Un ruxe-ruxe
21.05.06 @ 23:56:21. Archivado en Sobre el autor
Alén dos debates política e aparentemente sesudos e popularmente absurdos sobre realidades nacionais e outras profundidades sociolóxicas que a miúdo teñen moi pouco que ver coa vida cotiá do pobo e moito máis coa autoxustificación dos políticos para creérense que gañan o soldo tódolos días tratando de construirnos un mundo mellor, a organización dunha queimada popular na Praza da Constitución de Guadix mentres un grupo de música folk misturaba acordes procedentes do norte con arpexios máis propios do sur e a banda de gaitas de Celanova disfrutaba coa interpretación de alalás e pandeiradas, a proposición pública que nun intre lle fixemos a tódolos veciños accitanos que estaba agardando con espectación un grolo do elixir nocturno levoume a facer unha reflexión mental que ten que ver con ese clima de recelo ou rexeitación que nos últimos tempos se ten xerado con algún lugar desta casa común denominada España e que paso a reproducir de seguido.
Canto tocou recitar o exconxuro -como era de rigor- dende a organización recomendouse que a lectura pública do mesmo fora feita en galego por iso de que a letanía cadrase máis auténtica e as meigas foran invocadas en Guadix coa veracidade máis xusta, co papel versificado na man, a xente empezou a ladaíña exercitando unha vocalización certamente complexa para eles, sobre todo cando lles tocaba balbuxar palabras tales como "curuxas", "bruxas" ou semellantes.
Póñase vostede na situación e trate de recitar algo coa dicción propia dun andaluz, verá como o que lle digo é certo.
Sen embargo, coa obediencia debida de quen estaba vendo aquelo como unha festa de convivencia sen máis, todo o mundo fixo o seu esforzo por cumplir coa recomendación da "autoridade" organizadora e non só unha, senón dúas veces, procederon á lectura antes de saborear o tópico galego.
Entón eu pregunteime ¿Nestes intres farían o mesmo se o que lle recomendáramos ler fora un texto en catalán?
Agora, que cada quen saque as conclusións que queira.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
Antonio Piñeiro
autor
Contacto


