Novas Xeracións de Galicia emite o fallo do "I Concurso de poesía en galego"
24.03.07 @ 17:38:01. Archivado en Política de xuventude

Este mércores 21 de marzo reuniuse o xurado do “I Concurso de Poesía en Galego de Novas Xeracións de Galicia”, composto por o Presidente da Fundación Valle Inclán: Xerardo Fernández Albor; o Secretario Xeral do PP de Galicia: Alfonso Rueda de Valenzuela; O Secretario Executivo de Cultura, Deporte e Voluntariado de NN.XX. de Galicia: Fernando Carreiras González, o responsable da área de Política Social e Vivenda do Consello da Xuventude de Galicia: Alberto Piñeiro Rodríguez e máis eu.
Como resultado das deliberacións dos membros do xurado, proclamouse como gañador o traballo presentado por Vanessa Ucha Fernández baixo o título de “As miñas intencións, a miña travesía”. O segundo premio foi otorgado a Manuel Lodeiro Palma por “A lúa e o sol”.
Novas Xeracións de Galicia ven amosando dende sempre que a sua preocupación pola cultura en xeral e pola literatura en particular é real, e a sua asistencia a e participación en diferentes actos desta índole así o certifican. Quere amosar tamén o seu agradecemento ós numerosos participantes. Este evento non se quedará coma unha acción illada, senón que dende a responsabilidade coma primeira asociación xuvenil de Galicia seguiremos a promover e apoiar a cultura galega.
O Ex-Presidente da Xunta de Galicia e Presidente da Fundación Valle Inclán, Xerardo Fernandez Albor, quixo alentar á entidade organizadora deste concurso citando as verbas de J.F. Kennedy: “Se houbese máis poetas que se adicasen á política e máis políticos que escribisen poesía, as cousas do mundo andarían moito mellor”
Pola sua parte, o responsable de Política Social e Vivenda do CXG, Alberto Piñeiro, destacou a importancia de que se celebren este tipo de iniciativas, e felicitou a Novas Xeracións por ser pioneira dentro de todo o tecido asociativo de Galicia neste eido.
O comezo da primavera é a data na que internacionalmente se celebra o Día da Poesía e Novas Xeracións quixo sumarse a festa deste evento de maneira activa.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/83309
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
No que si que ten razón Xoán xulio é en que manda carallo que o partido fundado por un fascista reconvertido como é M. Fraga empece a organizar certames de poesía en galego. Aínda que claro, por España sempre estivo moi estendida a idea de que "el gallego para escribir poesía si, pero para otras cosa..."
Atentamente
Xan Guindán (www.revoltarockeira.blogspot.com)
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
María Seoane
autor
Contacto




