se concentra nos chamados Museos Vaticanos, e que evidentemente non nos deu tempo de percorrer enteiros, por moito que no canto de tres días estivéramos unha semana enteira.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:20:09. Archivado en Sobre el autor
Supoño que algúns -xa sexa para avalar o meu discurso con un “¡pero canta razón ten!”, xa para dimanitalo con un non menos contundente ”¡xa está este despotricando outra vez contra o bloque¡”-, logo dos “titiritulares” ofrecidos polos medios de comunicación na véspera da celebración dos Reis Magos, facéndose eco dunha nova ”tiritiniciativa” parlamentaria presentada polo mesmo “tiritiparlamentario” que reclama que as bonecas ”de famosa” fagan “pipí” e “popó” en galego..., supoño -repito- que estarían agardando que lle dedicase estas liñas a ridiculizar a proposta parlamentaria.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:16:30. Archivado en Sobre el autor
Se eu me apelidara Franco e fose un político nacionalista e de esquerdas, a estas alturas do partido tería un problema de conciencia.¿Que facer?, preguntaríame, se dentro duns meses os Villarino se convertesen ó vilariñismo, os Feijóo ó feixóoismo, os Dios ó deusismo, os Vega ó veiguismo, os Valladares ó valadairismo e os Aymerich á cofraría dos ”expósito” ou ”Da igrexa”, que era como lles puñan ós nenos cando carecían de apelido, porque dubido moito que este teña traducción.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:15:04. Archivado en Sobre el autor
Farto de ler patéticas obviedades do tipo, “Zapatero anunció ayer la busca y captura, para su entrega a la justicia, de los autores del atentado” nun patético editorial proteccionista dun xornal de de tirada nacional, e de sentir vergonza allea polos cinco minutos de patética comparecencia do presidente do Goberno, rumiando unha e outra vez a pasta aceda da resaca que lle tuveron que provocar na mañá do día 30 as palabras pronunciadas con non menos patética candidez o día anterior, antes de porme a escribir mergúllome na memoria fotográfica do teléfono móbil e topo unha pequena colección de fotografías que fixen a primeira vez que tiven oportunidade de viaxar dende a terminal 4 de Barajas.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:13:28. Archivado en Sobre el autor
Tería que revisar a hemeroteca desta columna porque estou seguro de que o dixen nalgún momento. E, en todo caso, se non o dixen, cando menos, penseino.Penseino desde o mesmo intre en que me reparei polo miúdo na filosofía de partida que xerara o complexo do monte Gaiás, cando aínda só se apuntaban as dúas torres prismático-circulares por detrás do devandito monte compostelano e o resto eran unha serie de xeiras soterradas que só se alcanzaban a ver de soslaio cando un circulaba cara a Coruña ou cara Pontevedra por esa zona circunvalante de Compostela.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:11:48. Archivado en Sobre el autor
Cando lle preguntei por aquela circunstancia, é dicir, por cómo aceptara, un estudioso da literatura galega do seu nivel e un referente de todo canto arrecende ó noso idioma e á nosa cultural dende hai máis de corenta anos, iso de que un fillo lle saíse músico dunha cultura completamente allea á del, non lembro literalmente o que me contestou, pero penso que me dixo que a súa única preocupación, cando soubo que o fillo quería adicarse á música de guitarra flamenca, fora que, fixese o que fixese, intentase ser bo. E polo visto, si que é bo, malia que eu nunca o escoitei.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:10:04. Archivado en Sobre el autor
O xornal de onte abordaba dúas informacións que nada tiñan que ver entre elas, pero que me levaron a relacionalas porque ámbalas dúas forman parte indisociable dese clima de paleto progresismo que temos que soportar nos últimos tempos a risco de -se se nos dá por defender o contrario- sermos chatados de carcas reaccionarios ou algo así.A primeira ten que ver con ese fuxidio movemento falso-tolerante a favor dos oídos islámicos que a alguén se lle ocorreu fundar no Carballiño para porlle fin á enlatada cantinela do Nadal, non fora ser que á ira de Alá se lle dera por reparar no mapa urbano da vila do Orcellón e lle mandara un kamikace enturbantado, montando nun ultralixeiro para porlle fin á “skyline” do Arenteiro derrubando a torre da Veracruz.
>> Sigue...
|
10.02.07 @ 11:08:26. Archivado en Sobre el autor
O xornal de onte deunos a coñecer un ambicioso proxecto que pretende transformar ó val do Támega nunha “eurocidade” con Verín no polo norte e Chaves no polo Sur.Descoñezo o lugar e o contexto onde o alcalde flaviense realizou estas declaracións e descoñezo tamén o grao de elaboración do proxecto, aínda que o que si indicaba a información é que ía ligado ó remate das obras da autoestrada que unirá ámbalas dúas localidades, e que o vicepresidente da Xunta, loxicamente, tamén comparte a iniciativa. O que si coñezo é o tempo que se leva falando destes termos no ámbito da liturxia cultural e social, pois van xa para dúas décadas as que levamos xirando arredor dese concepto os galegos dos sur e os portugueses do norte.E non só coñezo iso, senón que nestas últimas semanas, por diversas causas, incluso fixen referencia explícita a esta cuestión, primeiro utilizando palabras propias e logo utilizando unhas contundentes afirmacións de Curros Enríquez, escritas hai algo máis de cen anos e que incidían precisamente no concepto que agora apunta o presidente da Cámara Municipal de Chaves, é dicir, na necesidade de borrar definitivamente a raia, cousa que soamente se logrará cando a economía corra do mesmo xeito entre Verín e Chaves do que nestes intres corre entre Verín e Xinzo de Limia.E é que se ben houbo un tempo en que os concellos tiñan como máxima seren beneficiados con programas supramunicipais do tipo “Plan Bulleiro” que tan famoso fixera Victorino Núñez. E houbo outro tempo ligado ós alcantarillados e á electrificación, así como ó abastecemento de auga e ó saneamento. E incluso un terceiro que tivo como norte o embellecemento dos núcleos urbanos, a mellora das súas rúas e outro tipo de instalacións, xa foran rurais ou urbanas, xa sociais, culturais ou deportivas, xa infantís ou senís; é evidente que agora os tempos empezan a esixir outros compromisos, que non teñen por qué ser máis importantes ca esoutros, pero si deben ser máis responsables para definir o futuro dos habitantes que viven neles.Estou falando, evidente daqueles concellos que teñen unha personalidade propia e unha entidade social suficiente para poder marcar os alicerces básicos da súa economía colectiva. É dicir concellos, digamos, de capitalidade comarcal. Dos pequenos ocupareime outro día.Cada concello ten sempre unha personalidade propia na que ten que afondar para definir o seu futuro. O alcalde de Chaves teno claro ¿E os alcaldes ourensáns?
|
|