
27.06.06 @ 00:16:28. Archivado en Sobre el autor
Hai uns días, mergullada na voráxine dos exames finais, a miña filla díxome: “Pola noite temos que estudiar Sociais”. Eu, que son obediente por responsabilidade paternal, cando cheguei collín o libro de Sociais de 3º da ESO e púxenme a darlle repaso. E como ó empezar a ver algunhas cousas, demoreime de máis, a miña filla lembroume que era ela e non eu a que se tiña que examinar.
E non foi que me entraran gañas de engulir dunha asentada todo o que alí se apuntaba, senón que unha vez máis constatei a situación de esquizofrenia lingüística na que vivimos e aquilo traboume e, ó mesmo tempo levoume a pensar tristemente en cara onde nos queren levar en caída libre os que pensan que unha lingua é unha goma que estira ó albedrío de determinados sectores sociais, sen decatarse de que nin cen catedrais de Santiago xuntas igualan o inxente labor creativo e constructivo que precisa un idioma. E que a ningún arquitecto, nin á Dirección Xeral do Patrimonio, nin ó Arcebispado de Compostela se lle dá por mudar pedras da Catedral por que si, nin tampouco por colocarlle outras sobre o tellado sen tino, conscientes de que, de andalas mudando de calquera xeito, todo o edificio correría un risco monumental.
Digo isto porque nun intre reparei nun mapa e empecei a ler topónimos que eu xamais escoitara, mentres outros -por estaren noutro idioma que non en castelán- eran respectados no idioma orixinal.
>> Sigue...
|
24.06.06 @ 02:27:30. Archivado en Sobre el autor
Ó primeiro non o coñezo, pero sí coñezo ós outros dous porque son amigos da Fundación Curros Enríquez e a ela acoden cada vez que reclamamos a súa presencia. Olga Gallego en calidade de representante do presidente da Real Academia Galega como patrón que é da devandita funación. E Avelino Pousa Antelo en representación dunha entidade irmá como é a Fundación Castelao, que traballa de contado a prol da memoria do seu patrón sen teito que lle quite o sol.
Alegreime onte, pois, ó ler que o Consello da Xunta decidira estes dous nomes para entregarlles solemnemente a medalla que lembra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e todo o que este nome significa para a Galicia de nantronte, para a de onte, para a de hoxe e tamén para a de mañá.
>> Sigue...
|
20.06.06 @ 00:33:00. Archivado en Sobre el autor
Hai unha frase da que seguro que o meu amigo Rosendo coñece ó seu autor e que en versión popular e ó mesmo tempo persoal ven a dicir algo así como: “Se o que vas dicir non é máis interesante có silencio, entón estate calado”.
Hai outra que Rosendo seguro que non sabe de quen é, porque a vou dictar agora mesmo, e que se expresa deste xeito: “Escoitar o silencio é o mellor xeito de escoitar á conciencia”.
Son dúas, pero poderíamonos deter noutras moitas que aluden en todo caso á paradoxa metafísica que supón pretender oír algo que non ten son, malia que mesmo para os músicos resulte tamén unha arte, sabedores como son de que para interpretar unha melodía en axeitada composición resulta imprescindible saber pautar os silencios na súa exacta dimensión.
>> Sigue...
|
17.06.06 @ 14:18:38. Archivado en Sobre el autor
Hoxe é xornada de reflexión para uns seis millóns de españois, unha parte deles galegos de orixe, fillos de galegos ou netos de galegos en idade de ir votar.
É posible que para a meirande parte o sábado transcurra coma un día máis, pensando nas cousas cotiáns, na vida familiar, en cómo pasar a xornada de lecer... En fin, sen pensar na disxuntiva pola que se terán que decantar mañá domingo cando vaian -se é que van- ó colexio electoral a introducir o papel co “sí” ou co “non”, ou meter o sobre só na urna, e decidan en comandita popular cómo se queren organizar para as próximas décadas.
Mentres, os políticos de turno, eses que durante os dous últimos anos dedicaron os seus esforzos para-intelectuais en volvernos tolos, amosarán a súa faciana máis amable deixándose retratar en entrañables estampas familiares e recuperando as cordas vogais para poder berrar de novo grandilocuentes discursos de futuro dictados polo escrutinio electoral.
>> Sigue...
|
17.06.06 @ 14:16:22. Archivado en Sobre el autor
A aparición hai uns meses, dunha noticia que informaba de que un dos candidatos ó Premio José Couso de xornalismo, que organiza o Colexio de Xornalistas con Caixanova, ía ser o Consello do Audiovisual de Cataluña, alporizoume de tal maneira que fendendo un vello costume de non participar en propostas xeneralistas, decidín enviarlle un correo por medio do cal lle facía saber o meu disgusto como colexiado ó comprobar cómo nin sequera o xornalismo ten sido quen de se zafar desa eiva catalano-seguidista que nos lastra dende moito antes de que nacera incluso Luis Companys.
>> Sigue...
|
10.06.06 @ 15:53:55. Archivado en Sobre el autor
Esta semana tódolos medios de comunicación galegos divulgaron con grande apoio gráfico unha iniciativa avalada pola Consellería de Industria e proposta por un estudio -é de supor, vangardista- de arquitectura de Santiago, chamado, seica, a ofrecer solucións maxinativas para paliar os actuais déficits de vivenda a custe asequible para os novos e os que xa non somos tan novos.
Dicía o conselleiro, con tal motivo -máis no ámbito da política de presentación de innovadores desexos, ca no eido da política das realidades que precisa esta terra-, dicía, repito, o conselleiro de Industria, que “o proxecto Novos Espazos Habitables sitúa a Galicia na vangarda da investigación en novas tecnoloxías aplicadas á construcción”.
E o proxecto, que foi feito realidade polo devandito estudio de arquitectura compostelano co apoio económico da propia Xunta para acoller nel o denominado Centro Tecnolóxico Rural, non é outro có que sae do resultado de montar unha especie de “lego” ou “exin castelos” cos contedores normalizados que usa a marina mercante para transportar polo mundo adiante a práctica totalidade de productos internacionais que consumimos a cotío.
>> Sigue...
|
06.06.06 @ 00:21:53. Archivado en Sobre el autor
Que Galicia conta co valor engadido da súa boa imaxe no resto das Comunidades Autónomas, é algo que de forma colectiva quedou sumamente demostrado na marcha branca que supuxo a marea de solidariedade xerada nas nosas costas para loitar contra a mancha negra do Prestige, e que de forma individual comproba un cada vez que sae a dar unha volta alén do Padornelo.
>> Sigue...
|
03.06.06 @ 01:04:08. Archivado en Sobre el autor
É de supor que alguén andou fino e lle dixo: “Presidente, tes que saír ó paso das declaracións, porque levan unha carga de profundidade que pode danar a nosa liña de flotación”.
>> Sigue...
|
Blogs
Entrelíneas
El Éxodo de Marley
José de Segovia Barrón |
Crónicas Bárbaras
Terror sirio
Manuel Molares do Val |
El blog de X. Pikaza
Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo
Xabier Pikaza Ibarrondo |
El buen vivir de Juan Luis Recio
Ariel Rot toca con Kas
Juan Luis Recio |
El Blog de Otramotro
Por la ardua realidad
Ángel Sáez García |
Creyentes y responsables
El icono de la Trinidad
Alejandro Córdoba |
Opinión
El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.
Opinión |
Un minuto para el encuentro
Siempre son los niños los perjudicados
Ana Bou |
Humanismo sin credos
LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.
Asoc. Humanismo sin Credos |
El blog de Antonio Piñero
“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”
Antonio Piñero |
Secularizados, mística y obispos
Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato
Josemari Lorenzo Amelibia |
Bokabulario de Fernández Barbadillo
Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?
Pedro Fernández Barbadillo |
Gastronomía Navarra
10 consejos para evitar quemaduras
Mª Rosario Aldaz Donamaría |
El Blog de Francisco Margallo
¿bautizar el capitalismo?
Francisco Margallo |
Tres foramontanos en Valladolid
Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.
Bustamante, Arévalo y Pardo de S. |
Protestantes
Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!
Pedro Tarquis |
Espacio para el espíritu
Mi cimiento, mi amigo y mi energía
Juan Jáuregui Castelo |
No más mentiras
Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...
Antonio García Fuentes |
Jesús Mauleón, poeta y cura
El levantado
Jesús Mauleón |
Soy físico y Católico pa más INRI
Un pequeño escándalo de despilfarro más.
Julián Moreno Mestre |
|