Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Un reto

Permalink 21.11.06 @ 18:50:35. Archivado en Sobre el autor

A verdade é que ata este mesmo intre, cando me poño a escribir, non me tiña xurdido a pregunta e polo tanto non lle podo dar resposta, pero prometo trasladarlla ó delegado diocesano para a celebración da efeméride, o bon amigo Miguel Ángel González, co que comparto afectos e proxectos hai xa unha manchea de anos.
Eu non sei cándo e por qué motivo se celebrou en Ourense (se cadra habería que ampliar o territorio a Galicia, afastando os anos santos compostelanos), se é que se celebrou algunha vez, un ano xubilar con todo o simbolismo e solemnidade católica que lle dá o feito de ser concesión directa do Vaticano.
Quero dicir, con isto, que Celanova, a vila onde nacín e onde levo vivido prácticamente tódolos días da miña vida, acaba de botar a andar -tanto para os crentes, como para os non crentes- un ano que debería ter unha importancia vital para o seu futuro.
E digo isto porque o feito de que o pasado sábado participaran unha quincena de bispos e arcebispos e preto dun cento de cregos de moitas dióceses de Ourense, axuda a dimensionar a rede social que será convidada a buscar unha data para achegarse a Celanova e anovar as súas crenzas seguindo a estela vital dun home que representa un fito na vella historia de Galicia.
Un home como Rosendo Guterres, que naceu a carón do poder total, que probablemente exerceu o poder total dende os seus cargos como bispo e que, alén das consideracións cristiáns -nas que a min no me toca escudriñar-, un día decidiu viaxar á procura do silencio e atopou no val do río Sorga un lugar coñecido como Vilar para fundar un dos máis importantes mosteiros da Galicia emerxente daquela.
“Deixovos unha casa marabillosamente edificada”, escribiu o neto do conquistador de Coimbra no seu testamento. E tan marabillosa tiña que ser para que mil cen anos despois do seu nacemento, o legado que deixou aínda permaneza vivo ata o punto de ser quen de conseguir o beneplácito simbolista do Vaticano.
Unha casa marabillosa, sen dúbida, que evidencia a universalidade a escala que representa a fermosa alfaia de San Miguel e da que tódolos celanovenses debemos facer alicerce para encarar de fronte o noso futuro.
Hai pobos que nunca sairán nos libros de historia. Hai outros, sen embargo, que son historia en si mesmos. Celanova forma parte desta pléiade e esa ha de ser a “factoría”. Ese é o reto e por iso dunha vez por todas os celanovenses estamos obrigados a ver a historia coma a nosa industria.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Arte

Arte

Danza de andar por casa, por J.C.Deus

Periodista Digital

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Banderas ajenas

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

La realidad de las cosas

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Delitos prescritos. ¡Se siente!

Vicente A. C. M.

Israel, más allá de las noticias...

Israel, más allá de las noticias...

MI TIERRA DE ISRAEL

Shimshon Zamir

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Guía del vino cotidiano

Juan Luis Recio

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Estampas giennenses

Juan Fernandez Krohn

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por qué debo recordar / Cuánto tengo que olvidar

Ángel Sáez García

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - TAPIES.

El barón rampante

El barón rampante

A los que aman (Gabril Kail Gibran)

Jesús Bastante

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

"Andaba como Charlot"

Miguel Ángel Violán

El blog de Carlos Corral

El blog de Carlos Corral

¿Es posible revisar los Acuerdos España-Santa Sede?. [BLOG.272]

Carlos Corral

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

La destrucción del mundo antiguo a manos del cristianismo (5/6)

Asoc. Humanismo sin Credos

El alma del haiku

El alma del haiku

Nombrar el "yo"

Vicente Haya

El blog de Antonio Cabrera

El blog de Antonio Cabrera

Hombres, mujeres...y seres humanos.

Antonio Cabrera

Diario nihilista de un antropólogo

Diario nihilista de un antropólogo

No es la guerra de la Independencia

Manuel Mandianes

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Obispos. El borrico

Josemari Lorenzo Amelibia

No más mentiras

No más mentiras

Irak: Petróleo, guerra, secuelas

Antonio García Fuentes

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Torrijas- Receta del libro Escuela de cocina navarra "El Bosquecillo"

Mª Rosario Aldaz Donamaría

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

La Reforma Laboral , los ultraliberales y el bunker sindical

Antonio Pérez Henares

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias