28.10.06 @ 10:33:29. Archivado en Sobre el autor
Probablemente non me crerá se lle digo que nantronte botei algo máis dun cuarto de hora falando con Monrovia. Primeiro -se é que non ten o mapa do mundo moi actualizado nas ideas- é posible que se faga esta pregunta: ¿Onde é que está Monrovia?. E logo, tamén entra dentro da lóxica que se cuestione: ¿Pero, e qué coño se lle perdeu a este aí embaixo?.
E non é que se me perdera nada, pero por alí anda, dende hai algo máis de dous anos, un galego con ascendencia familiar ourensá, concretamente de Celanova, e que forma parte do staff de seguridade da ONU.
>> Sigue...
|
23.10.06 @ 23:59:40. Archivado en Sobre el autor
Se vostede, querido lector, me ten seguido cunha certa periodicidade ou cunha fidelidade máis ou menos frecuente, saberá que non vai ser esta, nin moito menos, a primeira vez que fale do Iberismo como concepto político reintegrador de dous territorios irmáns separados artificiosamente pola historia. Por unha historia escrita por reis e non por vasalos, por raíñas e non polas servas, e por amores e desamores das lonxevas castes monárquicas que gobernaron as vidas dos nosos devanceiros dende que Afonso Henriques -o fillo da galega dona Teresa- e o seu curmán Alfonso VII de León acordaron de mutuo acordo crear o Condado Portucalense logo do “Torneio de Valdevez”, alá polo devalar do século XII.
>> Sigue...
|
20.10.06 @ 23:51:52. Archivado en Sobre el autor
Facía calor aquel día de xullo do 99, cando premín do timbre da súa casa valdeorresa. Eran as cinco da tarde e eu presentábame consciente de que ía porme a falar cunha figura senlleira da historia contemporánea de Galicia.
Pesábame, polo tanto, a responsabilidade por estar á altura das circunstancias, xa que logo, no xogo dual que se establece decote nunha entrevista sempre hai un diálogo sen son, un debate interno de sensacións durante o cal o entrevistado tamén vai entrevistando ó entrevistador segundo as preguntas sexan ou non capaces de seguir con coherencia o fío das respostas.
>> Sigue...
|
17.10.06 @ 09:10:01. Archivado en Sobre el autor
Reza na campa do sártego granítico de Celso Emilio unha lenda dabondo coñecida, que dí: “Mais o lume que alampea xamais o veredes morto...”
É, este epitafio, un fragmento duns versos que o poeta de Celanova publicou no libro “Cemiterio privado”, baixo o título “Nota necrolóxica”, e co que lle quixo dar resposta satírica a un falso ruxe-ruxe que correu por Galicia cando el vivía en Caracas e polo que o daban por morto.
Di, o quinteto completo desta parte do poema: “Pode o corpo ser vencido,/ pode o dereito ser torto,/ mais o lume que alampea,/ mais o lume que alampea,/ xamais o veredes morto”.
É, sen dúbida, unha fermosa frase, digna dun grande amasador de fermosas palabras rimadas como foi o autor da “Longa noite de pedra” que personaliza o camposanto de Celanova. Un camposanto onde se poden ler un bo feixe de dedicatorias senlleiras, que darían, sen dúbida, para enriquecer unha antoloxía (que, por certo, non sei se está feita) lapidaria dos camposantos galegos.
>> Sigue...
|
15.10.06 @ 13:16:21. Archivado en Sobre el autor
Vai agora para un ano, un amigo meu que viaxaba a Nueva York para pasar o Nadal coa muller e o seu fillo na casa dos sogros que viven en Manhattan, topouse cun inconveniente que quedou en nada, pero que -tal como andan os tempos- meteull un susto de órdago, que diría un xogador de mus.
Logo de tomar terra no aeroporto J.F. Kennedy daquela cidade, ó dispórense a pasar os perceptivos e rigurosos controis de acceso ó interior do país, dixéronlle que tiña que pasar a unha sala contigua para facer unhas averiguacións máis exhaustivas da súa documentación.
El dixo que non levaba nada susceptible de declaración, pero pasou, porque evidentemente non lle quedaba outro remedio.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:42:29. Archivado en Sobre el autor
Fixo un discurso serio, coherente e organizado. Un discurso teórico, como adoitan ser os discursos de pensamento político, adornado cunha lóxica aplastante dende a perspectiva nacionalista, para un público coma o que fora convocado polo correo electrónico.
Un discurso que calquera que teña lido a Castelao ou ó resto dos ideólogos iniciáticos do pensamento galeguista, podería suscribir en máis do 75%.
De entre todo o que dixo, eu quedeime con algunhas frangullas que desexo salientar aquí por se vostede, querido lector, non tivo lecer de estar o pasado venres no Ateneo e non tivo oportunidade de ler en ningún xornal ningún resumo da súa intervención.
Dixo, por exemplo, que ó seu ver o nacionalismo non ten sentido como pensamento de principios cando a nación está dotada de Estado (Supoño que estaba pensando en José María Aznar).
Falou do Iberismo -el dixo Celtiberia- como un concepto irrenunciable no camiño da federación dos pobos que de seu ocupan a Península.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:40:53. Archivado en Sobre el autor
Non sei se o dixen algunha vez, pero si que o teño dito en multitude de conversas.
Eu formo parte dese colectivo que sostén a teoría de que Manuel Fraga non se retirou denantes porque na súa folla de ruta tiña sinalado con orla dourada o magno día da inauguración da Cidade da Cultura.
San Rosendo, alá polo século X, poucos meses denantes de morrer, deixou escrito no seu testamento: “déixovos unha obra maravillosamente edificada”. E nesa mesma liña de transformación dun proxecto político vital á inmortalidade dunha obra grandiosa é onde o vello patrón de Vilalba -supoño que sen pretender ser santo- escribiu un guión que logo o tempo lle estragou porque de todos é coñecido que as obras sabemos cando empezan, pero nunca sabemos cando rematan. E se ademais, coma esta, son faraónicas, moito máis.
Esta teoría -evidentemente, sen máis base informativa cá miña propia intuición- e o feito de andar metido, día si e día tamén e proxectos máis ou menos culturais, levoume a seguir de preto todo o proceso informativo xerado arredor desta obra sen parangón dende que o mestre Mateo soñou coa Catedral de Santiago.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:39:44. Archivado en Sobre el autor
Faláballe esoutro día, querido lector, de que a miña visión andaba, cando escribía, alumeada pola branca luz da fermosa vila de Moguer, alí onde a sociedade onubense se dispón a celebrar próximamente o denominado “trienio juanramoniano” para conmemorar, non só o cincuentenario da concesión do Premio Nobel ó seu fillo universal, senón tamén o centenario de Zenobia -a súa muller-, e unha outra efeméride que non lembro arestora.
Faláballe diso e da conexión que había entre Juan Ramón Jiménez e Curros Enríquez, que vai un pouco máis alá -segundo estudiou, hai tempo xa, o profesor Alonso Montero, que tamén creo que abordou Carlos Casares e posteriormente o profesor Elisardo López Varela- do libro de “Platero”, posto que, segundo afirma o profesor de Ventosela, o Premio Nobel chegou a exercer de traductor do poeta de Celanova e por iso, dende hai algún tempo andan a procurar na súa Casa Museo a devandita traducción para que unha copia poida vir parar á Casa dos Poetas.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:38:06. Archivado en Sobre el autor
Por cuestións derivadas das Casas Museo e Fundacións de Escritores, ando estes días pola ruta da Luz e do Descubrimento, aí onde Iberia debuxa un recanto artificial entre Faro e Ayamonte, as terras de Huelva, para máis señas.
Por terras onde o influxo de Juan Ramón é tan omnipresente que hai uns anos non había máis ca tres burros en Moguer e nestes intres -segundo me comentou o propietario dun deles-, superan o cento, xirando todos eles darredor -coma se dunha noria se tratase- do influxo literario de Platero, o gran protagonista, despois do seu autor, do vivir diario de homes e nenos, de novos e vellos, de nativos, adoptados e estranxeiros que habitan a ribeira sur do Río Tinto.
Neste marco natural, cultural e literario, unha das actividades que tiven o privilexio de testemuñar tivo l ugar en Fuentepina, baixo o piñeiro onde o premio Nobel decidiu soterrar literariamente ó máis famoso xuvenco da literatura, se cadra universal.
>> Sigue...
|
Blogs
Entrelíneas
El Éxodo de Marley
José de Segovia Barrón |
Crónicas Bárbaras
Terror sirio
Manuel Molares do Val |
El blog de X. Pikaza
Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo
Xabier Pikaza Ibarrondo |
El buen vivir de Juan Luis Recio
Ariel Rot toca con Kas
Juan Luis Recio |
El Blog de Otramotro
Por la ardua realidad
Ángel Sáez García |
Creyentes y responsables
El icono de la Trinidad
Alejandro Córdoba |
Opinión
El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.
Opinión |
Un minuto para el encuentro
Siempre son los niños los perjudicados
Ana Bou |
Humanismo sin credos
LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.
Asoc. Humanismo sin Credos |
El blog de Antonio Piñero
“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”
Antonio Piñero |
Secularizados, mística y obispos
Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato
Josemari Lorenzo Amelibia |
Bokabulario de Fernández Barbadillo
Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?
Pedro Fernández Barbadillo |
Gastronomía Navarra
10 consejos para evitar quemaduras
Mª Rosario Aldaz Donamaría |
El Blog de Francisco Margallo
¿bautizar el capitalismo?
Francisco Margallo |
Tres foramontanos en Valladolid
Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.
Bustamante, Arévalo y Pardo de S. |
Protestantes
Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!
Pedro Tarquis |
Espacio para el espíritu
Mi cimiento, mi amigo y mi energía
Juan Jáuregui Castelo |
No más mentiras
Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...
Antonio García Fuentes |
Jesús Mauleón, poeta y cura
El levantado
Jesús Mauleón |
Soy físico y Católico pa más INRI
Un pequeño escándalo de despilfarro más.
Julián Moreno Mestre |
|