
12.12.06 @ 01:09:22. Archivado en Sobre el autor
Hai unhas semanas, cando Xosé Manuel Beiras estivo no Ateneo para falar do Estatuto, dixo que inserir nel o termo “Nazón de Breogán” viña a ser como acuñar “España cañí” na Constitución.
Esta fin de semana volveu sobre aquelas palabras nunha entrevista que lle fixeron na radio pública galega. E a verdade é que, aínda que daquela xa fixen referencia a elo, non quero deixar pasar a ocasión para volver eu tamén sobre as miñas palabras, porque iso de que poden ser un botón de mostra do que pensa moita xente que vive as 24 horas do día en galego sen ter necesidade de facer militancia política nin exaltación ideolóxica en cada verba vocalizada nin en cada manifestación.
E volvo por dúas cuestións: A primeira é que alguén que pasa pola esquerda social e nacionalista ós que fixeron a proposta, a ridiculice cunha comparación de castañola e pandereta, cando menos é para facernos pensar. E a segunda ten que ver cos alicerces ideolóxicos da iniciativa.
>> Sigue...
|
12.12.06 @ 01:08:01. Archivado en Sobre el autor
Hai dúas semanas, logo de ter participado nun congreso sobre a cultura celta en Ponte da Barca, escrbía da necesidade que tiñamos os galegos e os portugueses de superar a fase da liturxia nas relacións económicas e sociais que dende hai máis de quince anos pretendemos normalizar e non damos, a raíz da apertura definitiva das fronteiras.
Pois ben, hoxe, na procura douras informacións, encóntrome de novo cun artigo escrito o 6 de setembro de 1893 por Curros Enríquez e publicado no semanario “El Correo de Celanova”, no que fala -con moito máis criterio ca min- da necesidade desta normalización galego-portuguesa.
Con motivo de saudar o nacemento dese xornal republicano e logo de facer un alegato autonomista digno de ter sido reproducido no limiar do “Sempre en Galiza” de Castelao, Curros afonda na cuestión da “reintegración geográfica”:
>> Sigue...
|
12.12.06 @ 01:06:21. Archivado en Sobre el autor
A proposta seica foi presentada por un representante ourensán e aínda que disque xa fora debatida no consello comarcal desta cidade e recollida naquel momento por este mesmo xornal, a verdade é que me pasou desapercibida.
Disponse agora, o BNG -unha vez aprobada no seu congreso por ampla maioría-, trasladala ós foros institucionais para ver qué visos pode ter para facerse real.
Eu non sei se o noso conveciño tiña idea da revoeira que ía levantar con esta iniciativa, ó ser considerada polos seus representantes orgánicos, pois se ben o asunto adoita formar parte das conversas de taberna cada vez que chega o outono e a primavera e nos mandan rolar para adiante ou atrás as agullas dos reloxios, a verdade é que ata o de agora xamais tiña superado o campo da especulación oral. Se cadra por iso ata se fixeron eco dela as emisoras de radio e as canles de televisión de audiencia estatal.
>> Sigue...
|
21.11.06 @ 18:50:35. Archivado en Sobre el autor
A verdade é que ata este mesmo intre, cando me poño a escribir, non me tiña xurdido a pregunta e polo tanto non lle podo dar resposta, pero prometo trasladarlla ó delegado diocesano para a celebración da efeméride, o bon amigo Miguel Ángel González, co que comparto afectos e proxectos hai xa unha manchea de anos.
Eu non sei cándo e por qué motivo se celebrou en Ourense (se cadra habería que ampliar o territorio a Galicia, afastando os anos santos compostelanos), se é que se celebrou algunha vez, un ano xubilar con todo o simbolismo e solemnidade católica que lle dá o feito de ser concesión directa do Vaticano.
>> Sigue...
|
19.11.06 @ 18:04:21. Archivado en Sobre el autor
Coñecendo a fina sagacidade xornalística do meu compañeiro Daniel Atanes, estou seguro de que non foi casual o primeiro plano no que enfocou a unha nena, na compaña doutros nenos remexendo nos trebellos do obradoiro sobre investigacións científicas expostos no Parque Tecnolóxico con motivo da Semana da Ciencia que está a organizar a Consellería de Industria.
Dado o nivel de incidencia que a primeira portada do xornal ten nesta sociedade nosa que afortunadametne non pode almorzar cada día sen ela, a verdade é que -se se poidera- houbérame gustado facer unha enquisa para saber qué porcentaxe de lectores repararon nela.
>> Sigue...
|
15.11.06 @ 09:26:24. Archivado en Sobre el autor
Leo na prensa de onte que o ex-lider de Unidade Galega e noutra e agora rival do actual vicepresidente da Xunta ó posto de voceiro nacional do BNG, acusa ó ex-alcalde de Allariz de facer política rexionalista dende o seu cargo institucional.
En base a esta aseveración e na liña dos inquéritos formulados a min mesmo o pasado sábado, pregúntome eu, entón. ¿É realmente Quintana un político rexionalista? Ou, nun contexto político máis amplo: ¿É rexionalista a dirección actual do BNG?
A verdade é que a bote pronto, calquera que lea a prensa diaria e escoite diariamente as súas declaracións, respondería abertamente que non. Ora ben, visto probablemente con máis elementos de xuízo e con abondosos datos internos, que eu non teño e que loxicamente deben ter tanto Camilo Nogueira coma Alberte Rodríguez Feixóo, a resposta pode mudar dun xeito radical.
>> Sigue...
|
10.11.06 @ 23:49:33. Archivado en Sobre el autor
Logo do éxito acadado -e falo de éxito porque non é normal que unha forza política acade 3 parlamentarios tan pronto acaba de nacer- por ese movemento cívico xerado arredor do fastío “hipernacional” que nos últimos anos veñen sentindo en carne propia moitos cataláns, leo que nalgúns sitios xa están a pensar en “exportar” o experimento a outras Comunidades do Estado.
Un deses lugares, polo que acabo de ver na rede, é Madrid. Entón éu pregúntome, ¿para que queren un movemento coma “Ciutadans” na vila e corte se o único nacionalismo que se respira é o que mistura coa contaminación medio ambiental a “Faes”.
O outro lugar disque é Galicia porque, polo visto, o actual secretario xeral da nova formación parlamentaria catalana é un xornalista que se fixo como tal en Ourense.
E perante esta especulación, eu pregúntome tamén ¿Necesita Galicia -ou a política galega- un movemento semellante ó de Ciutadans de Cataluña?
>> Sigue...
|
06.11.06 @ 23:40:33. Archivado en Sobre el autor
Leo que as asociacións de escritores galegos, vascos e cataláns reuníronse esta fin de semana en Pamplona para celebraren o 23 encontro ”Galeusca”, en lembranza daquel vello pacto que promovera Castelao, mediados os anos corenta, para tratar de facer causa común política e cultural contra ó abafante centralismo que presidía a man aborrecida e totalitaria do franquismo.
Leo que se xuntaron para afondar sobre a influencia do tabú na creatividade literaria e sei que redactaron un manifesto que non logrei ler malia que andei á súa procura na Rede.
No transcurso desa esculca si topei, sen embargo, que a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizara a mediados do pasado mes de outubro un simposio -o segundo- que baixo o título de “Letras na raia”, tivo lugar ós dous lados do Miño, concretamente en Vilanova de Cerveira e Goián.
>> Sigue...
|
04.11.06 @ 11:51:29. Archivado en Sobre el autor
Acabo de escoitar na radio unha entrevista co director xeral de Turismo falando dunha loubable campaña promocional que a partir do próximo luns levarán a cabo as Consellerías de Pesca, de Medio Rural e de Industria, sobre a gastronomía galega no edificio neoyorkino das Nacións Unidas.
Falaba o director xeral -e logo refrendeino na páxina oficial- da presencia de dez reputados cociñeiros galegos durante unha ducia de días nos fogóns da ONU co fin de lle daren de comer diariamente a 400 ”diplomáticos, xornalistas e operadores turísticos” de moi diversos países, e deste xeito meterlle o gusto no corpo con productos galegos e promover, con elo, non só que Galicia se converta nun punto de referencia para eles, senón que eles mesmos se transformen en divulgadores universais das excelencias gastronómicas e polo tanto turísticas desta terra coa que calquera neoyorkino se encontraría se decidise botarse a nadar -e tivese reservas dabondo para elo- dende o peirao da Estatua da Liberdade, en liña recta cara onde nace o sol tódalas mañás en Manhatthan, cunha lixeira derivación norteña.
>> Sigue...
|
04.11.06 @ 11:49:16. Archivado en Sobre el autor
Creo que xa o teño contado. En calquera caso, vouno repetir porque axuda a demostrar que falo con coñecemento de causa e con documentada idea.
O día que tiven o primeiro contacto visual con ela andaba polos catorce anos.
Viaxabamos dende o centro de Gijón, meu pai e mais eu, e cando saímos da cidade, ó ver aquela inmensidade pétrea (logou souben que era o edificio máis grande de España), pregunteille ó taxista que nos levaba ata alí: “¿Y ese edificio tan grande, qué es?”.
Creo que naquel asturiano ó que empezaba a acostumárseme o oído, contestoume con un: ”Esu ye p’a onde vas tu”.
>> Sigue...
|
28.10.06 @ 10:33:29. Archivado en Sobre el autor
Probablemente non me crerá se lle digo que nantronte botei algo máis dun cuarto de hora falando con Monrovia. Primeiro -se é que non ten o mapa do mundo moi actualizado nas ideas- é posible que se faga esta pregunta: ¿Onde é que está Monrovia?. E logo, tamén entra dentro da lóxica que se cuestione: ¿Pero, e qué coño se lle perdeu a este aí embaixo?.
E non é que se me perdera nada, pero por alí anda, dende hai algo máis de dous anos, un galego con ascendencia familiar ourensá, concretamente de Celanova, e que forma parte do staff de seguridade da ONU.
>> Sigue...
|
23.10.06 @ 23:59:40. Archivado en Sobre el autor
Se vostede, querido lector, me ten seguido cunha certa periodicidade ou cunha fidelidade máis ou menos frecuente, saberá que non vai ser esta, nin moito menos, a primeira vez que fale do Iberismo como concepto político reintegrador de dous territorios irmáns separados artificiosamente pola historia. Por unha historia escrita por reis e non por vasalos, por raíñas e non polas servas, e por amores e desamores das lonxevas castes monárquicas que gobernaron as vidas dos nosos devanceiros dende que Afonso Henriques -o fillo da galega dona Teresa- e o seu curmán Alfonso VII de León acordaron de mutuo acordo crear o Condado Portucalense logo do “Torneio de Valdevez”, alá polo devalar do século XII.
>> Sigue...
|
20.10.06 @ 23:51:52. Archivado en Sobre el autor
Facía calor aquel día de xullo do 99, cando premín do timbre da súa casa valdeorresa. Eran as cinco da tarde e eu presentábame consciente de que ía porme a falar cunha figura senlleira da historia contemporánea de Galicia.
Pesábame, polo tanto, a responsabilidade por estar á altura das circunstancias, xa que logo, no xogo dual que se establece decote nunha entrevista sempre hai un diálogo sen son, un debate interno de sensacións durante o cal o entrevistado tamén vai entrevistando ó entrevistador segundo as preguntas sexan ou non capaces de seguir con coherencia o fío das respostas.
>> Sigue...
|
17.10.06 @ 09:10:01. Archivado en Sobre el autor
Reza na campa do sártego granítico de Celso Emilio unha lenda dabondo coñecida, que dí: “Mais o lume que alampea xamais o veredes morto...”
É, este epitafio, un fragmento duns versos que o poeta de Celanova publicou no libro “Cemiterio privado”, baixo o título “Nota necrolóxica”, e co que lle quixo dar resposta satírica a un falso ruxe-ruxe que correu por Galicia cando el vivía en Caracas e polo que o daban por morto.
Di, o quinteto completo desta parte do poema: “Pode o corpo ser vencido,/ pode o dereito ser torto,/ mais o lume que alampea,/ mais o lume que alampea,/ xamais o veredes morto”.
É, sen dúbida, unha fermosa frase, digna dun grande amasador de fermosas palabras rimadas como foi o autor da “Longa noite de pedra” que personaliza o camposanto de Celanova. Un camposanto onde se poden ler un bo feixe de dedicatorias senlleiras, que darían, sen dúbida, para enriquecer unha antoloxía (que, por certo, non sei se está feita) lapidaria dos camposantos galegos.
>> Sigue...
|
15.10.06 @ 13:16:21. Archivado en Sobre el autor
Vai agora para un ano, un amigo meu que viaxaba a Nueva York para pasar o Nadal coa muller e o seu fillo na casa dos sogros que viven en Manhattan, topouse cun inconveniente que quedou en nada, pero que -tal como andan os tempos- meteull un susto de órdago, que diría un xogador de mus.
Logo de tomar terra no aeroporto J.F. Kennedy daquela cidade, ó dispórense a pasar os perceptivos e rigurosos controis de acceso ó interior do país, dixéronlle que tiña que pasar a unha sala contigua para facer unhas averiguacións máis exhaustivas da súa documentación.
El dixo que non levaba nada susceptible de declaración, pero pasou, porque evidentemente non lle quedaba outro remedio.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:42:29. Archivado en Sobre el autor
Fixo un discurso serio, coherente e organizado. Un discurso teórico, como adoitan ser os discursos de pensamento político, adornado cunha lóxica aplastante dende a perspectiva nacionalista, para un público coma o que fora convocado polo correo electrónico.
Un discurso que calquera que teña lido a Castelao ou ó resto dos ideólogos iniciáticos do pensamento galeguista, podería suscribir en máis do 75%.
De entre todo o que dixo, eu quedeime con algunhas frangullas que desexo salientar aquí por se vostede, querido lector, non tivo lecer de estar o pasado venres no Ateneo e non tivo oportunidade de ler en ningún xornal ningún resumo da súa intervención.
Dixo, por exemplo, que ó seu ver o nacionalismo non ten sentido como pensamento de principios cando a nación está dotada de Estado (Supoño que estaba pensando en José María Aznar).
Falou do Iberismo -el dixo Celtiberia- como un concepto irrenunciable no camiño da federación dos pobos que de seu ocupan a Península.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:40:53. Archivado en Sobre el autor
Non sei se o dixen algunha vez, pero si que o teño dito en multitude de conversas.
Eu formo parte dese colectivo que sostén a teoría de que Manuel Fraga non se retirou denantes porque na súa folla de ruta tiña sinalado con orla dourada o magno día da inauguración da Cidade da Cultura.
San Rosendo, alá polo século X, poucos meses denantes de morrer, deixou escrito no seu testamento: “déixovos unha obra maravillosamente edificada”. E nesa mesma liña de transformación dun proxecto político vital á inmortalidade dunha obra grandiosa é onde o vello patrón de Vilalba -supoño que sen pretender ser santo- escribiu un guión que logo o tempo lle estragou porque de todos é coñecido que as obras sabemos cando empezan, pero nunca sabemos cando rematan. E se ademais, coma esta, son faraónicas, moito máis.
Esta teoría -evidentemente, sen máis base informativa cá miña propia intuición- e o feito de andar metido, día si e día tamén e proxectos máis ou menos culturais, levoume a seguir de preto todo o proceso informativo xerado arredor desta obra sen parangón dende que o mestre Mateo soñou coa Catedral de Santiago.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:39:44. Archivado en Sobre el autor
Faláballe esoutro día, querido lector, de que a miña visión andaba, cando escribía, alumeada pola branca luz da fermosa vila de Moguer, alí onde a sociedade onubense se dispón a celebrar próximamente o denominado “trienio juanramoniano” para conmemorar, non só o cincuentenario da concesión do Premio Nobel ó seu fillo universal, senón tamén o centenario de Zenobia -a súa muller-, e unha outra efeméride que non lembro arestora.
Faláballe diso e da conexión que había entre Juan Ramón Jiménez e Curros Enríquez, que vai un pouco máis alá -segundo estudiou, hai tempo xa, o profesor Alonso Montero, que tamén creo que abordou Carlos Casares e posteriormente o profesor Elisardo López Varela- do libro de “Platero”, posto que, segundo afirma o profesor de Ventosela, o Premio Nobel chegou a exercer de traductor do poeta de Celanova e por iso, dende hai algún tempo andan a procurar na súa Casa Museo a devandita traducción para que unha copia poida vir parar á Casa dos Poetas.
>> Sigue...
|
10.10.06 @ 10:38:06. Archivado en Sobre el autor
Por cuestións derivadas das Casas Museo e Fundacións de Escritores, ando estes días pola ruta da Luz e do Descubrimento, aí onde Iberia debuxa un recanto artificial entre Faro e Ayamonte, as terras de Huelva, para máis señas.
Por terras onde o influxo de Juan Ramón é tan omnipresente que hai uns anos non había máis ca tres burros en Moguer e nestes intres -segundo me comentou o propietario dun deles-, superan o cento, xirando todos eles darredor -coma se dunha noria se tratase- do influxo literario de Platero, o gran protagonista, despois do seu autor, do vivir diario de homes e nenos, de novos e vellos, de nativos, adoptados e estranxeiros que habitan a ribeira sur do Río Tinto.
Neste marco natural, cultural e literario, unha das actividades que tiven o privilexio de testemuñar tivo l ugar en Fuentepina, baixo o piñeiro onde o premio Nobel decidiu soterrar literariamente ó máis famoso xuvenco da literatura, se cadra universal.
>> Sigue...
|
26.09.06 @ 08:33:25. Archivado en Sobre el autor
Eu non sei se xa falei noutrora deste asunto, pero as declaracións do presidente da Xunta desta fin de semana no senso de afirmar que garantiría o respecto institucional hacia os alcaldes galegos (significativamente os do PP) vanme dar pé para dicir algo que moita xente -eles os primeiros- pensa en privado e se cadra por prudencia orgánica non se atreven a dicir.
Cando o cohorte dirixente do reino de “Don Manuel” -e cando falo da cohorte dirixente, non falo só dos conselleiros, senón dun bo fato de directores xerais e de máis de un delegado- deixaba a marca dos seus zapatos de charol na moqueta da Xunta e viaxaba de contado no pomposo coche oficial, a chegada dun alcalde “compañeiro” de partido ó seu despacho adoitaba ser interpretado coma un incordio.- “¡Pero home!, xa volves estar aquí. Non ves que sodes moitos a pedir ...”.
>> Sigue...
|
23.09.06 @ 08:33:55. Archivado en Sobre el autor
Supoñan por un intre que se ve na obriga de desprazar a súa residencia ó outro cabo do país -a Algeciras, poñamos por caso- e que ten un fillo ou unha filla en idade e co expediente habilitado para cursar cuarto da ESO, e cando chega ó Instituto algecireño (supoño que se dirá así) e se dispón a cubrir o papeleo, o funcionario lle di:
>> Sigue...
|
19.09.06 @ 08:39:12. Archivado en Sobre el autor
Cando me ía por a escribir sobre outra cousa, recibín un correo electrónico ( a min gústame falar de correos electrónicos, ou dixitais, e non de e-mails) que me fixo mudar a opinión de sotaque.
>> Sigue...
|
16.09.06 @ 10:13:32. Archivado en Sobre el autor
Se vostede, querido lector, fose de terra adentro e topase unha gaivota aniñada no quicio da súa fiestra, seguramente había pronunciar algunha exlamación, non por imposible -que non- senón por insólito.
Se a vostede, querido lector, se lle dese por colleitar caraveis e cando tocase a recolleita, se atopase no invernadoiro con rosas vermellas darredor, abofé que exclamaría: ¡Quen carallo me cambiou a semente!.
>> Sigue...
|
12.09.06 @ 00:43:24. Archivado en Sobre el autor
“Benquerido Antonio: Aínda que sei que me queres ben, non me negarás que é grave a acusación esa de ser racionalista... ¿Cantos deles acabaron nas lapas da intransixencia..?
Non era intención miña que as verbas che soaran a consello... Nin moito menos a rendición... Pero non sei... Dende hai tempo non teño claro que mereza a pena tentar dialogar, confrontar ideas ou razóns con aqueles que non as escoitan, e se as escoitan non as as comprenden, e se as comprenden non as toleran.
>> Sigue...
|
12.09.06 @ 00:42:41. Archivado en Sobre el autor
“Benquerido Antonio: Aínda que sei que me queres ben, non me negarás que é grave a acusación esa de ser racionalista... ¿Cantos deles acabaron nas lapas da intransixencia..?
Non era intención miña que as verbas che soaran a consello... Nin moito menos a rendición... Pero non sei... Dende hai tempo non teño claro que mereza a pena tentar dialogar, confrontar ideas ou razóns con aqueles que non as escoitan, e se as escoitan non as as comprenden, e se as comprenden non as toleran.
>> Sigue...
|
09.09.06 @ 02:23:46. Archivado en Sobre el autor
Gústanme as mesas de dez persoas por moitas cousas por moitas cousas máis ca por ser un número redondo.
Gústanme as mesas de dez persoas porque nelas hai o número necesario e suficiente de xente como para poder manter unha conversa viva, diversa e interesante sen chegar ó estado de rebumbio inintelixible no que se moven outras mesas colectivas.
Gústanme as mesas de dez porque, cando se produce algún incómodo silencio, entre todos sempre hai alguén extrovertido que é capaz de encher o valeiro con algunha apreciación pertinente e iso fai que se manteñan permanentemente vivas.
>> Sigue...
|
05.09.06 @ 10:55:56. Archivado en Sobre el autor
Un amigo que me quere ben e que segue estas columnas a cotío, díxome nantronte, máis ou menos: “Ultimamente véxote metido na primeira liña de combate, coma se tiveras 17 anos e o sangue quente. Non ves que hai cousas que á nosa idade hai que empezar a deixalas pasar porque resulta inútil defendelas e, sobre todo, porque sempre has saír perdendo por moita razón e moita documentación que teñas...”
>> Sigue...
|
02.09.06 @ 09:48:01. Archivado en Sobre el autor
“As loitas políticas que eu vivín sendo un rapaz e xa de mozo, en Celanova, non tiveron nin alí nin nos seus arredores, o enrabexamento que chegou a ter no resto do país. A proba delo é que despois, cando escomenzou a guerra, ninguén foi morto, ninguén foi axusticiado; non houbo represalias políticas coma as que se produciron en cáseque tódalas partes. Non pasou isto porque os que en certa maneira estabamos “in pectore” condeados a morte, pertenciamos a familias de dereita; iso foi unha grande ventaxa pra todos nós. A verdade é que a xente que, daquela, fíxose cargo en Celanova da cousa política, portouse moi honestamente”.
>> Sigue...
|
30.08.06 @ 00:05:08. Archivado en Sobre el autor
Só con que fora un, xa sería merecente dun mural, dun monolito ou de calquera fito para que a historia non esquecera por un momento só o acontecemento da insidia.
Vaia pois, por diante o meu saúdo público a unha iniciativa que comparto no fondo -aínda que non nalgunhas formas- e coa que pretenden devolverlles a palabra a aqueles que pronunciaron as derradeiras -probablemente os derradeiros berros- ó leste, ó sur e ó solpor de onde o domingo ergueron un mural no Alto do Forriolo.
>> Sigue...
|
29.08.06 @ 23:57:27. Archivado en Sobre el autor
Logo dun mes e medio un pouco caótico por motivos persoais que non veñen a conto, pero que teñen que ver co traslado do fogar -todos aqueles que teñan feito algún, saben do que falo-, retomo aquí unha cita que non deixei no xornal, pero que se me fixo imposible trasladar a este espacio virtual.
Vaian, pois, as miñas disculpas para todos aqueles que algunha vez clicaron neste espacio procurando algunha das miñas reflexións e o atoparon en "stand by".
|
11.07.06 @ 00:53:29. Archivado en Sobre el autor
Xa o contei aquí unha vez, cando a actualidade o requiriu, pero vouno contar novamente ó fío desta fin de semana papal que o envolveu todo en España.
Foi 13 de maio do ano dous mil -aniversario da baixada da virxe a Cova de Iría- na esplanada de Fátima e con motivo da beatificación dos dous pastorciños que dis que viron baixar á virxe onde hoxe se conserva a monumental basílica portuguesa.
Había -seica- arredor de 1.200 curas, centos de bispos, ducias e ducias de cardenais e máis de medio millón de persoas chegadas de tódalas partes de Iberia e doutros lugares do mundo.
O protagonista era un Juan Pablo II que volvía de novo ó primeiro lugar da súa traxedia -onde o quixeron matar por vez primeira- co obxectivo de revelar o contido do denominado “terceiro segredo de Fátima”.
>> Sigue...
|
07.07.06 @ 23:54:25. Archivado en Sobre el autor
Di Serrat nunha fermosa canción que ademais é un fermoso poema: “Entre el infierno y el cielo,/ galopando entre tinieblas/ de la periferia al centro/ del centro a la periferia,/ el metro.(...) Cargando arriba y abajo/ íntimos desconocidos,/ amaneceres y ocasos/ con dirección al olvido./ Por sus arterias discurre/ presurosa humanidad,/ el alimento que engorda/ la ciudad.”
Lémbrome destas e doutras moitas cousas que o poeta catalán di nesta peza de “Versos en la boca”, cada vez que viaxo a Madrid e me adentro nas entranas da terra para, do mesmo xeito cás ratas, en columnas ordenadas semellando formiguiñas, rabuñar os baixos fondos da cidade.
>> Sigue...
|
04.07.06 @ 00:16:28. Archivado en Sobre el autor
Abro o xornal e leo que a aprobacion dunha moción dun concelleiro do BNG, apoiada polo grupo municipal do PP nun dos concellos máis grandes da provincia, suspende as asignacións orzamentarias que posibilitan o pago da mesada ó alcalde do PSOE.
Uns días antes abro o xornal e leo que o grupo municipal do PSOE noutro dos concellos de referencia en Ourense, vota co PP outra moción para botar abaixo unha iniciativa do BNG. E non só iso, senón que aqueles dous grupos políticos -que son goberno con alcaldía e oposición- están a favor dunha iniciativa lúdico-festiva para a terceira idade, que leva media vida organizándose co mesmo formato e que agora o BNG -que cogoberna co PSOE- quere mudar con outro nome.
>> Sigue...
|
01.07.06 @ 00:44:17. Archivado en Sobre el autor
O que vou reproducir aquí, evidentemente non é da miña autoría -¡quen me dera!-. Pertence a un libro que ten sido libro de cabeceira durante moitos anos e do que gardo coma unha alfaia un exemplar publicado en “Edidiós Galiza” de Buenos Aires no ano 1974 e que hai tamén moitos anos me regalou un amigo ó que agora lle teño perdido a pista.
Foi escrito polo seu autor entre Valencia e Barcelona nos difíciles derradeiros meses de 1937 e tráioo aquí agora que moitas das súas palabras cobran actualidade novamente. Di así:
“Canto máis pensamos no porvir da nosa Terra máis nos convencemos da necesidade urxente de unirnos todol-os galegos de boa vontade. Temos todo por facer, e do noso traballo depende o benestar de Galiza. E para traballar necesitamos unha ferramenta: O Estatuto.
>> Sigue...
|
27.06.06 @ 00:16:28. Archivado en Sobre el autor
Hai uns días, mergullada na voráxine dos exames finais, a miña filla díxome: “Pola noite temos que estudiar Sociais”. Eu, que son obediente por responsabilidade paternal, cando cheguei collín o libro de Sociais de 3º da ESO e púxenme a darlle repaso. E como ó empezar a ver algunhas cousas, demoreime de máis, a miña filla lembroume que era ela e non eu a que se tiña que examinar.
E non foi que me entraran gañas de engulir dunha asentada todo o que alí se apuntaba, senón que unha vez máis constatei a situación de esquizofrenia lingüística na que vivimos e aquilo traboume e, ó mesmo tempo levoume a pensar tristemente en cara onde nos queren levar en caída libre os que pensan que unha lingua é unha goma que estira ó albedrío de determinados sectores sociais, sen decatarse de que nin cen catedrais de Santiago xuntas igualan o inxente labor creativo e constructivo que precisa un idioma. E que a ningún arquitecto, nin á Dirección Xeral do Patrimonio, nin ó Arcebispado de Compostela se lle dá por mudar pedras da Catedral por que si, nin tampouco por colocarlle outras sobre o tellado sen tino, conscientes de que, de andalas mudando de calquera xeito, todo o edificio correría un risco monumental.
Digo isto porque nun intre reparei nun mapa e empecei a ler topónimos que eu xamais escoitara, mentres outros -por estaren noutro idioma que non en castelán- eran respectados no idioma orixinal.
>> Sigue...
|
24.06.06 @ 02:27:30. Archivado en Sobre el autor
Ó primeiro non o coñezo, pero sí coñezo ós outros dous porque son amigos da Fundación Curros Enríquez e a ela acoden cada vez que reclamamos a súa presencia. Olga Gallego en calidade de representante do presidente da Real Academia Galega como patrón que é da devandita funación. E Avelino Pousa Antelo en representación dunha entidade irmá como é a Fundación Castelao, que traballa de contado a prol da memoria do seu patrón sen teito que lle quite o sol.
Alegreime onte, pois, ó ler que o Consello da Xunta decidira estes dous nomes para entregarlles solemnemente a medalla que lembra a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e todo o que este nome significa para a Galicia de nantronte, para a de onte, para a de hoxe e tamén para a de mañá.
>> Sigue...
|
20.06.06 @ 00:33:00. Archivado en Sobre el autor
Hai unha frase da que seguro que o meu amigo Rosendo coñece ó seu autor e que en versión popular e ó mesmo tempo persoal ven a dicir algo así como: “Se o que vas dicir non é máis interesante có silencio, entón estate calado”.
Hai outra que Rosendo seguro que non sabe de quen é, porque a vou dictar agora mesmo, e que se expresa deste xeito: “Escoitar o silencio é o mellor xeito de escoitar á conciencia”.
Son dúas, pero poderíamonos deter noutras moitas que aluden en todo caso á paradoxa metafísica que supón pretender oír algo que non ten son, malia que mesmo para os músicos resulte tamén unha arte, sabedores como son de que para interpretar unha melodía en axeitada composición resulta imprescindible saber pautar os silencios na súa exacta dimensión.
>> Sigue...
|
17.06.06 @ 14:18:38. Archivado en Sobre el autor
Hoxe é xornada de reflexión para uns seis millóns de españois, unha parte deles galegos de orixe, fillos de galegos ou netos de galegos en idade de ir votar.
É posible que para a meirande parte o sábado transcurra coma un día máis, pensando nas cousas cotiáns, na vida familiar, en cómo pasar a xornada de lecer... En fin, sen pensar na disxuntiva pola que se terán que decantar mañá domingo cando vaian -se é que van- ó colexio electoral a introducir o papel co “sí” ou co “non”, ou meter o sobre só na urna, e decidan en comandita popular cómo se queren organizar para as próximas décadas.
Mentres, os políticos de turno, eses que durante os dous últimos anos dedicaron os seus esforzos para-intelectuais en volvernos tolos, amosarán a súa faciana máis amable deixándose retratar en entrañables estampas familiares e recuperando as cordas vogais para poder berrar de novo grandilocuentes discursos de futuro dictados polo escrutinio electoral.
>> Sigue...
|
17.06.06 @ 14:16:22. Archivado en Sobre el autor
A aparición hai uns meses, dunha noticia que informaba de que un dos candidatos ó Premio José Couso de xornalismo, que organiza o Colexio de Xornalistas con Caixanova, ía ser o Consello do Audiovisual de Cataluña, alporizoume de tal maneira que fendendo un vello costume de non participar en propostas xeneralistas, decidín enviarlle un correo por medio do cal lle facía saber o meu disgusto como colexiado ó comprobar cómo nin sequera o xornalismo ten sido quen de se zafar desa eiva catalano-seguidista que nos lastra dende moito antes de que nacera incluso Luis Companys.
>> Sigue...
|
10.06.06 @ 15:53:55. Archivado en Sobre el autor
Esta semana tódolos medios de comunicación galegos divulgaron con grande apoio gráfico unha iniciativa avalada pola Consellería de Industria e proposta por un estudio -é de supor, vangardista- de arquitectura de Santiago, chamado, seica, a ofrecer solucións maxinativas para paliar os actuais déficits de vivenda a custe asequible para os novos e os que xa non somos tan novos.
Dicía o conselleiro, con tal motivo -máis no ámbito da política de presentación de innovadores desexos, ca no eido da política das realidades que precisa esta terra-, dicía, repito, o conselleiro de Industria, que “o proxecto Novos Espazos Habitables sitúa a Galicia na vangarda da investigación en novas tecnoloxías aplicadas á construcción”.
E o proxecto, que foi feito realidade polo devandito estudio de arquitectura compostelano co apoio económico da propia Xunta para acoller nel o denominado Centro Tecnolóxico Rural, non é outro có que sae do resultado de montar unha especie de “lego” ou “exin castelos” cos contedores normalizados que usa a marina mercante para transportar polo mundo adiante a práctica totalidade de productos internacionais que consumimos a cotío.
>> Sigue...
|
06.06.06 @ 00:21:53. Archivado en Sobre el autor
Que Galicia conta co valor engadido da súa boa imaxe no resto das Comunidades Autónomas, é algo que de forma colectiva quedou sumamente demostrado na marcha branca que supuxo a marea de solidariedade xerada nas nosas costas para loitar contra a mancha negra do Prestige, e que de forma individual comproba un cada vez que sae a dar unha volta alén do Padornelo.
>> Sigue...
|
03.06.06 @ 01:04:08. Archivado en Sobre el autor
É de supor que alguén andou fino e lle dixo: “Presidente, tes que saír ó paso das declaracións, porque levan unha carga de profundidade que pode danar a nosa liña de flotación”.
>> Sigue...
|
30.05.06 @ 00:37:46. Archivado en Sobre el autor
A primeira vez que escoitei iso de “Cultura é todo aquilo que queda cando todo se esquece”, escoiteillo a el. Logo escoiteino noutros foros, polo que é posible que o adaxio xa andara denantes noutros beizos. Pero nos del -unha mañá de estío ás portas da parroquial de Trasalba- colleron un significado especial e, sexa de quen sexa o alumeado pensamento, para min sempre será da súa autoría porque define moi ben a súa propia perspectiva.
>> Sigue...
|
27.05.06 @ 00:40:08. Archivado en Sobre el autor
Hai unha ou dúas semanas o amigo Marcos Valcárcel propúxonos a tódolos lectores do seu caderno de bitácora un debate -mellor dito, un foro de reflexión- sobre a necesidade de traballar na promoción do idioma dende unha óptica que sume e que non provoque enfrontamentos entre as distintas sensibilidades que se dan na sociedade galega sobre a nosa lingua.
>> Sigue...
|
22.05.06 @ 00:12:48. Archivado en Sobre el autor
Do que vou falar hoxe seguro que lle resultará familiar a todos cantos a estas horas (as de ler o artigo, non as de escribilo) estean mirando o xornal nalgunha casa cuartel da provincia, almorzando en calquera bar ou calquera cafetería, ou mesmo nas súas propias casas, pero co denominador común que lles dá a todos eles o verde oliva dos uniformes característicos que os identifica e que dalgún xeito -eu nunca me decatara diso- os mimetiza coa cor principal da terra onde se forman e por onde andei hoxe toda a tarde, denantes de me sentar a escribir estas liñas.
>> Sigue...
|
21.05.06 @ 23:56:21. Archivado en Sobre el autor
Alén dos debates política e aparentemente sesudos e popularmente absurdos sobre realidades nacionais e outras profundidades sociolóxicas que a miúdo teñen moi pouco que ver coa vida cotiá do pobo e moito máis coa autoxustificación dos políticos para creérense que gañan o soldo tódolos días tratando de construirnos un mundo mellor,
>> Sigue...
|
13.05.06 @ 01:11:35. Archivado en Sobre el autor
Nacín nunha familia galego-parlante. Crecín, polo tanto, falando galego. Ós 14 anos marchei estudiar a Gijón e alí, aprendendo a valorar o propio na distancia, descubrín os primeiros versos de Rosalía na voz de Amancio Prada.
Namoreime dos textos de Curros e Celso Emilio na miña Celanova natal. Lin a Castelao e sentín -e sinto- verdadeira devoción pola lúcida visión que mantén sobre Galicia nunha “Hespaña” aberta a unha Iberia forte e cohexionada.
>> Sigue...
|
05.05.06 @ 16:47:52. Archivado en Sobre el autor
Antonio Piñeiro Feijóo nació en Celanova el 21 de diciembre de 1959. Desde el año 1985 colabora en diversos medios de comunicación, manteniendo una relación casi exclusiva con el diario “La Región” de Ourense, en el que desempeñó la labor de delegado informativo de las comarcas de Celanova y de la Baixa Limia hasta el año 1998.
Desde 1993 mantiene en este mismo periódico una columna de opinión sobre la actualidad diaria del acontecer social de la provincia de Ourense y de Galicia, que desde el año 2000 es publicada los martes y los sábados de cada semana bajo el epígrafe “Ourensalia”.
>> Sigue...
|
Blogs
Entrelíneas
El Éxodo de Marley
José de Segovia Barrón |
Crónicas Bárbaras
Terror sirio
Manuel Molares do Val |
El blog de X. Pikaza
Dom 3 VI 12. Trinidad, El Espíritu Santo
Xabier Pikaza Ibarrondo |
El buen vivir de Juan Luis Recio
Ariel Rot toca con Kas
Juan Luis Recio |
El Blog de Otramotro
Por la ardua realidad
Ángel Sáez García |
Creyentes y responsables
El icono de la Trinidad
Alejandro Córdoba |
Opinión
El rincón del soneto - LA FINAL BARSA-ATLETIC.
Opinión |
Un minuto para el encuentro
Siempre son los niños los perjudicados
Ana Bou |
Humanismo sin credos
LECTURAS PARA 1'. La irracionalidad como valor.
Asoc. Humanismo sin Credos |
El blog de Antonio Piñero
“Identidad, diálogo y transversalidad en la formación de las religiones bíblicas y en el mundo contemporáneo”
Antonio Piñero |
Secularizados, mística y obispos
Un gesto enfático de Juan Pablo II sobre el celibato
Josemari Lorenzo Amelibia |
Bokabulario de Fernández Barbadillo
Ranas, de nuevo, con dientes. ¿Y qué dice Dawkins de todo esto?
Pedro Fernández Barbadillo |
Gastronomía Navarra
10 consejos para evitar quemaduras
Mª Rosario Aldaz Donamaría |
El Blog de Francisco Margallo
¿bautizar el capitalismo?
Francisco Margallo |
Tres foramontanos en Valladolid
Desde mi observatorio en verano. Oro viejo.
Bustamante, Arévalo y Pardo de S. |
Protestantes
Iglesia Evangélica Española: ¡políticos, no se puede servir al prójimo y al dinero!
Pedro Tarquis |
Espacio para el espíritu
Mi cimiento, mi amigo y mi energía
Juan Jáuregui Castelo |
No más mentiras
Disloque, desbarajuste, desorden, confusión...
Antonio García Fuentes |
Jesús Mauleón, poeta y cura
El levantado
Jesús Mauleón |
Soy físico y Católico pa más INRI
Un pequeño escándalo de despilfarro más.
Julián Moreno Mestre |
|