Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



A cidade da cultura

Permalink 10.10.06 @ 10:40:53. Archivado en Sobre el autor

Non sei se o dixen algunha vez, pero si que o teño dito en multitude de conversas.
Eu formo parte dese colectivo que sostén a teoría de que Manuel Fraga non se retirou denantes porque na súa folla de ruta tiña sinalado con orla dourada o magno día da inauguración da Cidade da Cultura.
San Rosendo, alá polo século X, poucos meses denantes de morrer, deixou escrito no seu testamento: “déixovos unha obra maravillosamente edificada”. E nesa mesma liña de transformación dun proxecto político vital á inmortalidade dunha obra grandiosa é onde o vello patrón de Vilalba -supoño que sen pretender ser santo- escribiu un guión que logo o tempo lle estragou porque de todos é coñecido que as obras sabemos cando empezan, pero nunca sabemos cando rematan. E se ademais, coma esta, son faraónicas, moito máis.
Esta teoría -evidentemente, sen máis base informativa cá miña propia intuición- e o feito de andar metido, día si e día tamén e proxectos máis ou menos culturais, levoume a seguir de preto todo o proceso informativo xerado arredor desta obra sen parangón dende que o mestre Mateo soñou coa Catedral de Santiago.
Por iso, cada vez que paso pola estrada de circunvalación o norte de Santiago -non sen ter deixado atrás, denantes, outra obra faraónica do fraguismo completamente desubicada, como é o recinto feiral de Silleda- e vexo a metamorfose que semana tras semana está a experimentar o monte Gaiás, mudando os toxos e as xestas por complexos edificios futuristas, os ollos eslúmenseme cara ela.
E non porque teña sido un vehemente defensor dese proxecto, pois cada vez que paso por alí tamén me lembro dos moitos proxectos culturais que por culpa dela están arquivados en ducias e ducias de despachos da Xunta de Galicia, ou porque estea convencido de que a súa construcción vaia ser a panacea do turismo cultural desta terra.
Senón porque, debates semellantes ó que está a xerar esta instalación tamén os xeraron no seu momento o Guggenheim de Bilbao, ou a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia (nos que tiven o pracer de estar) e hoxe constitúen senllos paradigmas do turismo cultural do Estado.
É evidente que para moita xente, a Cidade da Cultura ten unha morea de defectos, empezando polos orzamentos e polo insípido nome co que a bautizaron.Eu, sen embargo, perdonaríallos todos se no canto do monte Gaiás fose levantada no corazón do Eixo Atlántico. É dicir, en calquera outeiro, dos moitos que hai, nos arredores de Ourense.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias