Beiras
10.10.06 @ 10:42:29. Archivado en Sobre el autor
Fixo un discurso serio, coherente e organizado. Un discurso teórico, como adoitan ser os discursos de pensamento político, adornado cunha lóxica aplastante dende a perspectiva nacionalista, para un público coma o que fora convocado polo correo electrónico.
Un discurso que calquera que teña lido a Castelao ou ó resto dos ideólogos iniciáticos do pensamento galeguista, podería suscribir en máis do 75%.
De entre todo o que dixo, eu quedeime con algunhas frangullas que desexo salientar aquí por se vostede, querido lector, non tivo lecer de estar o pasado venres no Ateneo e non tivo oportunidade de ler en ningún xornal ningún resumo da súa intervención.
Dixo, por exemplo, que ó seu ver o nacionalismo non ten sentido como pensamento de principios cando a nación está dotada de Estado (Supoño que estaba pensando en José María Aznar).
Falou do Iberismo -el dixo Celtiberia- como un concepto irrenunciable no camiño da federación dos pobos que de seu ocupan a Península.
Tamén disertou sobre cómo deberiamos percorrer o camiño da segunda transición cara a Terceira República.
Ademais, criticou solapadamente -prudentemente, diriamos- a acción do goberno do seu grupo político, asegurando non entender qué significaba iso do “cambio tranquilo ou o cambio galego”.
E cando se sentiu máis familiarizado co público que enchiamos o salón de actos, acabou ridiculizando a proposta de inserir o termo “Nazón de Breogán” no Estatuto, chegando a ofrecer como comparanza se a España a chegaran a denominar “España cañí” na Constitución do 78.
E ó chegar ó proxecto de Estatuto foi onde máis sementado se atopou, pronunciándose partidario de adiar o seu debate a cando, por razóns obvias da sucesión, os grandes partidos (o aparato do Estado, dixo) se vexan na obriga de “abrir o melón”.
Entende él -cousa lóxica, por outra banda, dende a óptica nacionalista- que se agora se aproba un Estatuto que non trascenda á Constitución, logo non haberá oportunidade ir máis alá cando si sexa posible reformar a Carta.
É dicir, saín do Ateneo coa sensación de que aquela Galicia retratada por Beiras, era posible.
Ó día seguinte fun convidado a unha boda e cando as rumbas e as cumbias nos tiñan sacudido o esqueleto, ollei para o salón e fíxenme esta pregunta: ¿Cantos, dos que estamos aquí, teñen entre as súas preocupacións o que Beiras dixo no seu discurso?
Eramos 250 e penso que non pasabamos de catro ou cinco.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


