Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



O vello monstro castelán

Permalink 06.11.06 @ 23:40:33. Archivado en Sobre el autor

Leo que as asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns reuníronse esta fin de semana en Pamplona para celebraren o 23 encontro ”Galeusca”, en lembranza daquel vello pacto que promovera Castelao, mediados os anos corenta, para tratar de facer causa común política e cultural contra ó abafante centralismo que presidía a man aborrecida e totalitaria do franquismo.
Leo que se xuntaron para afondar sobre a influencia do tabú na creatividade literaria e sei que redactaron un manifesto que non logrei ler malia que andei á súa procura na Rede.
No transcurso desa esculca si topei, sen embargo, que a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizara a mediados do pasado mes de outubro un simposio -o segundo- que baixo o título de “Letras na raia”, tivo lugar ós dous lados do Miño, concretamente en Vilanova de Cerveira e Goián.
Sen pretender incordiar, pero tratando de reflexionar sen falsos tabús que me pexen os dedos e non me permitan escribir certas palabras porque poidan ser consdieradas política -ou intelectualmente- fóra de lugar, ademais de pensar unha obviedade, é dicir, ademais de preguntarme -cada vez que escoito falar dun encontro deste tipo- por cál será o idioma no que farán as súas intervencións comunicativas, mesmo no que redactaron o comunicado ou no que habían seren guiados nos diversos percursos turísticos... Repito, sen ter a intención de ser incordiante (entre outras cousas porque nestes intres estou exercendo de escritor en lingua galega, cousa que como ben sabe, querido lector, fago habitualmente), tanto a primeira coma a segunda información leváronme a facerme algunhas preguntas.
¿Obviando a presencia dos escritores en lingua castelá non se estará cometendo o mesmo pecado capital que foi cometido tempo atrás con estas tres linguas, ó negarlle a lexitimidade que daquela lle negou o réxime oprobioso ó galego, ó vasco e ó catalán?
¿Por qué un simposio para falar sobre a relación dos escritores galegos cos do Norte de Portugal e non outro entre galegos e casteláns, ou -digo máis- cos asturianos, que nos son curmáns?
E, xa para rematar, ¿por qué dende as asociacións de escritores non se promove un encontro de escritores dos pobos ibéricos?
¿Non sería máis interesante, formativo e intelectual iso ca seguir coa teimosía de demonizar ó vello mostro castelán, ese do que, para ben ou para mal, todos temos que botar man cando queremos entendernos cos demais?


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

¿Cuando veremos a Garzón de cartel electoral y con que siglas?

Antonio Pérez Henares

Diario nihilista de un antropólogo

Diario nihilista de un antropólogo

Campeones

Manuel Mandianes

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

La destrucción del mundo antiguo a manos del cristianismo (6/6)

Asoc. Humanismo sin Credos

El alma del haiku

El alma del haiku

El poeta se define en su haiku

Vicente Haya

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Abusos de poder a cuenta del celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Tu jefe te vigila

Tu jefe te vigila

Feliz San Valentín 2012

Carlos Ferrer

Teología sin censura

Teología sin censura

Repartir lo que tenemos

José Mª Castillo

Voz del Sur

Voz del Sur

Primeros llamados a no votar

Julio Frank Salgado

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Fiesta de San Valentín

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Faustino Vilabrille

Faustino Vilabrille

¿Está paralítica la Iglesia?

Faustino Vilabrille Linares

Ríase, aunque sea de mí

Ríase, aunque sea de mí

San Valentín. ¿Alguien da más...?

Chris Gonzalez -Mora

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

Ella no sabe quien soy yo pero yo sé quién es ella

Alejandro Córdoba

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

(y/d) Jesús y el leproso, toda la vida cristiana

Xabier Pikaza Ibarrondo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

Foro I. Ellacuría

Francisco Margallo

La espingarda

La espingarda

Justicia ignara, 976 días para calcular una fecha.

Antonio Javier Vicente Gil

No más mentiras

No más mentiras

“Salto a... la yugular del gobierno”

Antonio García Fuentes

El blog de Miguel Barrachina

El blog de Miguel Barrachina

Deporte con Rencor

Miguel Barrachina

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Hace cinco mil años. 5. Comunidades calcolíticas meseteñas

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Aeterna Christi Munera

Aeterna Christi Munera

Música para el día de san Valentín

Jose Gallardo Alberni

El blog de Francisco J. Carrillo

El blog de Francisco J. Carrillo

¿Irán como objetivo?

Francisco J. Carrillo

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias