Editado por

José LópezJosé López

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Marzo 2009
LMXJVSD
<<  <   >  >>
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



A Coruña quedou baixo un manto branco

Permalink 30.11.08 @ 13:15:09. Archivado en Noticias, Reportaxes

Vaia día de treboada este sábado con relámpagos e tronos espectaculares, moita choiva e moitísima saraiba! O barrio acabou baixo un manto branco despois da espectacular granizada que caeu a iso das 19h.

Moitos semáforos deixaron de funcionar, algúns deles aínda siguen máis de 14 horas despois.

Podes ver máis imaxes e un vídeo do barrio cuberto por un manto branco aquí.

En Galicia, en castellano

Permalink 03.11.08 @ 21:29:03. Archivado en Reportaxes

Eu faría o mesmo. Despístalos. Marealos coma perdices, agora que comeza a tempada de caza, e aniquilalos igual que fixeron na nosa casa unha vez cun pavo: emborrachalo para que rematase dando voltas arredor de si facéndolle así máis levadeira a extinción. Deixaríalles todo o licor café que desexen para que, embriagados, rosmen e berren alterados contra o que, no seu delirium tremens, son hordas de españois a colonizalos.

Faría o que fai a Rosa Díez: proclamar ben alto e claro que me importa menos ca nada a identidade dos galegos. Faría o que fai Galicia Bilingüe: convertirme en víctima da “imposición lingüística do galego”. Faría o que fai Tojeiro (no o do Cola-Cao, se non o de Gadis e Reganosa): explicarlle aos galegos como deben vivir e o que lles convén. Faría coma máis da metade dos deputados da Xunta de Galicia: esquecerse do que é falar galego e do que eles decidiron bautizar Celga e poñer nun altar o “touriñés”. Faría o mesmo que fai a RAG e evitar sacar dunha vez por todas un diccionario (actualizado) que toda lingua debería ter, con greleiros e buenos incluídos (se teñen integridade abondo apra facelo). Faría como La Voz de Galicia, que máis ca galega parece voceira de segundo que intereses empresariais.

Eu, de querer rematar cun pobo faría por xogar con eles nun tableiro, xa non de xadrez se non de parchís, porque o que conta a día de hoxe non é a intelixencia se non comer aos demais e contar vinte ou trinta, pasar por riba deles, gañar cartos á súa costa e contribuír á degradación consentida. Porque cada vez que reaccionamos ás súas provocacións centrámonos no que a eles lles apetece e xiramos coma Xil Ríos arredor da mesma roda unha e outra vez, a roda do muíño que se chama lingua, que se chama identidade, que se chama medio ambiente, que se chama política, que á fin e ao cabo, se chama cartos.

Eu, despois de ver o sábado a 700 persoas manifestarse pola “libertad lingüística”, vou deixar de facerlle caso a todas esas provocacións, de supeditarme a eles e a deixar de facerlles xogo por texiversadores e por mentireiros. Galiza, Galicia ou o que che pete chamarlle é algo máis ca lingua, pero tamén é lingua, sobre todo é lingua e identidade e cultura (e medio ambiente e oportunidade de negocio e moito máis). E non digo que o que non estea de acordo con todo isto é menos galego, non, o que digo é que é menos coherente, e iso é un indicativo de saúde mental.

Por Besbellinha
(Galiciae)

Un barrio en obras

Permalink 29.10.08 @ 18:06:59. Archivado en Queixas, Reportaxes

Se cremos todo o que anuncian ós nosos gobernantes, o barrio está en pleno proceso de cambios que farán que aqueles que leven moitos anos sen pasarse por aquí case non recoñezan algúns dos lugares que se modificarán.

A rehabilitación da Sagrada Familia segue ó seu curso, máis que lento e con multitude de problemas, pero hai que dicir que os edificios están a cambiar moito (polo menos por fora) e para ben. Esperemos que cando rematen, valera a pena tanta penuria e tantos problemas por mor das obras.

Únese a isto a esperadísima reforma da Pista Verde, que parece que incluso agora vai ser un lugar "idílico" para toda a familia, pero como nos custa crer ós políticos ata que vemos as cosas feitas, esperaremos a ver como queda para opinar. Preto de alí, suponse que en breve comezará a construcción do parking na praza da Sagrada Familia, por suposto, con polémica, debido ás queixas de veciños pola forma de adxudicar as prazas e outros que se acaban de enterar deste proxecto.

Dos Mallos temos a recente promesa da reforma de Angel Senra, incluso veu o a alcade ata aquí a facer un "mitin", perdón, a presentar a reforma "in situ" anunciando que a rúa será realmente peonil o próximo ano, unha peatonalización que inclúe a Francisco Catoira, iso sí, con queixas veciñais por esta última xa que din que os residentes non foron consultados. Dentro desta reforma, parece ser que tamén inclúe a Praza de Madrid, de onde sae a pasarela peonil verde que cruza Alfonso Molina.

A Intermodal segue a voltas e cada vez apunta con maior forza a San Cristóbal, con varias ideas e formas de como facela que van saíndo de cando en vez. O único que parece claro é que levará un centro comercial, que se reformará a praza de San Cristóbal e se arranxarán os baches da Ronda de Outeiro ó seu paso por esta zona.

E todo isto con Vioño ahí, rematando (moi lentamente) a súa gran transformación, de aldea a urbanización con parque. ¿Estará rematado no primeiro trimestre do 2009 como algúns nos dixeron? Polo menos algúns dos edificios parece que si.

Todo moi ben pero, ¿e o Agra dos Mallos? Segue en estado de abandono.

Dinosauros 3D para blogueiros

Permalink 21.10.08 @ 09:08:54. Archivado en Reportaxes

Os Museos Científicos Coruñeses organizaron o mes pasado un pase especial para blogueiros do documental "Dinosauros 3D" e o Blog Barrio dos Mallos foi un dos invitados.

Todo comezou a iso das 20h30 na Domus, cada un coas súas "gafas" ocupamos ó noso sitio na sala na que anteriormente proxectábanse películas en IMAX. O director dos Museos, Xosé A. Fraga, dedicou unhas palabras para comezar a sesión; entre outras cousas, agradeceunos a nosa presencia, pediunos que falaramos sobre o que veriamos esa noite nos nosos medios e presentounos ó responsable da empresa coruñesa (Enxebre) encargada de instalar o sistema 3D na Domus, Enrique Criado, quen levou adiante unha interesante presentación sobre a tecnoloxía 3D, o seu pasado, o seu futuro e unha sinxela explicación de como funciona.

Parece que estamos nun tempo no que o Cine 3D vai recuperar o protagonismo que tivo fai unhas décadas, en España estanse a crear, cada vez máis rápido, novas salas preparadas para esta tecnoloxía e que de momento a da Domus é a única de Galicia, de 22 que hai en toda España.

Despois da presentación, vimos unha pequena, sorprendente e divertida curtametraxe elaborada por Enxebre e logo veu a película, Xigantes da Patagonia, un interesante documental sobre os dinosauros que viviron na Patagonia Arxentina. Recoméndovos que vaiades a velo, estes son os horarios e prezos.

Unha vez rematada a proxección tocou sesión de preguntas, e despois, os blogueiros tivemos todo un luxo: tomar uns pinchos na Domus con vistas á bahía coruñesa. Mentres, os blogueiros coruñeses falaban entre si amigablemente, moitos dos cales coñecéndonos por primeira vez.

Outra iniciativa máis, outro punto máis que se anotan os museos científicos coruñeses, sempre buscando a forma de que a Ciencia chegue a todos.

Podes ler máis opinións doutros bloggers que asistiron neste outro post.

Carril Bus

Permalink 26.09.08 @ 17:36:42. Archivado en Noticias, Queixas, Reportaxes

Dende este blog queremos darlle a benvida o carril bus, unha medida que debe ser a primeira de moitas outras encamiñadas a mellorar o servizo de transporte público, tanto a nivel local coma metropolitano. Entre as melloras necesarias cremos necesaria a creación de máis liñas (un exemplo: a conexión por bus da cidade cos polígonos de Pocomaco e A Grela é lamentable), incorporar máis vehículos por liña, reducir as frecuencias de paso (as frecuencias de 30 minutos son un escándalo), reducción do prezo e por suposto, ampliación do carril bus a outros lugares. Nos últimos días, escoitamos e lemos en varias ocasións, propostas que relacionan o carril bus e a ronda de Outeiro. Realmente, a idea non estaría mal, xa que se trata dunha das arterias da cidade que sempre está colapsada pola dobre fila e que fai da viaxe en bus un auténtico suplicio.

Comprendemos algunhas das posturas dos residentes e comerciantes das zonas de Federico Tapia, Praza de Vigo e Praza de Galicia, xa que elimináronse moitas prazas de estacionamento, así como moitos dos lugares de carga e descarga. Sempre pasa o mesmo, polo ben colectivo da cidade, alguén ten que sufrir os inconvenientes, así que o mellor será que sigan a falar entre as partes implicadas para buscar solucións que fagan que estes incovenientes sexan do menor impacto posible. As queixas da rúa de San Andrés non as acabamos de comprender, pois o carril bus vai por un carril que anteriormente xa tiña unha liña amarela continua que impedía parar ou estacionar.

E relacionando ó noso barrio co carril bus, dicir que a Liña 11 sae dende os Mallos-Sardiñeira e se incorpora ó carril bus á altura da praza de Vigo. A Liña 6/6A pasa pola Avenida de Finisterre, onde remata a Sagrada Familia, e colle o carril bus na praza de Pontevedra. Creemos que ámbalas dúas liñas saen beneficiadas co carril bus, supoñemos que o tempo que nos leva chegar agora ó centro da cidade ou a Monte Alto é menor, claro que dependerá da parada na que nos baixemos. É dicir, se collemos o 6/6A e nos baixamos na praza de Pontevedra, non imos notar nada de nada pero se nos baixamos en Monte Alto, o tempo de chegada debería ser menor. Do mesmo xeito coa liña 11, se nos baixamos antes da praza de Vigo, non se notará nada.

Esta non deixa de ser unha opinión máis, como tantas outras que foron saíndo estes días pola cidade, aquí podedes ler algunhas delas:
http://www.barriodelosrosales.es
http://barriodelventorrillo.blogspot.com
http://agradelorzan.blogspot.com
http://avelensanche.blogspot.com/

E por suposto, destacamos o excepcional traballo que coma sempre realizan no blog http://busurbano.blogspot.com/. Dende a instalación do carril bus, non pararon en ningún momento de traballar para manternos informados de todo canto saía sobre este asunto, por algo seguen a ser para moitos a primeira referencia informativa na cidade sobre o transporte público. ¡Dámoslles un 10 sobre 10!

Pechan varias tendas por xubilación

Permalink 21.09.08 @ 21:05:01. Archivado en Queixas, Reportaxes

É ben sabido que o barrio da Sagrada Familia e Os Mallos ten unha media de idade bastante alto, un barrio no que vive maioritariamente xente maior e que a xuventude vai entrando pouco a pouco. Isto tamén afecta á maior parte dos comercios, eses calificados como "de toda a vida", comercios históricos do barrio xestionados por persoas maiores.

Atopamos na Sagrada Familia que se traspasan negocios que para moitos de nós, levan ahí toda a nosa vida. Os lexendarios ultramarinos da rúa Sagrada Familia, os dous que están na mesma beirarrúa do Centro Social traspásanse ó mesmo tempo. Un deles por xubilación e outro por non poder ser atendido, esperemos que alguén colla o relevo e non permita o peche destes negocios, a zona non sería a mesma sen eles.

Tamén temos noticias de que a sastrería da esquina Sargento Provisional con Nuestra Señora de la Luz traspasa (ou pecha, non o temos claro) por xubilación. Outro dos nosos comercios con maior soleira que pode pechar as portas.

Dos Mallos, da rúa San Luis e próximo a Diego Delicado, chéganos o traspaso doutra tenda de alimentación por xubilación, outra das tendas que aguantaron estoicamente o paso dos anos e a super-competencia dos supermercados, pódelle chegar ó seu fin se nadie se fai cargo dela.

Chega o momento de que a xuventude vaia tomando máis protagonismo e tome as riendas do barrio.

Os nomes das rúas

Permalink 30.07.08 @ 03:56:24. Archivado en Reportaxes

Unha das cousas que máis nos chamou a atención cando fixemos a lista de rúas do barrio, cada unha delas coa súa situación en plano e cunha foto, foi a cantidade que hai con nomes que non se axustan a realidade pero que mantemos no blog por ser a forma "oficial" utilizada polo Concello. Non é un problema que necesite dunha urxente atención, pero xa que o Goberno municipal vai facer algo ó respecto, podemos dar ás nosas impresións.

Existen no barrio rúas adicadas á Igrexa (maioritariamente como Sagrada Familia, San Rosendo, San Jaime, etc.), a persoeir@s ilustres (Ángel Senra, Sofía Casanova, Eusebio da Guarda, etc.), a lugares de Galicia (Puentedeume, Noya, etc.), outras con orixe histórico pola zona na que está (Avenida da Sardiñeira, etc.), etc. Están todas escritas en castelán, o cal non debería ser un problema porque todos nos entendemos e ademais, xa estamos todos afeitos a eses nomes. Pero resulta que atopamos casos que non estaría mal que cambiasen por non axustarse á realidade.

Así aparecen nos nomes das rúas do barrio casos coma o da Avenida de Arteijo, Puentedeume, Baldayo, Noya, Río Jallas, Río Allones ou Río Arnoya; que deberían ser cambiados por Avenida de Arteixo, Pontedeume, Baldaio, Noia, Río Xallas, Río Anllóns e Río Arnoia.

É curioso que entrando á cidade pola Grela, deixemos atrás ó Concello de Arteixo (tal e como indican todas as sinais de tráfico da zona, ademais dos propios veciños) para acceder á Coruña pola Avenida de "Arteijo". Coñecía de hai moitos anos ó Río Anllóns, pero tiven que investigar por internet para saber que o río "Allones" refírese ó mesmo río, que para quen non o saiba, pasa por Carballo entre outros lugares. ¿E se pregunto polo Río "Jallas" en Santa Comba? Creo que me iban mirar moi mal na chamada Comarca do Xallas.

Iso si, a pesar destes pensamentos que escribo por aquí e sen menosprezar aos que consideran fundamental realizar estes cambios (cada un é libre de pensar o que queira), realmente este non é máis que un "problema" menor, existen cousas máis importantes que arranxar polo barrio na procura da mellor vida posible para os veciños.

Escoita a música do blog

Permalink 14.07.08 @ 13:57:03. Archivado en Reportaxes, Sobre o Blog

"#13 (Trece)"
#13 nace allá por el 2006 en la calle agra del orzán, a raíz de una disputa sobre la trashumancia. Este hecho marca por completo a sus cuatro integrantes y a finales de 2007, tras un año de ensayos y trabajo, el sello discográfico independiente Armytown edita su primer disco: "Nodoyunegan". La úlima vez que se les vio juntos iban con los instrumentos a cuestas por la calle San José.

Escúchalos en:
http://www.myspace.com/meque13

Le máis aquí.

"Frances Lerouge"
Dende Os Mallos chega "Frances Lerouge". O proxecto de Frances Lerouge é o traballo multiconceptual inspirado nos sentimentos, sensacións e pensamentos vividos no día a día, feitos electrónica. Baseado nas melodías do trance e os sons minimal, o electro, o techno e o progg poden ser perfectos para tranpostar un bó tema.

www.franceslerouge.com

Le máis aquí.

"Full Stop"
Full Stop se formó en A Coruña (Galicia - España) en 2007. Las primeras ideas del grupo van tomando forma en El Taller, Meicende, lugar en el cual comienzan sus ensayos. Acaban de grabar algunos temas en "RunaRecords" (A Coruña), donde ensayan actualmente.

Escúchalos en:
http://www.myspace.com/fullstopweb

Le máis aquí.

"Guillermo Lancelotti"
Soy del 64, y me inicié como trompetísta a los 15 años, mi ciudad se llama Bahía Blanca, antiguamente le decían la capital del sur y del baloncesto y se encuentra a poco más de 700km de la capital Buenos Aires, Argentina. Ahora resido en La Coruña. formamos "Mr. Dixie Bop", trío que da inicio a la "Mr. Dixie Jazz Band", la cual ha participado en innumerables Festivales, tales como el "French Quartet Festival" de Nueva Orleáns , "Dixieland" de Tarragona y Alcudia (Mallorca) los tres en el año 2002. Junto a mi pareja mantenemos con vida un gran sótano que se ha convertìdo en un gran club de jazz el cual se encuentra también en esta ciudad (La Coruña) y se llama Jazzvides.

http://www.myspace.com/guillelancelotti

Le máis aquí.

"alDDao"
Lucía Aldao e Diego Delgado son alDDao, un novo son electrónico que hipnotiza e que veñen a encher eses ocos que aínda quedan neste tipo de música. Lucía Aldao ten unha recoñecida traxectoria como poeta e agora canta e ademais, é dos Mallos.

Visita o seu MySpace:
http://www.myspace.com/alddao

Le máis aquí.

"Los Santos"
Estos tres jóvenes se conocieron en el seminario compostelano y decidieron abandonarlo para formar un grupo de rock and roll, de ahí su nombre: LOS SANTOS. Autoproclamados "la banda que mejor f*ll* de Coruña", Los Santos son un trío de punk-twist. LLevan cuatro años dejándose la piel en cada concierto y ganándose la fama de la banda más salvaje y exquisita del underground gallego.

Escucha sus canciones en:
http://www.myspace.com/putossantos

Le máis aquí.

Chega a festa na que participamos tod@s

Permalink 19.06.08 @ 00:22:35. Archivado en Reportaxes

Aproxímase o San Xoán e polo barrio xa comezan a aparecer os primeiros anuncios de "festa". Chégannos noticias de que haberá sardiñadas en diferentes bares e cafeterías da Sagrada Familia, arredores de Angel Senra, na Sardiñeira e algunhas outras zonas que seguro se nos escapan. Estas sardiñadas repártense entre o venres, o sábado e, como non, o luns como día propio da festa, pero iso sí, estade atentos a vosa zona xa que hai sardiñadas que piden aos que acudan anotarse antes, senón, non se poderá participar nela.

Unha das cousas máis típicas do San Xoán coruñés e esa bonita tradición de que os clientes habituais dun negocio soen estar invitados a tomar as sardiñas xunto coa consumición, incluso nalgures, todos os asistentes á sardiñada (incluidos os clientes non habituais) teñen sardiña gratis coa consumición. Nalgunha sardiñada do barrio tamén sucede así; según se aproxima o día sinalado, é normal ver como algúns dos donos dos bares/cafeterías van invitando ós clientes habituais a acudir á sardiñada de San Xoán, non se di nada, pero queda claro que o cliente está invitado ás sardiñas; o que non é cliente terá que pagalas, pero tamén disfrutará da festa. Unha boa forma de devolverlle ós clientes de todos os días a súa fidelidade, ogallá o fixeran moitos máis! Por suposto, unha cousa é que te inviten a un par de sardiñas e outra que creas que tes dereito a que te dean de cear gratis, un detalle é un detalle, non te pases pedindo!!

O que non sabemos é se terá lugar a queima dalgunha fogueira, anos atrás era habitual ver algunha na zona de Vioño (era espectacular a concentración de xente que había antigamente na gran sardiñada que se facía aquí, acompañada dunha gran fogueira), en San Jaime, no descampado da Avenida de Arteixo e algunha que outra perdida polo barrio. Hoxe en día, moitos dos lugares utilizados para fogueiras do barrio xa non están utilizables para iso, así que é toda unha icógnita saber se haberá algunha, aunque a zona de San Jaime e o descampado da Avenida de Arteixo si tiveron fogueiras non fai moito.

Así que xa sabedes, a comer sardiñas polo barrio este venres, sábado e o luns tamén, que aínda que vaiades a Riazor, davos tempo de sobra a picotear polo barrio antes de partir, dígovolo eu que o fago todos os anos.

E se saímos a tomar algo?

Permalink 11.06.08 @ 15:33:47. Archivado en Reportaxes

Se falamos de bares, cafeterías, mesóns e restaurantes poderíamos non acabar nunca! Todos coñecemos no barrio os grandes puntos de encontro, aqueles que sempre están cheos de xente tomándose un cafeliño (aquí si se cumple aquilo de ZP, moitos bares manteñen o prezo do café por baixo dos 0,90€), un vermú e o cada vez máis habitual entre os nosos bares, un "pincho" cortesía do establecemento. Estos pinchos van dende algunha tapa (tortilla, ensaladilla, callos, embutidos, etc.) ata un interesante prato de patacas fritidas, aceitunas ou froitos secos. Cervecerías ou bares de sempre, moitos incluso "compiten" a ver quen da máis fútbol e con maiores medios; as pantallas xigantes e as novas televisións de plasma son as habituais inversións deste locais para atraer ós veciños. Nalgún dos bares do barrio pódese ver todos os partidos, incluso de equipos minoritarios ou extranxeiros. Nos últimos tempos apareceron novos locais de "marcha", algúns deles etiquetados por moitos como "alternativos", que trouxeron a música en directo ó noso barrio.

Pódese comer de todo e con variedade de prezos en calquera punto do barrio. Menús dende 6€, pratos combinados e racións a partir de 4€, bocadillos e hamburguesas a moi bó prezo (temos unha das hamburgueserías con maior sona da cidade, está fronte a Audiencia e as colas para pedir son moitas veces escandalosas), pizzerías (é xa célebre a da Ronda polo seu 2x1 en pizzas), tamén podes atopar no barrio locales con comida chinesa, thailandesa, xaponesa, hindú e algunha que outra nacionalidade que se nos escapa. E dentro das especialidades, destacan as parrilladas dedicadas ó churrasco e por suposto, o pulpo: temos as pulpeiras máis famosas da cidade, a escasos metros unha da outra na Ronda de Outeiro, Melide e Arzúa compiten por levarse a clientela, e non son as únicas, ata 3 ou 4 pulpeiras máis temos pola mesma zona.

Sabías que no barrio podes tomarte un chocolate con churros a calquera hora do día? Pois sí, temos unha "chocolatería" que cada vez ten máis xente, entre Ramón Cabanillas e Eusebio da Guarda, é o único local de hostelería deste tramo da rúa San Vicente que nos últimos anos consegueu converterse nun éxito de xente case a diario.

E así podo ir rematando este resumo sobre o que se pode atopar no barrio, saíu un texto non demasiado curto a pesar de que non contei nin o 1% do que se debería. O mellor é que saiades a pasear polo barrio e descubrilo vós pola vosa conta, non permitades que pechen os negocios porque son os que lles dan vida ás nosas rúas, e se de algo podemos presumir no barrio, é do excepcional movemento e ambiente que temos por aquí.

Por que mercar no barrio?

Permalink 05.05.08 @ 09:45:53. Archivado en Reportaxes
Porque un barrio sen comercio non ten vida. Un dos grandes motivos que fan do noso barrio algo especial, cun gran movemento e ambiente, é o pequeno comercio. O Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación está plagado (nunhas partes máis ca outras) de negocios de diferentes sectores. Por que insistes en mercar nos grandes centros comerciais cando posiblemente recibas unha mellor atención no teu barrio? Incluso, é posible que algunhas das cousas estean máis baratas por aquí, sexan de maior calidade e incluso que atopes cousas que noutro lugar non habería. Ademais, vendo como están de tristes e solitarias algunhas rúas do barrio ó non ter negocios, é fundamental axudar a que estes non desaparezan, pois cantos máis comercios máis vida para as rúas. Fai uns anos eu era un mais dos habituais nos centros comerciais ata que comprobei en primeira persoa as vantaxes de mercar no barrio. Nos últimos tempos, toda festividade que mereza un agasallo pola miña parte, sae dalgún comercio do barrio e fiel ó meu estilo, os agasallos soen ser orixinais, nunca repetidos e con gran éxito entre os agasallados.

Temos moitísimas tendas de alimentación onde podes mercar case calquera cousa, dende modernas tendas especializadas nalgún producto ata as lexendarias e antigas tendas de ultramarinos de sempre que permanecen abertas. Carnicerías, charcuterías, fruterías, pescaderías, fornos e panaderías, pastelerías e incluso, novas tendas especializadas en productos dunha determinada rexión. A moda tamén pasa polo barrio, a pesar de non ter as grandes firmas do textil, temos unha morea de tendas de roupa e calzado, mercerías, sastres e zapateiros, con variedade de prezos para todos os gustos, si te paras nalgunha destas tendas seguro que te sorprenden, pois é moi probable que atopes algo que che guste.

No apartado técnico e tecnolóxico, temos tamén negocios en cada esquina. Ferreterías, electricidade, electrónica, informática, electrodomésticos, etc.. e neste caso, si contamos no barrio con grandes marcas e algunha que outra multinacional. Si, quen iba dicir que na Sagrada Familia teríamos toda unha multinacional, sen menospreciar por suposto, os demais negocios. Temos concesionarios, sabías que Renault vende coches en Ramón Cabanillas? O que tampouco falta son talleres de coches onde poder levar o teu, trato amable i eficaces no seu traballo. Pechou por xubilación na Sagrada Familia o Fotógrafo "Villalba", toda unha lenda na zona e de aquí en diante se lle botará de menos nas celebracións do barrio, onde estaba sempre presente coa súa cámara. Pero o barrio non queda orfo destes profesionais, estudios fotográficos e de calidade temos uns cantos, tanto na Sagrada coma nos Mallos.

Ademais, temos no barrio tendas que nos venden cousas que noutro lugar non atopariamos, almacéns, tendas de liquidación, especializacións sorprendentes, outras que venden todo tipo de artefactos, etc. Da unha volta pola zona e descubrirás establecementos curiosos, interesantes e que non esperabas encontrar por aquí.

O dito, para que o barrio manteña a súa vida non deberías ter ós grandes centros comercias como eixo das túas compras, é esencial que merques tamén no pequeno comercio.

Zonas Verdes: Cemento + un par de árbores

Permalink 23.04.08 @ 13:17:43. Archivado en Queixas, Reportaxes
Temos unha auténtica marabilla preto do barrio, o parque de Santa Margarita é un dos mellores lugares da cidade para distraerse un pouco entre as árbores, hai momentos en que incluso pensas que non estás nunha cidade. Pero si miramos para o noso barrio, de non ser polo novo parque de vioño, poderiamos dicir que as "zonas verdes" son bastante pobres, ademais de que non queda demasiado ben chamarlle "zona verde" a unhas prazas que teñen maioritariamente cemento. Polo menos as temos, dirán noutros barrios que teñen menos, pero eu opino que xa que as temos, por que no coidalas e melloralas? A praza de San Cristóbal da bastante pena, con elementos do parque en mal estado e farolas esnaquizadas que a deixan case a escuras polas noites. Estarán esperando a que se faga a Intermodal (se é que finalmente se fai aquí) para darlle un arranxo? Moitos somos os que pensamos que arranxar unhas farolas non custa tanto.

A praza da Sagrada Familia sufriu varios cambios desde que eu teño uso de razón, e xa van uns cantos aniños. Ampliáronlle as zonas verdes, pintaron o chan de vermello (hoxe moi decolorido), colocaron a famosa estatua "La Paternidad", bancos, a pista da "chave", uns poucos xogos infantís e a Igrexa da Parroquia de San Rosendo. Mal coidada non é que esté, pero é como se lle faltase algo... e non é o ambiente, os días de bó tempo, a praza énchese de xente dándolle unha moi boa imaxe. A fin de contas é o único lugar de reunión da Sagrada Familia, onde os maiores van tomar o sol e falar entre eles e os rapaces a xogar.

As prazas de Padre Rubinos para pouco valen, sobre todo nos últimos anos que si non é unha e a outra, están en continuas obras nos edificios que as rodean e por tanto, son invadidas pola maquinaria de obra. Anteriormente, a do lado da Farmacia estaba sempre chea de xente nos seus bancos á sombra. Na de enfrente, os rapaces xogando a pelota ou nos mini xogos infantís existentes. En fin, a verdade é que moitas veces en lugar de protestar e exixir o que nos corresponde como veciños que pagamos os nosos impostos e pagamos os soldos dos nosos gobernantes, parece que nos conformamos co pouco que nos den e que por riba temos que estar agradecidos, isto último vai referido sobre todo ó Parque da Sardiñeira que se algún veciño aínda non o viu, recoméndolle que se pase por detrás do Centro Cívico. Moi bonito e todo o que ti queiras, pero é realmente ridículo e pequeno, é incrible que lle chamen parque a iso.

En fin, sempre nos quedará o Parque de Santa Margarita e agora parece que tamén, o parque de Vioño.

:: siguientes >>

Blogs
Fogon’s corner

Fogon’s corner

smiley rio de janeiro brasil baile

Marie-José Martin Delic Karavelic

Sintonía cordial

Sintonía cordial

En Tucumán gobierna un muerto: José Alperovich

Sor Lucía Caram O.P

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

El evangelio en el mundo

Francisco Margallo

Pacos

Pacos

Hoy España, solo es un sueño roto.

Paco Sande

Voto en Blanco

Voto en Blanco

¿Por qué no los despedimos?

Francisco Rubiales

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Al campo lo van a contar en Madrid

Antonio Pérez Henares

El blog de Francisco J. Carrillo

El blog de Francisco J. Carrillo

El nuevo eje USA-Asia

Francisco J. Carrillo

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Un sueldo a todas luces insuficiente...

Rufino Soriano Tena

El club de los amigos malos

El club de los amigos malos

¡ÚLTIMA HORA! UNA MULTITUD NEOFASCISTA GOLPEA AL PERIODISTA CUBANO REINALDO ESCOBAR, ESPOSO DE LA BLOGGER YOANI SÁNCHEZ

Julio San Francisco

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Los que manejan el cotarro hoy por hoy en la UE (quien es quien en la crisis abierta en Belgica, en relacion con España, y el terrorismo de la ETA)

Juan Fernandez Krohn

Reflexión y Análisis

Reflexión y Análisis

Alakrana, Faisán, Sitel….un país a la deriva

Carlos Juan Gómez Martín

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Tiros contra la bandera de España por la Royal Navy

Vicente A. C. M.

Punto de vista

Punto de vista

Herman van Rompuy y Catherine Ashton

Vicente Torres

La hora de la verdad

La hora de la verdad

Con Yoani Sánchez y su lucha por la libertad en Cuba. Vergüenza de ciertos comunistas españoles

Miguel Ángel Malavia

Soy físico y Católico pa más INRI

Soy físico y Católico pa más INRI

Otra de profesores universitarios.

Julián Moreno Mestre

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

La blogosfera púrpura

Carmen Bellver

Protestantes

Protestantes

Aprende de Errol Flynn

Pedro Tarquis

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Un gin-tonic por monseñor Munilla

Pedro Fernández Barbadillo

Hermosillo

Hermosillo

Muere suicidado sobrino del Mayo en casa de arraigo oficial. Alerta en Guanajuato

Efrén Mayorga

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Todos, catalanes

Manuel Molares do Val

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias