Editado por

Antonio PiñeiroAntonio Piñeiro

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Mayo 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



"Pr'agora vale ben"

Permalink 10.06.06 @ 15:53:55. Archivado en Sobre el autor

Esta semana tódolos medios de comunicación galegos divulgaron con grande apoio gráfico unha iniciativa avalada pola Consellería de Industria e proposta por un estudio -é de supor, vangardista- de arquitectura de Santiago, chamado, seica, a ofrecer solucións maxinativas para paliar os actuais déficits de vivenda a custe asequible para os novos e os que xa non somos tan novos.
Dicía o conselleiro, con tal motivo -máis no ámbito da política de presentación de innovadores desexos, ca no eido da política das realidades que precisa esta terra-, dicía, repito, o conselleiro de Industria, que “o proxecto Novos Espazos Habitables sitúa a Galicia na vangarda da investigación en novas tecnoloxías aplicadas á construcción”.
E o proxecto, que foi feito realidade polo devandito estudio de arquitectura compostelano co apoio económico da propia Xunta para acoller nel o denominado Centro Tecnolóxico Rural, non é outro có que sae do resultado de montar unha especie de “lego” ou “exin castelos” cos contedores normalizados que usa a marina mercante para transportar polo mundo adiante a práctica totalidade de productos internacionais que consumimos a cotío.
Eu, cando vin a foto e lin o titular, non puiden menos ca pensar nun sinfín de imaxes a miúdo estrambóticas que durante os últimos anos teñen publicado os xornais galegos baixo o desgraciado epígrafe de “feísmo” -contra o que paradoxalmente leva anos loitando con uñllas e dentes a súa colega de partido e compañeira de goberno, a conselleira de vivenda-, así coma noutras estampas máis cercanas coas que me cruzo por campos e vereas, estradas e corredoiras desta provincia cada día que saio a “camiñar”.
É dicir, a idea que propón a Consellería de Industria e Innovación para solucionar o problema da carestía da vivenda de Galicia, co marchamo futurista de ”I+D+i”, resulta que hai décadas que ten sido inventado por labregos e non labregos, xentes de aldea e traballadores de cidades, pescadores e veciños de arrabaldos da Galicia que vai dende o cumio de Santa Tecla á foz do río Eo e dende o tunel do Padornelo ata a punta do Roncudo, pasando por calquera das máis de 30 mil aldeas sementadas polo aquén e polo alén.
Se clonar a instalación do carromato dun camión frigorífico nunha leira -como vexo eu cada día nunha estrada calquera de Ourense- é “I+D+i”, entón o “pr’agroa vale ben” é a formula máxica coa que Galicia leva décadas instalada no futuro da construcción civil.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Entrelíneas

Entrelíneas

El Éxodo de Marley

José de Segovia Barrón

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Terror sirio

Manuel Molares do Val

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo

Xabier Pikaza Ibarrondo

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Ariel Rot toca con Kas

Juan Luis Recio

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Por la ardua realidad

Ángel Sáez García

Creyentes y responsables

Creyentes y responsables

El icono de la Trinidad

Alejandro Córdoba

Opinión

Opinión

El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.

Opinión

Un minuto para el encuentro

Un minuto para el encuentro

Siempre son los niños los perjudicados

Ana Bou

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.

Asoc. Humanismo sin Credos

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”

Antonio Piñero

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato

Josemari Lorenzo Amelibia

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?

Pedro Fernández Barbadillo

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

10 consejos para evitar quemaduras

Mª Rosario Aldaz Donamaría

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

¿bautizar el capitalismo?

Francisco Margallo

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Protestantes

Protestantes

Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!

Pedro Tarquis

Espacio para el espíritu

Espacio para el espíritu

Mi cimiento, mi amigo y mi energía

Juan Jáuregui Castelo

No más mentiras

No más mentiras

Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...

Antonio García Fuentes

Jesús Mauleón, poeta y cura

Jesús Mauleón, poeta y cura

El levantado

Jesús Mauleón

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Un pequeño escándalo de despilfarro más.

Julián Moreno Mestre

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias