
29.10.08 @ 18:06:59. Archivado en Queixas, Reportaxes
Se cremos todo o que anuncian ós nosos gobernantes, o barrio está en pleno proceso de cambios que farán que aqueles que leven moitos anos sen pasarse por aquí case non recoñezan algúns dos lugares que se modificarán.
A rehabilitación da Sagrada Familia segue ó seu curso, máis que lento e con multitude de problemas, pero hai que dicir que os edificios están a cambiar moito (polo menos por fora) e para ben. Esperemos que cando rematen, valera a pena tanta penuria e tantos problemas por mor das obras.
Únese a isto a esperadísima reforma da Pista Verde, que parece que incluso agora vai ser un lugar "idílico" para toda a familia, pero como nos custa crer ós políticos ata que vemos as cosas feitas, esperaremos a ver como queda para opinar. Preto de alí, suponse que en breve comezará a construcción do parking na praza da Sagrada Familia, por suposto, con polémica, debido ás queixas de veciños pola forma de adxudicar as prazas e outros que se acaban de enterar deste proxecto.
Dos Mallos temos a recente promesa da reforma de Angel Senra, incluso veu o a alcade ata aquí a facer un "mitin", perdón, a presentar a reforma "in situ" anunciando que a rúa será realmente peonil o próximo ano, unha peatonalización que inclúe a Francisco Catoira, iso sí, con queixas veciñais por esta última xa que din que os residentes non foron consultados. Dentro desta reforma, parece ser que tamén inclúe a Praza de Madrid, de onde sae a pasarela peonil verde que cruza Alfonso Molina.
A Intermodal segue a voltas e cada vez apunta con maior forza a San Cristóbal, con varias ideas e formas de como facela que van saíndo de cando en vez. O único que parece claro é que levará un centro comercial, que se reformará a praza de San Cristóbal e se arranxarán os baches da Ronda de Outeiro ó seu paso por esta zona.
E todo isto con Vioño ahí, rematando (moi lentamente) a súa gran transformación, de aldea a urbanización con parque. ¿Estará rematado no primeiro trimestre do 2009 como algúns nos dixeron? Polo menos algúns dos edificios parece que si.
Todo moi ben pero, ¿e o Agra dos Mallos? Segue en estado de abandono.
|
07.10.08 @ 00:08:05. Archivado en Queixas, Políticos
Varios concelleiros do Partido Popular visitaron o barrio dos Mallos a semana pasada e volveron demandar ó goberno local que desenvolva o polígono APE F9.01, situado arredor do centro cívico e onde se manteñen unhas casas en estado lamentable, que alí quedaron tras a construción do centro cívico e o parque da zona. De todos os inmobles, oito permanecen habitados aínda que nalgúns casos non teñen conexión á rede pública de abastecemento de augas e en ningún á rede de sumidoiros, verquendo as augas residuais a pozos negros.
En 2007, a preguntas do grupo municipal do PP, o executivo municipal aseguraba que se "posibilitará o acceso destas familias a outras vivendas, ben por expropiación forzosa, ben por ocupación directa. Non obstante, un ano despois, denuncia o grupo liderado por Carlos Negreira, os veciños da zona seguen sen ter noticias dun realoxamento: "Pon en evidencia que todo aquilo non é unha prioridade para o grupo de goberno".
Os populares tamén afirman, tras a visita, que a zona do parque ten un "pésimo" mantemento e mesmo entraña risco para nenos e maiores porque "desapareceron os valos protectores que o separan da zona de escombros e maleza". Outra das cuestións que apuntan os concelleiros é o rego automático na área recreativa que, segundo explican, comeza ás 17.30 horas "no momento de maior ocupación da zona de xogos, impedindo o uso polos nenos e mollando os cidadáns desprevidos".
|
Dende este blog queremos darlle a benvida o carril bus, unha medida que debe ser a primeira de moitas outras encamiñadas a mellorar o servizo de transporte público, tanto a nivel local coma metropolitano. Entre as melloras necesarias cremos necesaria a creación de máis liñas (un exemplo: a conexión por bus da cidade cos polígonos de Pocomaco e A Grela é lamentable), incorporar máis vehículos por liña, reducir as frecuencias de paso (as frecuencias de 30 minutos son un escándalo), reducción do prezo e por suposto, ampliación do carril bus a outros lugares. Nos últimos días, escoitamos e lemos en varias ocasións, propostas que relacionan o carril bus e a ronda de Outeiro. Realmente, a idea non estaría mal, xa que se trata dunha das arterias da cidade que sempre está colapsada pola dobre fila e que fai da viaxe en bus un auténtico suplicio.
Comprendemos algunhas das posturas dos residentes e comerciantes das zonas de Federico Tapia, Praza de Vigo e Praza de Galicia, xa que elimináronse moitas prazas de estacionamento, así como moitos dos lugares de carga e descarga. Sempre pasa o mesmo, polo ben colectivo da cidade, alguén ten que sufrir os inconvenientes, así que o mellor será que sigan a falar entre as partes implicadas para buscar solucións que fagan que estes incovenientes sexan do menor impacto posible. As queixas da rúa de San Andrés non as acabamos de comprender, pois o carril bus vai por un carril que anteriormente xa tiña unha liña amarela continua que impedía parar ou estacionar.
E relacionando ó noso barrio co carril bus, dicir que a Liña 11 sae dende os Mallos-Sardiñeira e se incorpora ó carril bus á altura da praza de Vigo. A Liña 6/6A pasa pola Avenida de Finisterre, onde remata a Sagrada Familia, e colle o carril bus na praza de Pontevedra. Creemos que ámbalas dúas liñas saen beneficiadas co carril bus, supoñemos que o tempo que nos leva chegar agora ó centro da cidade ou a Monte Alto é menor, claro que dependerá da parada na que nos baixemos. É dicir, se collemos o 6/6A e nos baixamos na praza de Pontevedra, non imos notar nada de nada pero se nos baixamos en Monte Alto, o tempo de chegada debería ser menor. Do mesmo xeito coa liña 11, se nos baixamos antes da praza de Vigo, non se notará nada.
Esta non deixa de ser unha opinión máis, como tantas outras que foron saíndo estes días pola cidade, aquí podedes ler algunhas delas:
http://www.barriodelosrosales.es
http://barriodelventorrillo.blogspot.com
http://agradelorzan.blogspot.com
http://avelensanche.blogspot.com/
E por suposto, destacamos o excepcional traballo que coma sempre realizan no blog http://busurbano.blogspot.com/. Dende a instalación do carril bus, non pararon en ningún momento de traballar para manternos informados de todo canto saía sobre este asunto, por algo seguen a ser para moitos a primeira referencia informativa na cidade sobre o transporte público. ¡Dámoslles un 10 sobre 10!
|
21.09.08 @ 21:05:01. Archivado en Queixas, Reportaxes
É ben sabido que o barrio da Sagrada Familia e Os Mallos ten unha media de idade bastante alto, un barrio no que vive maioritariamente xente maior e que a xuventude vai entrando pouco a pouco. Isto tamén afecta á maior parte dos comercios, eses calificados como "de toda a vida", comercios históricos do barrio xestionados por persoas maiores.
Atopamos na Sagrada Familia que se traspasan negocios que para moitos de nós, levan ahí toda a nosa vida. Os lexendarios ultramarinos da rúa Sagrada Familia, os dous que están na mesma beirarrúa do Centro Social traspásanse ó mesmo tempo. Un deles por xubilación e outro por non poder ser atendido, esperemos que alguén colla o relevo e non permita o peche destes negocios, a zona non sería a mesma sen eles.
Tamén temos noticias de que a sastrería da esquina Sargento Provisional con Nuestra Señora de la Luz traspasa (ou pecha, non o temos claro) por xubilación. Outro dos nosos comercios con maior soleira que pode pechar as portas.
Dos Mallos, da rúa San Luis e próximo a Diego Delicado, chéganos o traspaso doutra tenda de alimentación por xubilación, outra das tendas que aguantaron estoicamente o paso dos anos e a super-competencia dos supermercados, pódelle chegar ó seu fin se nadie se fai cargo dela.
Chega o momento de que a xuventude vaia tomando máis protagonismo e tome as riendas do barrio.
|
28.08.08 @ 14:28:33. Archivado en Queixas
Parece que hai un grupo de menores que se dedica a agredir á xente porque si e sen motivo algún, por simple diversión.
Os sucesos ocorreron na zona comprendida entre a rúa Europa e a praza de San Cristóbal, estes personaxes merodean o establecemento Alacena (moi famoso pola zona e situado na rúa Europa próximo ó cruce coa rúa San Rosendo) e un bar cercano, onde polo visto deben ir celebrar as súas “heroicidades” xa que despois das agresións métense alí coma se non pasara nada, con toda a tranquilidade do mundo.
Temos algún detalle de dúas destas agresións, nunha delas, a unha persoa que saía dun comercio e despois de facerlle burla, soltáronlle un puñetazo e saíron correndo. A outra, primeiro a insultaron dende o exterior doutro establecemento e logo cando saíu, empezaron a pegarlle sen mediar palabra; por sorte non lle fixeron moito dano, coa excepción dunha patada na cabeza.
Algúns apuntan que poden ser os mesmos que comezaron a pegar indiscriminadamente á xente no Orzán fai un mes. Son catro ou cinco menores de idade, un polo menos non debe alcanzar os 15 anos e un deles pode chegar ós 18. Según nos comenta algún dos agredidos, un deles debe medir sobre 1'70, ten o cabelo curto e unha pequena crestilla. Outro era máis alto. Dos demais non ten moito recordo.
>> Sigue...
|
09.07.08 @ 12:33:37. Archivado en Queixas
Ante as dificultades existentes para entrar no devandito local (ten un importante escalón) e sen que ninguén lle pedise nada, o dono espetoulle a un minusválido (cliente de hai moitos anos) que el "por un café non pon unha rampla" e que ademais veu a dicir que tal cousa fai feo ao local. É dicir, antepón que o seu local sexa "bonito" a que un dos seus máis fieis clientes teña facilidades para seguir entrando (reitero o dito de que ninguén lle pediu que puxese unha rampla).
Está claro que para o dono do local en cuestión, os minusválidos non teñen os mesmos dereitos que os demais e non deben recibir o mesmo trato. Non se trata de que sexa obrigatorio poñer unha rampla, se non que un dono dun local non pode dicirlle a un minusválido algo como "por un café non poño unha rampla", é dicir, despreza o diñeiro do cliente que non poida valerse por si só para acceder ao negocio. ¿Isto non é malo para un negocio? ¿Pode un negocio desprezar clientes? ¿Será que ten clientes de sobra? ¿Que fará cando lle marchen moitos máis?
Non é unha obriga que os bares teñan unha rampla para minusválidos, é a súa decisión tela ou non, pero quen a ten dá a imaxe de facerse o máis accesible posible para todos os veciños e é un detalle digno de agradecer. Hai varios bares da zona que teñen a súa rampla para cando un minusválido quere acceder e por suposto, seguen tendo clientes e ninguén se queixa de nada. ¿Ou é que un minusválido non ten dereito a entrar a tomarse un café nos bares do seu barrio da mesma forma que os demais podemos facelo? Por sorte, algúns dos demais bares da zona son un exemplo de comportamento e saber estar ante estas situacións, xa que non dubidaron en construír unha rampla en canto viron que alguén do barrio a podía necesitar para acceder ao seu local.
O local do que falo e ao que acuso de insolidario e de moi mal comportamento, atópase na avenida de Arteixo, na beirarrúa de en fronte a Vioño, a lado da peluquería que abriu hai unhas semanas e leva moitos anos aí, aínda que iso si, polo que vexo cada día ao pasar por diante, cada vez ten menos clientes.
|
23.04.08 @ 13:17:43. Archivado en Queixas, Reportaxes
 Temos unha auténtica marabilla preto do barrio, o parque de Santa Margarita é un dos mellores lugares da cidade para distraerse un pouco entre as árbores, hai momentos en que incluso pensas que non estás nunha cidade. Pero si miramos para o noso barrio, de non ser polo novo parque de vioño, poderiamos dicir que as "zonas verdes" son bastante pobres, ademais de que non queda demasiado ben chamarlle "zona verde" a unhas prazas que teñen maioritariamente cemento. Polo menos as temos, dirán noutros barrios que teñen menos, pero eu opino que xa que as temos, por que no coidalas e melloralas? A praza de San Cristóbal da bastante pena, con elementos do parque en mal estado e farolas esnaquizadas que a deixan case a escuras polas noites. Estarán esperando a que se faga a Intermodal (se é que finalmente se fai aquí) para darlle un arranxo? Moitos somos os que pensamos que arranxar unhas farolas non custa tanto.
A praza da Sagrada Familia sufriu varios cambios desde que eu teño uso de razón, e xa van uns cantos aniños. Ampliáronlle as zonas verdes, pintaron o chan de vermello (hoxe moi decolorido), colocaron a famosa estatua "La Paternidad", bancos, a pista da "chave", uns poucos xogos infantís e a Igrexa da Parroquia de San Rosendo. Mal coidada non é que esté, pero é como se lle faltase algo... e non é o ambiente, os días de bó tempo, a praza énchese de xente dándolle unha moi boa imaxe. A fin de contas é o único lugar de reunión da Sagrada Familia, onde os maiores van tomar o sol e falar entre eles e os rapaces a xogar.
As prazas de Padre Rubinos para pouco valen, sobre todo nos últimos anos que si non é unha e a outra, están en continuas obras nos edificios que as rodean e por tanto, son invadidas pola maquinaria de obra. Anteriormente, a do lado da Farmacia estaba sempre chea de xente nos seus bancos á sombra. Na de enfrente, os rapaces xogando a pelota ou nos mini xogos infantís existentes. En fin, a verdade é que moitas veces en lugar de protestar e exixir o que nos corresponde como veciños que pagamos os nosos impostos e pagamos os soldos dos nosos gobernantes, parece que nos conformamos co pouco que nos den e que por riba temos que estar agradecidos, isto último vai referido sobre todo ó Parque da Sardiñeira que se algún veciño aínda non o viu, recoméndolle que se pase por detrás do Centro Cívico. Moi bonito e todo o que ti queiras, pero é realmente ridículo e pequeno, é incrible que lle chamen parque a iso.
En fin, sempre nos quedará o Parque de Santa Margarita e agora parece que tamén, o parque de Vioño.
|
26.02.08 @ 01:56:31. Archivado en Queixas
Comezo cunha pregunta... e a rehabilitación das vivendas da Sagrada Familia? Nos últimos meses varios políticos paseáronse polo barrio garantindo o investimento e a reforma, anunciando os catro ventos que o diñeiro choverá do ceo e que deixarán as casas dos veciños moi estupendamente, pero... por que estiveron os andamios postos e sen obreiros varios meses?
Por que a estes veciños que tanto se lles ilusionou con que lles van a reformar as súas casas, plantáronlles toda unha construción de ferros, andamios e redes diante das súas fiestras durante varios meses sen que houbera obreiros traballando? Paréceme unha situación profundamente lamentable, sexa de quen sexa a culpa, non se pode deixar así a tal cantidade de veciños e como consecuencia, quen lle garante agora ós demais veciños que non lles vai suceder o mesmo cando vaian reformar as súas casas? Os mesmos políticos que aseguraron que xa estaba todo solucionado? A este paso a rehabilitación da Sagrada Familia vai ser eterna.
Algo mesmo podería dicirse doutra zona da Sagrada Familia, a "Pista Verde", que leva non sei xa cantos meses anunciándose a súa reforma desde o Concello para que todo siga igual. Moitísimos mozos que crecemos no barrio tiñamos esta polideportiva como lugar de encontro e punto onde practicar, o cada vez máis extinguido na cidade, deporte espontáneo, é dicir, aquel que non necesita de planificación ou aluguer previo de infraestrutura para pasar un bo intre entre amigos. Desde fai varios anos, a pista está impracticable coa verxa rota e as porterías desaparecidas entre outras moitas cousas. Será o motivo deste retraso as próximas festas do barrio? O ano pasado celebrouse a festividade de San Rosendo na Pista Verde, con actuacións musicais, churrascada, pulpo e verbena. Será este o motivo do retraso na reforma da Pista Verde? Se hai obras, a festa (1 de Marzo) non se pode realizar...
|
08.02.08 @ 20:44:24. Archivado en Queixas
As queixas plantexadas neste blog sobre o zumbido que impedía durmir ós veciños foi escoitada. Os veciños acudiron a este blog en busca de axuda e parece que algo fomos conseguindo. Ademais da publicación da noticia no blog e en diversos medios de comunicación locais, o asunto foi levado ó pleno polo grupo popular (ver aquí), obtívose a resposta persoal do primeiro Tenente de Alcalde (ver aquí) e finalmente, puxemos en contacto ós veciños co Responsable de Calidade Ambiental do Concello, quen a través da Patrulla Verde da Policía Local intentarán solucionar o problema.
Esperemos que polo ben dos nosos veciños, haxa unha solución na maior brevidade posible.
|
08.02.08 @ 20:38:30. Archivado en Queixas, Políticos
Novas respostas sobre a situación da praza de San Cristóbal. Falábamos aquí da mala situación na que se atopa a iluminación desta praza. Respecto a isto, recibíamos esta resposta dende a web do alcalde e posteriormente, o grupo popular presentaba estas preguntas no pleno do Concello. Estes últimos, os membros do grupo popular, recibiron xa a resposta do Concello e que moi amablemente nos enviaron, aquí a reproducimos:
"Respuesta del Gobierno Municipal a las preguntas presentadas en el Pleno Ordinario de 14 de enero.
Este gobierno municipal realiza un programa de mantenimiento de todos los servicios municipales reponiendo y sustituyendo los materiales y equipamientos desgastados o deteriorados. Se realiza un seguimiento continuado de la situación.
El proyecto de reforma integral de la plaza de San Cristóbal está en fase de redacción."
Esperemos que esa "fase de redacción" non siga sendo "eterna" pois os usuarios da praza e do parking que hai debaixo, levan xa varios anos á espera de solucións.
|
30.11.07 @ 00:15:19. Archivado en Noticias, Queixas
O Concello segue a voltas para intentar darlle algún tipo de mellora á Ronda de Outeiro, que está diariamente colapsada.
Entre os problemas coñecidos é a entrada á Sagrada Familia, o cruce da Ronda de Outeiro coa Avenida de Finisterre, ademais do desvío cara a Grela (dirección subida) onde está a pasarela peonil, pois entre este desvío e a habitual presencia de coches en dobre fila, reducen a un os carrís da Ronda a modo de “embudo”.
Polo visto, según informa o diario Qué!, o Concello ten previsto modificar a rotonda existente no cruce Ronda Outeiro – Avda.Finisterre e asociado a este cambio, está outro que seguro traerá polémica como é a eliminación do xiro á esquerda desde a Ronda de Outeiro cara á Grela por Pasteur, para facer tal cousa, haberá que subir ata a nova rotonda para cambiar de sentido e entrar na Grela. De momento estase estudando a mellor maneira de facelo.
Diario Qué!
|
05.11.07 @ 21:37:25. Archivado en Queixas

O concello modificou o cruce entre a Ronda de Nelle e a Avenida dos Mallos. Para sorpresa dos veciños, os semáforos que permitían o xiro á esquerda á altura do número 17 da Ronda de Nelle foron anulados e o acceso ós Mallos pechado ao tráfico.
A versión do Concello é que con esta esta decisión evitará as retencións que se daban neste punto da Ronda, moi conxestionada a certas horas do día e que bloqueaba o carril esquerdo cando alguén quería xirar cara os Mallos. Según o Concello, despois dun estudio do uso deste carril, sóubose que só un 10% dos viandantes facían esta maniobra.
Cortouse o paso a rúas como a da Falperra, Antonio Viñas, Santander, Paz, "Noya" e travesía de Nelle. Agora para facer tal cousa, hai que acudir ata a "rotonda" existente frente o centro de estudios CaixaGalicia fronte a rúa Ribadavia.
Algúns dos veciños xa mostraron o seu malestar, como se pode ler neste artigo, anunciando movementos para intentar facer cambiar de opinión ó Concello.
Lembra a nova dirección, novo dominio do Blog Barrio dos Mallos:
http://mallos.es
|
:: siguientes >>
|