Editado por

María SeoaneMaría Seoane

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Noviembre 2009
LMXJVSD
<<  <   >  >>
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



PREPARADOS, LISTOS, XA...

Permalink 01.10.07 @ 20:27:08. Archivado en Política de xuventude

DSC_0514

Esta fin de semana celebramos en A Guarda a Convención anual de Novas Xeracións de Galicia, foron dous días de convivencia e traballo que serviron para que os mozos de Novas Xeracións e membros das distintas organizacións do tecido asociativo galego, debatesemos e redactasemos unha batería de propostas destinadas a millorar a calidade de vida dos mozos do noso país.

Os deputados autonómicos Diego Calvo, Alejandro Gómez, Susana López Abella, Jaime Castiñeira, Manolita López Besteiro, Manolo Ruiz Rivas nos acompañaron nas mesas de debate nas que se elaboraron as propostas. É de agradecer a súa implicación no desenrolo desta Convención.

Tamén estivemos acompañados por membros das xuventudes de JSD Porto e de compañeiros de Uruguay aos que lle agradecemos moito a súa asistencia.

Queremos reivindicar o lugar que lle corresponde á xuventude galega.

E fixemos unha esixencia que vai máis alá duns cuantos anuncios de subvencións (nunca dadas), aos que tan acostumados nos ten ese presidente chamado ZP.

Non queremos limosnas para alugar unha vivenda, non queremos zapatillas para ir a busca de subvencións, non queremos un ensino machacado a base de parches, non buscamos facilidades enganosas como os cursos ponte, non estamos dispostos a tolerar como Zapatero, Touriño e Quintana se mofan dos nosos soños convertendoos en especulacións.

Estamos fartos das promesas incumplidas.

A mocidade é o motor da sociedade, é o presente e é o futuro.

E ese motor hai que engrasalo, non vale que se nos intente enganar calcando un Plan de Vivenda como fixo a ministra Chacón hai uns días, supoño que non tivo tempo de mirar que xa a anterior ministra dos minipisos nos prometera o mesmo. Un Plan que por outra banda xa se encargou Solbes de dicir que non se fará realidade.

Pero é que aquí non remata o conto, o ensino é cada vez máis deficitario pola manía que lle entrou a Zapatero de que todos pasemos de curso sexa como sexa e gracias tamén á inigualable capacidade deste goberno de ceder terreo ós nacionalismos que non buscan outra cousa que ter a súa cuota de poder para facer galescolas e mandilóns identitarios, ou no caso da dirección xeral de Rubén Cela cambiarlle o nome a programas do Partido Popular colocando zetas por todas partes. Xuventude GaliZa net, gz crea…

No tocante ó emprego, non levaron a cabo nin unha soa iniciativa para paliar a temporalidade laboral en case catro anos de goberno.

Pero a xuventude sabe ben o que quere e dende as asociacións, políticas, estudiantís, universitarias, culturais, labregas, deportivas... que estivemos debatindo o sábado e o domingo xurdiron numerosas propostas que lle fixemos chegar ó Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Avogamos por un ensino que garanta unha formación axeitada ás necesidades actuais e ás demandas desta sociedade, fortalecendo a doble vertiente formativa e educativa, así, queremos por exemplo que haxa unha formación profesional a distancia que garanta a posibilidade de conciliar vida familiar e persoal ou laboral coa vida formativa.
O grande problema do sistema educativo non son as línguas como queren facernos ver algúns, o problema é un sistema educativo viciado, pensado para facer de nós, os mozos, unha xeración fácilmente manipulable. E non o imos deixar así. Queremos calidade do ensino para poder competir nun mundo cada vez máis global.

No tocante á vivenda moitas son as propostas que xurdiron nunhas xornadas nas que a este tema se lle adicou especial importancia porque é unha das teimas de todos nós. Así agardamos medidas contundentes, cesión de solo público e reduccións das cargas fiscais para todos, tamén para os menores de 22 e os maiores de 30.

En emprego, cremos fundamental que o Estado faga o posible para que os mozos poidan acceder ó seu primeiro emprego e así adquirir a tan ansiada experiencia laboral, e reivindicamos medidas como o plan labora pero tamén prácticas obligatorias en todas as universidades públicas.

Soñamos cunha Galicia intercomunicada cun mundo plural, e esiximos ó goberno canais de comunicación acordes cos novos tempos. O elevadísimo número de sinistros e a inxente cantidade de cidadáns que cada ano perden a vida nas nosas estradas non responden só á impericia ou imprudencia dos conductores. Numerosas medidas de sinxela aplicación, como eliminar os quitamedos con perfis metálicos cortantes por outros cun deseño e material que non provoque mutilacións en caso de accidente, así como unha educación viaria adecuada, contribuirían a diminuir considerablemente esta lacra que nos afecta.

Somos unha xeración comprometida co mundo que nos rodea, estamos firmemente convencidos de que con unha xestión adecuada os grandes problemas medioambientais poden ter solución dentro dun marco no cal a xente non teña que renunciar á calidade de vida da que agora disfruta: e é que nós si cremos nun desenvolvemento sostible onde tradición e vangarda poidan darse a man.

Queremos unha sociedade igualitaria onde todos teñamos as mesmas posibilidades, por iso cremos fundamentais as leis pero acompañadas de contados, non como fixo o señor Caldera coa súa republicitada lei da dependencia. Nós falamos dunha España sen barreiras, de campañas de integración de inmigrantes e emigrantes retornados, de formación para aquelas xeracións que non tiveron a oportunidade de aprender o manexo dun ordenador, e aspiramos a unha educación doméstica de igualdade entre sexos.

En Galicia, de lei de xuventude nada de nada. Aquí reivindicamos unha vez máis a posta en marcha dunha normativa integral para a mocidade galega.

Lei xa presentada polo grupo parlamentario popular e rexeitada polos dous grupos que sustentan os goberno en Galicia.

Sexa cal sexa a condición de cada un dos mozos e mozas que alí estivemos, unha cousa tiñamos en común, a ilusión de que de unha vez por todas, un goberno nos escoite, escoite as inquedanzas da xuventude, e onte os cargos do Partido Popular amosaron realmente o seu compromiso coa mocidade, non buscaban a foto e de feito nin siquera estiveron sentados en primeira fila de autoridades como é normal noutros actos políticos como o de ZP de Silleda, sinon que se integraron entre nós, escoitándonos.

Por todo isto, confiamos en que pronto se poidan poñer en marcha as propostas, froito do análise da situación da mocidade e destinadas a facer do noso país un lugar de liberdade, igualdade e benestar digno das súas xentes.

CHADOR

Permalink 23.04.07 @ 19:04:38. Archivado en Mujer



PLAN DE LUCHA CONTRA EL MAL USO DEL VELO

Los gobernantes iraníes demuestran una vez más su falta de respeto a la mujer. Dirán que es por religión, dirán que es por cultura.

>> Sigue...

LEI DE XUVENTUDE

Permalink 29.03.07 @ 18:57:49. Archivado en Política de xuventude

DEBATE SOBRE A LEI GALEGA DE XUVENTUDE PRESENTADA POLO GRUPO POPULAR NO PARLAMENTO DE GALICIA
27 de marzo de 2007
O Grupo Popular de Galicia defendeu no Pleno do Parlamento, a aprobación dunha proposición de lei galega de xuventude, para superar a parálise das políticas sectoriais da Xunta dirixidas a este sector da poboación.

>> Sigue...

Novas Xeracións de Galicia emite o fallo do "I Concurso de poesía en galego"

Permalink 24.03.07 @ 17:38:01. Archivado en Política de xuventude

Este mércores 21 de marzo reuniuse o xurado do “I Concurso de Poesía en Galego de Novas Xeracións de Galicia”, composto por o Presidente da Fundación Valle Inclán: Xerardo Fernández Albor; o Secretario Xeral do PP de Galicia: Alfonso Rueda de Valenzuela; O Secretario Executivo de Cultura, Deporte e Voluntariado de NN.XX. de Galicia: Fernando Carreiras González, o responsable da área de Política Social e Vivenda do Consello da Xuventude de Galicia: Alberto Piñeiro Rodríguez e máis eu.

>> Sigue...

O papel da muller en política: o exemplo de Clara Campoamor

Permalink 27.02.07 @ 19:54:35. Archivado en Mujer

O pasado venres celebramos en Ourense un acto multitudinario para defender o papel da muller en política respaldados por Jose Luis Baltar y Alberto Núñez Feijóo

Con este acto quixemos deixar unha vez máis de relevancia o noso firme compromiso coa muller como peza fundamental, na sociedade, e tamén como inherente a ese feito, na vida política.

>> Sigue...

Blogueros en Vilagarcía de Arousa

Permalink 17.02.07 @ 12:27:58. Archivado en Política de xuventude

>> Sigue...

Ilusiones Liberales

Permalink 27.01.07 @ 11:10:41. Archivado en Política de xuventude

Tener ilusión, es una divisa obvia en un joven.

Sin ilusiones, no hay futuro.

>> Sigue...

A igualdade

Permalink 25.01.07 @ 12:32:44. Archivado en Política de xuventude, Mujer

Abraiame moitas veces a laxitude coa que se abordan determinados temas na sociedade, por exemplo, o compromiso na loita pola igualdade de homes e mulleres á hora de acadar e desenvolver o traballo.

No día da muller traballadora faise por parte dos medios de comunicación e de gran parte dos políticos un desplegue afondando nesta cuestión pero pronto nos esquecemos desas mulleres ás que rinden homenaxe.

>> Sigue...

A xuventude cotiza á alza

Permalink 23.01.07 @ 11:44:30. Archivado en Política de xuventude

Nunha sociedade cada vez máis envellecida, a aposta pola xuventude, convértese nunha inversión en activos de futuro.

A xuventude cotiza á alza.

>> Sigue...

Un goberno que non cre nos xóvenes

Permalink 21.01.07 @ 16:21:01. Archivado en Política de xuventude

Hoxe padecemos un goberno que non cre nos xóvenes:

Hoxe hai un goberno que está a decepcionar á xuventude galega

>> Sigue...

Blogs
El barón rampante

El barón rampante

Pues ya están nombrados

Jesús Bastante

El alma del haiku

El alma del haiku

La excelencia del haiku en castellano (49)

Vicente Haya

Sintonía cordial

Sintonía cordial

El sueño de la comunidad cristiana: ¡Mirad cómo se aman!

Sor Lucía Caram O.P

Fogon’s corner

Fogon’s corner

mujers vintage linterna vestido negro mediano formato

Marie-José Martin Delic Karavelic

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

"VIDAS ZARANDEADAS INTERIORMENTE"

Francisco Baena Calvo

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

El evangelio en el mundo

Francisco Margallo

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

El Personalismo comunitario faro para creyentes

Carmen Bellver

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Somos y seremos siempre sacerdotes

Josemari Lorenzo Amelibia

Cenyt

Cenyt

Castillo de 1100m2 y 23.400 mtrs de parque. Totalmente renovado. Montevideo-URUGUAY

Grupo Cenyt

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Borraja a la moderna sobre creps

Mª Rosario Aldaz Donamaría

La espingarda

La espingarda

Freixenet deja a ZP por mentiroso

Antonio Javier Vicente Gil

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Nuevo obispo de San Sebastián: diálogo roto, estilo no cristiano

Xabier Pikaza Ibarrondo

A contracorriente, el blog de Enrique Arias Vega

A contracorriente, el blog de Enrique Arias Vega

El próximo "Alakrana"

Enrique Arias Vega

No más mentiras

No más mentiras

PIRATAS Y BANDIDOS

Antonio García Fuentes

El blog de Antonio Piñero

El blog de Antonio Piñero

Sobre la película “Ágora” de Amenábar (y III) (95-03)

Antonio Piñero

Tres foramontanos en Valladolid

Tres foramontanos en Valladolid

Mis amores. “Cabañuelos”

Bustamante, Arévalo y Pardo de S.

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Esquiroles rojos en '´Público'

Pedro Fernández Barbadillo

Columna de humo

Columna de humo

Zapatero, mil problemas para cada solución

Pedro de Hoyos

Gallegos hispanohablantes

Gallegos hispanohablantes

07.- Racismo nacionalista en la literatura galleguista de los siglos XIX y XX.- El siglo XX.- Vicente Risco.

JUAN JULIO ALFAYA

Convivencia de religiones

Convivencia de religiones

En contacto con el Buda Eterno

Juan Masiá Clavel

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias