21.11.06 @ 18:50:35. Archivado en Sobre el autor
A verdade é que ata este mesmo intre, cando me poño a escribir, non me tiña xurdido a pregunta e polo tanto non lle podo dar resposta, pero prometo trasladarlla ó delegado diocesano para a celebración da efeméride, o bon amigo Miguel Ángel González, co que comparto afectos e proxectos hai xa unha manchea de anos.
Eu non sei cándo e por qué motivo se celebrou en Ourense (se cadra habería que ampliar o territorio a Galicia, afastando os anos santos compostelanos), se é que se celebrou algunha vez, un ano xubilar con todo o simbolismo e solemnidade católica que lle dá o feito de ser concesión directa do Vaticano.
>> Sigue...
|
19.11.06 @ 18:04:21. Archivado en Sobre el autor
Coñecendo a fina sagacidade xornalística do meu compañeiro Daniel Atanes, estou seguro de que non foi casual o primeiro plano no que enfocou a unha nena, na compaña doutros nenos remexendo nos trebellos do obradoiro sobre investigacións científicas expostos no Parque Tecnolóxico con motivo da Semana da Ciencia que está a organizar a Consellería de Industria.
Dado o nivel de incidencia que a primeira portada do xornal ten nesta sociedade nosa que afortunadametne non pode almorzar cada día sen ela, a verdade é que -se se poidera- houbérame gustado facer unha enquisa para saber qué porcentaxe de lectores repararon nela.
>> Sigue...
|
15.11.06 @ 09:26:24. Archivado en Sobre el autor
Leo na prensa de onte que o ex-lider de Unidade Galega e noutra e agora rival do actual vicepresidente da Xunta ó posto de voceiro nacional do BNG, acusa ó ex-alcalde de Allariz de facer política rexionalista dende o seu cargo institucional.
En base a esta aseveración e na liña dos inquéritos formulados a min mesmo o pasado sábado, pregúntome eu, entón. ¿É realmente Quintana un político rexionalista? Ou, nun contexto político máis amplo: ¿É rexionalista a dirección actual do BNG?
A verdade é que a bote pronto, calquera que lea a prensa diaria e escoite diariamente as súas declaracións, respondería abertamente que non. Ora ben, visto probablemente con máis elementos de xuízo e con abondosos datos internos, que eu non teño e que loxicamente deben ter tanto Camilo Nogueira coma Alberte Rodríguez Feixóo, a resposta pode mudar dun xeito radical.
>> Sigue...
|
10.11.06 @ 23:49:33. Archivado en Sobre el autor
Logo do éxito acadado -e falo de éxito porque non é normal que unha forza política acade 3 parlamentarios tan pronto acaba de nacer- por ese movemento cívico xerado arredor do fastío “hipernacional” que nos últimos anos veñen sentindo en carne propia moitos cataláns, leo que nalgúns sitios xa están a pensar en “exportar” o experimento a outras Comunidades do Estado.
Un deses lugares, polo que acabo de ver na rede, é Madrid. Entón éu pregúntome, ¿para que queren un movemento coma “Ciutadans” na vila e corte se o único nacionalismo que se respira é o que mistura coa contaminación medio ambiental a “Faes”.
O outro lugar disque é Galicia porque, polo visto, o actual secretario xeral da nova formación parlamentaria catalana é un xornalista que se fixo como tal en Ourense.
E perante esta especulación, eu pregúntome tamén ¿Necesita Galicia -ou a política galega- un movemento semellante ó de Ciutadans de Cataluña?
>> Sigue...
|
06.11.06 @ 23:40:33. Archivado en Sobre el autor
Leo que as asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns reuníronse esta fin de semana en Pamplona para celebraren o 23 encontro ”Galeusca”, en lembranza daquel vello pacto que promovera Castelao, mediados os anos corenta, para tratar de facer causa común política e cultural contra ó abafante centralismo que presidía a man aborrecida e totalitaria do franquismo.
Leo que se xuntaron para afondar sobre a influencia do tabú na creatividade literaria e sei que redactaron un manifesto que non logrei ler malia que andei á súa procura na Rede.
No transcurso desa esculca si topei, sen embargo, que a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizara a mediados do pasado mes de outubro un simposio -o segundo- que baixo o título de “Letras na raia”, tivo lugar ós dous lados do Miño, concretamente en Vilanova de Cerveira e Goián.
>> Sigue...
|
04.11.06 @ 11:51:29. Archivado en Sobre el autor
Acabo de escoitar na radio unha entrevista co director xeral de Turismo falando dunha loubable campaña promocional que a partir do próximo luns levarán a cabo as Consellerías de Pesca, de Medio Rural e de Industria, sobre a gastronomía galega no edificio neoyorkino das Nacións Unidas.
Falaba o director xeral -e logo refrendeino na páxina oficial- da presencia de dez reputados cociñeiros galegos durante unha ducia de días nos fogóns da ONU co fin de lle daren de comer diariamente a 400 ”diplomáticos, xornalistas e operadores turísticos” de moi diversos países, e deste xeito meterlle o gusto no corpo con productos galegos e promover, con elo, non só que Galicia se converta nun punto de referencia para eles, senón que eles mesmos se transformen en divulgadores universais das excelencias gastronómicas e polo tanto turísticas desta terra coa que calquera neoyorkino se encontraría se decidise botarse a nadar -e tivese reservas dabondo para elo- dende o peirao da Estatua da Liberdade, en liña recta cara onde nace o sol tódalas mañás en Manhatthan, cunha lixeira derivación norteña.
>> Sigue...
|
04.11.06 @ 11:49:16. Archivado en Sobre el autor
Creo que xa o teño contado. En calquera caso, vouno repetir porque axuda a demostrar que falo con coñecemento de causa e con documentada idea.
O día que tiven o primeiro contacto visual con ela andaba polos catorce anos.
Viaxabamos dende o centro de Gijón, meu pai e mais eu, e cando saímos da cidade, ó ver aquela inmensidade pétrea (logou souben que era o edificio máis grande de España), pregunteille ó taxista que nos levaba ata alí: “¿Y ese edificio tan grande, qué es?”.
Creo que naquel asturiano ó que empezaba a acostumárseme o oído, contestoume con un: ”Esu ye p’a onde vas tu”.
>> Sigue...
|
Blogs
Entrelíneas
El Éxodo de Marley
José de Segovia Barrón |
Crónicas Bárbaras
Terror sirio
Manuel Molares do Val |
El blog de X. Pikaza
Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo
Xabier Pikaza Ibarrondo |
El buen vivir de Juan Luis Recio
Ariel Rot toca con Kas
Juan Luis Recio |
El Blog de Otramotro
Por la ardua realidad
Ángel Sáez García |
Creyentes y responsables
El icono de la Trinidad
Alejandro Córdoba |
Opinión
El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.
Opinión |
Un minuto para el encuentro
Siempre son los niños los perjudicados
Ana Bou |
Humanismo sin credos
LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.
Asoc. Humanismo sin Credos |
El blog de Antonio Piñero
“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”
Antonio Piñero |
Secularizados, mística y obispos
Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato
Josemari Lorenzo Amelibia |
Bokabulario de Fernández Barbadillo
Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?
Pedro Fernández Barbadillo |
Gastronomía Navarra
10 consejos para evitar quemaduras
Mª Rosario Aldaz Donamaría |
El Blog de Francisco Margallo
¿bautizar el capitalismo?
Francisco Margallo |
Tres foramontanos en Valladolid
Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.
Bustamante, Arévalo y Pardo de S. |
Protestantes
Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!
Pedro Tarquis |
Espacio para el espíritu
Mi cimiento, mi amigo y mi energía
Juan Jáuregui Castelo |
No más mentiras
Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...
Antonio García Fuentes |
Jesús Mauleón, poeta y cura
El levantado
Jesús Mauleón |
Soy físico y Católico pa más INRI
Un pequeño escándalo de despilfarro más.
Julián Moreno Mestre |
|