Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Iberia

Permalink 23.10.06 @ 23:59:40. Archivado en Sobre el autor

Se vostede, querido lector, me ten seguido cunha certa periodicidade ou cunha fidelidade máis ou menos frecuente, saberá que non vai ser esta, nin moito menos, a primeira vez que fale do Iberismo como concepto político reintegrador de dous territorios irmáns separados artificiosamente pola historia. Por unha historia escrita por reis e non por vasalos, por raíñas e non polas servas, e por amores e desamores das lonxevas castes monárquicas que gobernaron as vidas dos nosos devanceiros dende que Afonso Henriques -o fillo da galega dona Teresa- e o seu curmán Alfonso VII de León acordaron de mutuo acordo crear o Condado Portucalense logo do “Torneio de Valdevez”, alá polo devalar do século XII.
Téñoo feito con lúcidas palabras de Curros Enríquez, Castelao ou Pepe Velo. E téñoo feito con palabras propias alicerzadas sobre lecturas máis ou menos profundas, de autores que dende os ilustrados do século XIX ata os nosos días veñen falando da necesidade de devolverlle a coherencia xeográfica a un mapa que tan ben foi debuxado pola xeomorfoloxía cósmica como despois foi defenestrado pola man do home, comentendo un pecado de transformación e sobre todo un absurdo artificio histórico.
E nunca o fixen, pero perfectamente podería facelo con palabras, tanto ou máis atinadas, escritas por ilustres iberistas de un e outro lado da fronteira. E cando falo das dúas beiras, non estou falando só da raia -xa sexa mollada ou seca-, senón de nomes coma os cataláns Joan Maragall ou Víctor Balaguer, o basco-salmantino Miguel de Unamuno ou o canario, León y Castillo. E, en connivencia, polos lusitanos Oliveira Martíns, Magalhaes Lima, Guerra Junqueiro, Antero de Quental ou Teófilo Braga.
Preguntáballe un “neno de Castelao” a un vello, á beira do Miño: “¿E os da banda d’alá son máis estranxeiros que os de Madrí?”
Como única contestación, Castelao escribiu: “Non se soupo o que lle respondeu o vello”.
¿E vostede, qué respondería?
¿Respondería o mesmo que acaba de responderlle Saramago ó diario “Público” este mesmo domingo, segundo reflictiu onte mesmo este xornal? É dicir: ”Seríamos aquello que probablemente deberíamos haber sido siempre: Iberia”.
Pregúntollo porque, aínda que o debate nunca deixou de estar aí, xamais ten sido abordado de forma seria e comprometida -máis alá da énfase discursiva- polos partidos políticos que nos din representar. ¿Por qué será? ¿Porque serían incapaces de controlar o futuro? ¿Quen sabe?...


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias