Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



O valor dos premios

Permalink 24.06.06 @ 02:27:30. Archivado en Sobre el autor

Ó primeiro non o coñezo, pero sí coñezo ós outros dous porque son amigos da Fundación Curros Enríquez e a ela acoden cada vez que reclamamos a súa presencia. Olga Gallego en calidade de representante do presidente da Real Academia Galega como patrón que é da devandita funación. E Avelino Pousa Antelo en representación dunha entidade irmá como é a Fundación Castelao, que traballa de contado a prol da memoria do seu patrón sen teito que lle quite o sol.
Alegreime onte, pois, ó ler que o Consello da Xunta decidira estes dous nomes para entregarlles solemnemente a medalla que lembra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e todo o que este nome significa para a Galicia de nantronte, para a de onte, para a de hoxe e tamén para a de mañá.
Por tras de ámbolos dous recoñecementos hai, ademais, senllas vidas silandeiras, paseniñas e aparentemente sinxelas, pero rexas en conviccións e constantes no traballo abordando distintos aspectos que axudarán a xeneracións vindeiras a coñecer mellor o pasado que nos precede.
No caso de Olga Gallego no campo da arquivística, esa ciencia que garante precisamente que saibamos cómo foi ese pasado con certeza dende que o home descubriu a letra impresa. E no caso de Avelino Pousa porque el mesmo é unha enciclopedia que nos leva ós tempos en que o galeguismo ía máis alá da mera dimensión política e tiña tintes dunha auténtica “relixión”.
Alegreime, repito, de ver eses dous nomes no acordo do goberno galego, porque sen seren estrelas rutilantes da Galicia aparentemente aparatosa -é dicir, desa Galicia de pasarela e flash- son o paradigma da Galicia calada e traballadora que non precisa de grandes parafernalias para saber que o éxito e o pracer do traballo está no cotián.
Pero sobre todo alegreime porque o recoñecemento que hoxe lle outorga a Xunta de Galicia ten moito máis valor ca tiña se miramos para atrás. E non porque os que o levaron antes non o mereceran, nin moito menos. Senón porque eran tantas as medallas Castelao que entregaba a anterior Xunta, que aquilo parecía unha fábrica de churros con motor na amasadora para que fora quen de producir máis.
Un galardón, unha medalla ou un recoñecemento teñen valor de seu na medida en que sexan só os elexidos os que o ostenten e, polo tanto tanto máis valor terá canto menos xente o teña.
Parabéns, pois, ó goberno galego por pór a Castelao -e ós premiados- no seu axustado lugar.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias