O Metro
07.07.06 @ 23:54:25. Archivado en Sobre el autor
Di Serrat nunha fermosa canción que ademais é un fermoso poema: “Entre el infierno y el cielo,/ galopando entre tinieblas/ de la periferia al centro/ del centro a la periferia,/ el metro.(...) Cargando arriba y abajo/ íntimos desconocidos,/ amaneceres y ocasos/ con dirección al olvido./ Por sus arterias discurre/ presurosa humanidad,/ el alimento que engorda/ la ciudad.”
Lémbrome destas e doutras moitas cousas que o poeta catalán di nesta peza de “Versos en la boca”, cada vez que viaxo a Madrid e me adentro nas entranas da terra para, do mesmo xeito cás ratas, en columnas ordenadas semellando formiguiñas, rabuñar os baixos fondos da cidade.
Teño andado con frecuencia no da devandita capital. Andei nel en Bilbao (moderno, fermoso nada claustrofóbico, por certo, e no que tivo dabondo que ver un enxeñeiro ourensán) , así como no de Barcelona. E tamén fixen unha viaxe ocasional no de París, comprobando que o escaparate humano -agás raras excepcións- que se move nese ventre do silencio -que diría Ferrín- é esencialmente xente traballadora que ten os minutos contados para iren da casa para o traballo -da periferia ó centro e do centro á periferia, segundo Serrat- e do traballo para a casa, mozos e mozas que van e veñen ó Instituto ou á Universidade e turistas, moitos turistas ou visitantes ocasionais coma min, que desexan viviren a experiencia cosmopolita de se comunicar nun medio que só é patrimonio das grandes metrópoles mundiais.
“De reojo se miran,/ -volvo a Serrat- de lejos se tocan,/ se huelen, se evitan,/ se ignoran, se rozan;/ y en el traqueteo/ del vagón hipnótico/ cada quien se inventa/ la suerte del prójimo.”
Lembrei esta fermosa descripción urbana esta semana na que Valencia foi asolada pola face horrible da traxedia e na que se cumple un ano doutra traxedia -nese caso provocada- no corazón de Londres.
“El escritor ve lectores,/ el diputado, carnaza;/ el mosén ve pecadores,/ y yo veo a esa muchacha/ del metro./ Los carteristas ven primos,/ los banqueros ven morosos,/ el casero ve inquilinos/ y la pasma, sospechosos/ en el metro.”
Se eu tivera vara de mandar asinaría un decreto por medio do cal obrigaría a tódolos políticos do mundo a viaxar no metro, porque aí, polas veas da terra, é por onde se moven contidas as ilusións e as decepcións, a vida e a morte da sociedade urbana que os sostén. Por aí e non pola paisaxe a miúdo idílica que se contempla dende a xanela dun coche oficial.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


