Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Pesuntos delincuentes

Permalink 15.10.06 @ 13:16:21. Archivado en Sobre el autor

Vai agora para un ano, un amigo meu que viaxaba a Nueva York para pasar o Nadal coa muller e o seu fillo na casa dos sogros que viven en Manhattan, topouse cun inconveniente que quedou en nada, pero que -tal como andan os tempos- meteull un susto de órdago, que diría un xogador de mus.
Logo de tomar terra no aeroporto J.F. Kennedy daquela cidade, ó dispórense a pasar os perceptivos e rigurosos controis de acceso ó interior do país, dixéronlle que tiña que pasar a unha sala contigua para facer unhas averiguacións máis exhaustivas da súa documentación.
El dixo que non levaba nada susceptible de declaración, pero pasou, porque evidentemente non lle quedaba outro remedio.
A súa dona, que é norteamericana porque naceu alí, e polo tanto deféndese ben no idioma e nos costumes do país, ó ver que a tardanza era inusual, empezou a preguntar qué pasaba co seu home e cáles eran as razóns polas que o tiñan retido tanto tempo.
Entón un policía díxolle que podía dar gracias a deus que ela fora súbdita americana, senón igual podía quedar retido alí ata que se desfixera o mal entendido, vintecatro horas ou máis.
E a razón da retención non foi outra ca de, ó ter dous apelidos nidiamente galegos -que tamén poden ser portugueses ou brasileiros-, resultou que co mesmo nome e os mesmos apelidos había un brasileiro que tiña contas cos Estados Unidos e, malia que as descripcións físicas de ámbolos dous non coincidían, entre que a información correu de computador en computador, el tardou en saír do aeroporto neoyorkino unhas cinco ou seis horas.
Conto isto, ó fío da desafortunada odisea que está a pasar estes días a probe perruqueira de Arcade, o seu recente esposo e as familias de ámbolos dous, logo de que -todo apunta a iso- alguén lle metera na maleta unhas balas, uns explosivos e uns detonadores, en calquera rebumbio do aeroporto de regreso da lúa de mel.
E conto porque, aínda que parece unha película, tal como lle acontecue ó meu amigo, unha cousa semellante pode pasarlle a calquera. ¿Ou é que ó viaxar, todo o mundo lle pón corenta candados á maleta?.
Pero cóntoo tamén porque estas circunstancias e outras moitas que seguramente darían para escribir unha antoloxía dos disparates aeroportuarios, non fan máis ca demostrar que o terrorismo está gañando a batalla, xa que logo, por decreto de Al Qaeda, perante calquera eventualidade todo viaxante é un presunto delincuente que debe demostrar a súa inocencia se quere seguir viaxe.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias