O papel da muller en política: o exemplo de Clara Campoamor
27.02.07 @ 19:54:35. Archivado en Mujer

O pasado venres celebramos en Ourense un acto multitudinario para defender o papel da muller en política respaldados por Jose Luis Baltar y Alberto Núñez Feijóo
Con este acto quixemos deixar unha vez máis de relevancia o noso firme compromiso coa muller como peza fundamental, na sociedade, e tamén como inherente a ese feito, na vida política.
Qixemos conmemorar unha data que para a muller foi de especial relevancia, queremos celebrar o 75 aniversario do voto feminino.
Por moitas razóns na vida cotiá esquecemos ás veces o papel da muller na evolución da nosa sociedade.
Moitas das veces non nos paramos a berrar que a muller non é unha arma electoralmente rendable, é unha persoa con dereitos e deberes.
Moitos partidos políticos queren utilizar á muller se lles é convinte o día de eleccións e para mostra disto, aínda que hai casos na actualidade que avalan as miñas verbas, vou falar do que vos comentaba.
Propoñovos ir 75 anos atrás, e de paso lembramos esa parte da memoria que dentro da súa, por histérica, esquece José Luis Rodríguez Zapatero.
Hai 75 anos Clara Campoamor leva ás Cortes en plena República a defensa do dereito da muller a exercer o voto. O 1 de outubro de 1931 esta muller, abogada e deputada polo Partido Radical de Lerroux, levou o debate á Cámara e alí topouse coa absoluta negativa por parte de outra muller, que argumentou en contra, tratábase da deputada de esquerdas, Victoria Kent.
Hoxe xa non nos plantexamos un mundo sen igualdade no sufraxio, naquela época as mulleres eran vistas por parte dos políticos de esquerdas como un perigo.
E agora queren darnos leccións coa súa paridade!!!
Naquela época Clara tivo que loitar contra os republicanos de esquerdas, radicais e radicais-socialistas que foron os que máis se opuseron. Os radical-socialistas presentaron unha enmenda o 1 de setembro de 1931 para restrinxir os dereitos electorais exclusivamente ós homes. Chegaban incluso a proporcionar argumentos biolóxicos para dar forza ós argumentos de conveniencia política: á muller non a domina a reflexión e o espíritu crítico, deixase levar sempre pola emoción; o histerismo non é unha simple enfermidade senon a propia estructura da muller. Unha enmenda de Acción Republicana propoñía que lle fosen concedidos os mesmos dereitos a un home de 23 anos que a unha muller de 45 basándose en que a muller era deficiente en voluntad e en intelixencia ata cumplir dita idade.
Os radicales propuxeron ademáis unha enmenda co fin de que se omitira a palabra mesmos no artigo que rezaba: os cidadáns de un e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis. O seu argumento era que se lle concedería o voto á muller nunha lei lectoral que podería ser revocada se a muller votaba por partidos de dereitas. Campoamor proclamaba o dereito inalienable ó voto da muller sen depender da súa orientación. Esta posición ideolóxica situouna fronte ós seus propios compañeiros de partido.
No debate do 1 de outubro de 1931 Victoria Kent, do Partido Radical Socialista, propuso que non se lle concedese o dereito á muller de votar ata que estivesen preparadas, pensaba a deputada socialista que a muller española carecía naquel momento da suficiente preparación social e política como para votar responsablemente, polo que pola influencia da Igrexia, o seu voto sería conservador, o que perxudicaría ós partidos de esquerdas.
Clara Campoamor, en contra do que opinaba o seu partido, demostrando a súa valentía e o seu compromiso, defendeu fronte a tese da socialista Kent que a muller xa demostrara o seu sentido da responsabilidade social, que o índice de analfabetos era maior nos homes que nas mulleres e que só aqueles que creesen que as mulleres non eran seres humans podían negarlles a igualdade.
E sentenciou cunha frase: “non deixedes á muller que, se é regresiva, pense que a súa esperanza estivo na dictadura, non deixedes á muller que pense, si é avanzada, que a súa esperanza está no comunismo.”
Cando o 1 de outubro é aprobado finalmente o dereito das mulleres a voto, Indalecio Prieto, do Partido Socialista Obreiro Español, que tiña intentado persuadir ós seus compañeiros socialistas de votar en contra, exclamou que aquelo era unha “puñalada trapera á República.”
As primeiras eleccións nas que participaron as mulleres foron as de 1933, e inevitablemente votouselles a culpa da victoria da dereita.
A miña esperanza é que en maio os socialistas e nacionalistas volvan a botarnos a culpa ás mulleres de que teña gañado as elección a liberdade, o Partido Popular.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/77395
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Me alegro de que tengas un blog.
Saludos
La Fundación para la Libertad cree conveniente recuperar el "espíritu de la transición" y el concepto de "ciudadanía" en un momento de "sectarismo, sentimentalismo y muy escasa razón". Ambas ideas serán abordadas en el "Seminario de Debate político Loyola de Palacio" que protagonizarán mujeres de diversos ámbitos, y que esta tarde inaugura en Bilbao la periodista Victoria Prego con la conferencia "El Panorama político hoy".
Con este ciclo, que incluirá mesas redondas y ponencias, la fundación pretende "rendir homenaje" a la "destacada política vasca" también miembro del Patronato de la fundación recientemente fallecida Loyola de Palacio. Según explicó el presidente del colectivo, Nicolás Redondo Terreros.
Galicia Liberal
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
María Seoane
autor
Contacto








