Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Matrimonios de conveniencia

Permalink 04.07.06 @ 00:16:28. Archivado en Sobre el autor

Abro o xornal e leo que a aprobacion dunha moción dun concelleiro do BNG, apoiada polo grupo municipal do PP nun dos concellos máis grandes da provincia, suspende as asignacións orzamentarias que posibilitan o pago da mesada ó alcalde do PSOE.
Uns días antes abro o xornal e leo que o grupo municipal do PSOE noutro dos concellos de referencia en Ourense, vota co PP outra moción para botar abaixo unha iniciativa do BNG. E non só iso, senón que aqueles dous grupos políticos -que son goberno con alcaldía e oposición- están a favor dunha iniciativa lúdico-festiva para a terceira idade, que leva media vida organizándose co mesmo formato e que agora o BNG -que cogoberna co PSOE- quere mudar con outro nome.
Días despois abro o xornal e tamén en letra de gran formato leo un titular que di que o alcalde do PSOE doutra vila histórica da provincia expulsa ó voceiro do BNG -teniente de alcalde dese mesmo goberno- dun pleno por insultar ó voceiro do PP. E non só iso, senón ó día seguinte tamén leo unhas queixas do devandito voceiro expulsado laiándose de que o alcalde o ten marxinado.
Chegado aquí miro o calendario e decátome de que estamos no mes de xullo e que hai pouco máis dun mes que empezou a conta atrás para as eleccións municipais do 2007.
Evidentemente, sen vivir o día a día -que é a única forma de coñecer a letra pequena de todos estes conflictos- non son quen de adiviñar se o feito de que se produzan estas tres discordias entre representantes dos dous partidos que sosteñen o goberno galego e que ata hai pouco se entendían tamén nos respectivos concellos, ten algo que ver co achegamento paulatino dese tempo de recolleita onde cada quen debe tratar de que caian na súa rede o meirande número de cereixas.
Certamente é moi posible que nada teñan que ver unhas liortas con outras, pois tanto para o ben como para o mal todos sabemos que os concellos teñen -por lei- vida propia, que empeza e remata xusto onde o cartel identificativo anuncia a mudanza da toponimia.
Sen embargo, teñan ou non razón de ser nese complexo equilibrio de fíos e nese silencio contido no que se mantén o goberno galego, a un -que non é elector en ningún deses tres concellos, pero si nas eleccións que quitan ou poñen goberno galego- cántalle todo iso e pensa en cercanas lexislacións como a portuguesa onde a elección do alcalde é exercida de forma directa entre o elector e os candidatos, fuxindo con moita lóxica da extravagancia dos matrimonios de conveniencia.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias