Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Productos galegos en NY

Permalink 04.11.06 @ 11:51:29. Archivado en Sobre el autor

Acabo de escoitar na radio unha entrevista co director xeral de Turismo falando dunha loubable campaña promocional que a partir do próximo luns levarán a cabo as Consellerías de Pesca, de Medio Rural e de Industria, sobre a gastronomía galega no edificio neoyorkino das Nacións Unidas.
Falaba o director xeral -e logo refrendeino na páxina oficial- da presencia de dez reputados cociñeiros galegos durante unha ducia de días nos fogóns da ONU co fin de lle daren de comer diariamente a 400 ”diplomáticos, xornalistas e operadores turísticos” de moi diversos países, e deste xeito meterlle o gusto no corpo con productos galegos e promover, con elo, non só que Galicia se converta nun punto de referencia para eles, senón que eles mesmos se transformen en divulgadores universais das excelencias gastronómicas e polo tanto turísticas desta terra coa que calquera neoyorkino se encontraría se decidise botarse a nadar -e tivese reservas dabondo para elo- dende o peirao da Estatua da Liberdade, en liña recta cara onde nace o sol tódalas mañás en Manhatthan, cunha lixeira derivación norteña.
Falou o director xeral destes e outros pormenores e a min viñéronseme á idea por segunda vez as fachadas de restaurantes como o “Toledo” -cuxo propietario anda precisamente estes días por Celanova- que toma a sombra do Empire State Building; o “Sevilla” cuxos camareiros saben ben o que é servirlle un albariño ó ”stone” Mike Jagger e a outras moitas rutilantes estrelas internacionais do cinema; o “Spain” que antes de restaurante foi a primeira sala de exposicións na que expuso un artista negro en Nueva York, e outros moitos nomes que agora non repito pero que se contan por ducias e que, coma o “Faro” -se cadra o máis antigo deles-, levan décadas sendo verdadeiros embaixadores de Galicia nas mesmas rúas polas que corre en fervenza insaciable o verde sangue económico do mundo.
E viñeronseme novamente á idea por dúas razóns. A primeira, porque novamente a Xunta de Galicia, obviando a súa presencia alí, volve ningunear o potencial que pode ter a diáspora para darlle a coñecer ó mundo a nosa terra. E a segunda porque se alguén debería viaxar alí, ese debería ser o director xeral de Comercio, xa que logo, cando lles preguntas a estes profesionais galegos da restauración “manhatteña” por qué non levan máis productos galegos para alí, a voz de todos soa unha para se queixar do complexo que é, e, sobre todo, do difícil que lles resulta conseguir que lles sirvan as cantidades que rentabilizan o desprazamento.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias