Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Desde Monrovia

Permalink 28.10.06 @ 10:33:29. Archivado en Sobre el autor

Probablemente non me crerá se lle digo que nantronte botei algo máis dun cuarto de hora falando con Monrovia. Primeiro -se é que non ten o mapa do mundo moi actualizado nas ideas- é posible que se faga esta pregunta: ¿Onde é que está Monrovia?. E logo, tamén entra dentro da lóxica que se cuestione: ¿Pero, e qué coño se lle perdeu a este aí embaixo?.
E non é que se me perdera nada, pero por alí anda, dende hai algo máis de dous anos, un galego con ascendencia familiar ourensá, concretamente de Celanova, e que forma parte do staff de seguridade da ONU.
Chámase Jorge Baliña Sabucedo e el mesmo é unha pequena ONU galega, xa que aínda que naceu en Monforte, actualmente ten a súa residencia galega en Vilagarcía de Arousa e, como dixen denantes, parte da súa familia materna ten a súa torgueira asentada na Terra de Celanova.
Pero, ademais, á súa muller naceu na Angola, o primoxénito, hai oito anos, en Newark (EEUU), o segundo no mesmo Belén no que naceu Xesús hai agora vinte séculos, e o terceiro, hai tan só dous anos, ó pé da ría de Arousa.
Pero todo iso e algo máis poderá lelo, se ten vagar, querido lector, nunha entrevista que será publicada na revista Auria.
A conferencia xirou, polo tanto, arredor dunha conversa preparatoria e introductoria da que logo habemos manter por correo electrónico, para que, xa máis de vagar, nos poida explicar a vostede a min, qué fai un galego de 36 anos, de xefe da Unidade de Protección da ONU en Liberia, coordinando un colectivo humano formado por 600 civís e 15.000 militares, o dispositivo máis importante -segundo me dixo- que ten nestes intres a ONU desprazada polo mundo.
Ademais de indicarme algúns apuntes de cómo foi a súa traxectoria por lugares tan dispares como Mozambique, Angola, Timor, Jerusalén ou Liberia, tamén me informou do ofrecemento que agora ten -despois destes dous anos pasados asesorando ó goberno de Ellen Johnson Sirleaf, a primeira muller presidenta dun país en África- para viaxar a Haití ou a Irak, dous dos lugares máis conflictivos do mundo.
Pero, de todo canto me contou, o que máis me chamou a atención foi cando me falou dalgún momento no que sentiu vergoña de ser español. Foi cando viu a foto das Azores e todo canto o aznarismo representou despois.
Certamente, nese intre sentín envexa -sana, pero envexa- por ter sido quen de ter a súa autoridade e sobre todo a súa perspectiva para poder ter berrado o mesmo naqueles intres dende esta xanela.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias