Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Outra Cidade da Cultura

Permalink 04.11.06 @ 11:49:16. Archivado en Sobre el autor

Creo que xa o teño contado. En calquera caso, vouno repetir porque axuda a demostrar que falo con coñecemento de causa e con documentada idea.
O día que tiven o primeiro contacto visual con ela andaba polos catorce anos.
Viaxabamos dende o centro de Gijón, meu pai e mais eu, e cando saímos da cidade, ó ver aquela inmensidade pétrea (logou souben que era o edificio máis grande de España), pregunteille ó taxista que nos levaba ata alí: “¿Y ese edificio tan grande, qué es?”.
Creo que naquel asturiano ó que empezaba a acostumárseme o oído, contestoume con un: ”Esu ye p’a onde vas tu”.
Logo, cando o coche atravesou o portalón de entrada e me vin naquela praza que multiplicaba por cinco ou seis a da miña vila, dixen para min: “¡ordiá, onde me fun meter!”. Pero a cousa xa non tiña remedio e cando me decatei levaba alí seis anos da miña vida.
Evidentemente se digo que durante todo aquel tempo non chorei, non estranei e non xurei en arameo por estar alí, mintiría.
Ora ben, se non recoñezo que tamén alí vivín intres felices. E se non digo que, ollando para atrás, estou agradecido por ter pasado eses anos á sombra daquela vertixinosa torre, sería inxusto comigo mesmo porque aqueles seis anos, cos seus días e as súas noites, cos seus invernos e as súas primaveras, coas súas estadías de meses interminables engaiolado entre aquelas inmensas paredes, e con tódalas viaxes de ida (tristes) e de volta (alegres) que tiven que facer, axudaron a facerme como persoa e sentaron as bases da formación intelectual que hoxe camiña no fardel das miñas ideas.
Cando decidín porlle fin a miña estadía na Unviersidade Laboral botei algúns anos sen volver e, coma outros moitos ex-alumnos, volvín cando me casei, para ensinarlle á miña muller onde chegaban as súas misivas e cómo eran aquelas cabinas en ringleira dende as que mantiñamos conversas entrecortadas porque non tiñamos palabras para expresar a dor xuvenil das nosas afectivas eivas.
Logo volvín con relativa frecuencia e cada vez con máis desazón ó ver cómo aquel fermoso edificio ía sendo estigmatizado e condeado ó esquecemento pola sociedade gijonesa.
Estes días entereime de que o están transformando na Cidade da Cultura de Asturias e, como inquilino que fun, sentín unha felicidade serea porque milleiros de españoles -e ducias de ourensáns- que hoxe axudamos a soster o país, cando o tempo era conxugado en futuro, pero incerto, case sen saber, aprendemos a amar a liberdade nela.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias