Historia e literatura
05.09.06 @ 10:55:56. Archivado en Sobre el autor
Un amigo que me quere ben e que segue estas columnas a cotío, díxome nantronte, máis ou menos: “Ultimamente véxote metido na primeira liña de combate, coma se tiveras 17 anos e o sangue quente. Non ves que hai cousas que á nosa idade hai que empezar a deixalas pasar porque resulta inútil defendelas e, sobre todo, porque sempre has saír perdendo por moita razón e moita documentación que teñas...”
Dicíamo, con todo o afecto que nos profesamos e tamén con toda a razón que lle asiste como racionalista -apaixoado racionalista, pero racionalista, á fin e ó cabo- militante que é, referíndose a algunhas das causas das que me teño ocupado últimamente colocándome non precisamente á beira do “politicamente correcto”.
E a verdade é que ó meu amigo asístelle toda a razón que a miúdo ten. Aínda que no meu descargo debo dicir que non escribo para defender causas máis ou menos perdidas, nin para convencer a ninguén, senón simplemente -xa que conto co privilexio de podelo facer- para expresar a miña opinión, deixando logo para vostede, querido lector, a última decisión, é dicir, a de aplaudirme ou mandarme -e perdoe a expresión- á merda literalmente.
Por iso, aínda que non deixo de darlle unha vez máis a razón no consello que me deu, non vou deixar, por iso, de pechar un capítulo informativo que sobre a memoria histórica da vila de Celanova abrín a semana pasada, trasladando a esta columna as letras doutro celanovés moi pouco sospeitoso de ser “afecto al Régimen”, que se diría daquela.
Son palabras que Pepe Velo deixou escritas nun libro que se titula “Muera España. Viva Hespaña” e que o seu fillo Víctor está a transcribir para que poida ver a luz pública algún día.
Sobre cómo aconteceron os días posteriores ó dezaoito de xullo do 36 en Celanova, di Pepe Velo -e así o debo transcribir-:
“Mi madre vio una lista y su hijo sería el primero, pero en mi pueblo no se detenía a nadie. En la inmensa mayoría de las localidades sometidas fue cumplida la instrucción a rajatabla cuando llegó la hora y se puede afirmar que, hasta el extremo de haber dado más muertos la retaguardia que la línea de fuego. En mi civilizadísimo pueblo, a pesar de tener algún que otro perro rabioso, no se mató a nadie. Debo este homenaje a aquellas buenas gentes de derechas que lo impidieron y muy especialmente a mi buena madre, a Pepe Ferreiro y a algunos más que la discrección reserva...”
Velaí a verdade histórica dos feitos. O outro é literatura. O cal tampouco é un demérito.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


