
25.01.09 @ 23:40:34. Archivado en Noticias, Enquisas
Carril bus na Ronda de Outeiro, supresión dos xiros a esquerda e construcción de rotondas, unha delas xa pensada na Avenida de Arteixo, á altura do Parque de Vioño e o Centro de Saúde.
O Concello estuda ampliar o carril bus e implantar esta vía preferente para autobuses, taxis, motos e bicicletas na avenida do General Sanjurjo e na rolda de Outeiro, neste caso sería cunha vía intermitente. Estase estudiando tamén e supresión dos xiros á esquerda en todas as grandes avenidas da cidade e que funcionan como vías rápidas, incluida a Ronda de Outeiro.
É sabido por todos o caos de tráfico que existe nesta Ronda ó seu paso polo barrio. A concentración de xiros a esquerda en pouco temo e os coches en dobre fila, fan que sexa case intransitable nalgúns momentos do día ao reducirse na práctica a circulación a só un carril. O goberno local fala de rotondas como solución a algúns dos cruces que temos por aquí.
E dentro do estudio de tráfico que tamén se está facendo na Grela, o goberno local espera que se lle indique o lugar máis idóneo para construír unha rotonda na avenida de Arteixo, á altura do parque de Vioño ou do centro de saúde. Entre outras vantaxes, isto suporía aliviar o tráfico na rotonda de Diz, xunto ao parque de bombeiros.
As principais asociacións de veciños do ámbito da rolda de Outeiro así como a asociacións profesionais de taxistas aplauden a posible supresión dos xiros á esquerda nas grandes avenidas da cidade, co que se pretende dar unha maior fluidez ao tráfico rodado. De tódolos xeitos, a maioría recordan que para aplicar esta medida é necesario adoptar outras alternativas.
Outras das medidas que analiza a empresa Acisa para mellorar a circulación viaria nesta zona da cidade é a de transformar un tramo da avenida de Finisterre, en concreto entre a rolda de Nelle e a rolda de Outeiro, como de sentido único de baixada ou subida. Cardador indicou que se están a formular os pros e os contras e que antes de tomar unha decisión haberá que facer moitas simulacións de tráfico e consultaráse cos afectados, especialmente os veciños e os condutores profesionais.
Podes dar a túa opinión aquí.
+Info aquí.
|
09.01.09 @ 15:45:31. Archivado en Noticias
Esta sinal de tráfico (concretamente a de fin de área residencial) foi colocada nas últimas semanas no semáforo do cruce da rúa Sagrada Familia coa Avenida de Arteixo, indica Fin de Área Residencial, o que non sabemos é onde comeza, pois a sinal de inicio non está colocada.
En caso de que finalmente coloquen estas sinais e se comece a cumprir o código de circulación, a zona delimitada pasará a ser considerada "Rúa residencial" e por tanto, según a normativa vixente de tráfico, inclúe unha serie de normas especialmente acondicionadas que están destinadas en primeiro lugar aos peóns e nas que se aplican as normas especiais de circulación seguintes:
- A velocidade máxima dos vehículos está fixada en 20 quilómetros por hora.
- Os condutores deben conceder prioridade aos peóns.
- Os vehículos non poden estacionarse máis que nos lugares designados por sinais ou por marcas.
- Os peóns poden utilizar toda a zona de circulación.
- Os xogos e os deportes están autorizados nela.
- Os peóns non deben estorbar inutilmente aos condutores de vehículos.
|
18.12.08 @ 20:16:38. Archivado en Noticias
"Viches o toro?", "Non era un toro, era un becerro, un boi, pero xa está morto", "Eu oín os disparos", "Había alí 200 persoas", "Estaba a Policía cos perros intentando capturalo"...
Os veciños da Sagrada Familia abraiados e sorprendidos ante a presenza dun becerro polas rúas do barrio. Despois de andar libremente pola zona, a policía abatiuno. Según contan algúns veciños, necesitáronse ata 12 disparos.
Polo que parece, o becerro debeu escapar do matadoiro municipal, situado no cercano polígono da Grela.
+Info en http://mallos.es
|
Vaia día de treboada este sábado con relámpagos e tronos espectaculares, moita choiva e moitísima saraiba! O barrio acabou baixo un manto branco despois da espectacular granizada que caeu a iso das 19h.
Moitos semáforos deixaron de funcionar, algúns deles aínda siguen máis de 14 horas despois.
Podes ver máis imaxes e un vídeo do barrio cuberto por un manto branco aquí.
|
20.11.08 @ 18:37:23. Archivado en Noticias
Sergio y Valerón, jugadores del Dépor, nos envían las siguientes palabras con las que os animan a acudir al Festival Libérate que tendrá lugar mañana viernes 21 a las 20h en el Centro Cívico de Os Mallos, ellos estarán allí.
"Queremos animar desde el blog Barrio de Os Mallos a todos los vecinos para que acudan mañana viernes a las ocho de la tarde al Centro Cívico del barrio al quinto festival "Libérate".
Cualquier iniciativa que se haga para evitar la violencia y por supuesto la violencia de género tendrá todo nuestro apoyo y el de todos los que formamos el Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.
Es importante que contra esta lacra que azota a nuestra sociedad estemos todos unidos. Por eso, tenéis que venir y participar. Evitar la violencia de género es asunto de todos."
*Desde el Blog Barrio dos Mallos damos las Gracias al R.C.Deportivo por habernos facilitado esta comunicación.
Haz click aquí para ver el cartel y toda la información sobre este Festival.
|
Dende este blog queremos darlle a benvida o carril bus, unha medida que debe ser a primeira de moitas outras encamiñadas a mellorar o servizo de transporte público, tanto a nivel local coma metropolitano. Entre as melloras necesarias cremos necesaria a creación de máis liñas (un exemplo: a conexión por bus da cidade cos polígonos de Pocomaco e A Grela é lamentable), incorporar máis vehículos por liña, reducir as frecuencias de paso (as frecuencias de 30 minutos son un escándalo), reducción do prezo e por suposto, ampliación do carril bus a outros lugares. Nos últimos días, escoitamos e lemos en varias ocasións, propostas que relacionan o carril bus e a ronda de Outeiro. Realmente, a idea non estaría mal, xa que se trata dunha das arterias da cidade que sempre está colapsada pola dobre fila e que fai da viaxe en bus un auténtico suplicio.
Comprendemos algunhas das posturas dos residentes e comerciantes das zonas de Federico Tapia, Praza de Vigo e Praza de Galicia, xa que elimináronse moitas prazas de estacionamento, así como moitos dos lugares de carga e descarga. Sempre pasa o mesmo, polo ben colectivo da cidade, alguén ten que sufrir os inconvenientes, así que o mellor será que sigan a falar entre as partes implicadas para buscar solucións que fagan que estes incovenientes sexan do menor impacto posible. As queixas da rúa de San Andrés non as acabamos de comprender, pois o carril bus vai por un carril que anteriormente xa tiña unha liña amarela continua que impedía parar ou estacionar.
E relacionando ó noso barrio co carril bus, dicir que a Liña 11 sae dende os Mallos-Sardiñeira e se incorpora ó carril bus á altura da praza de Vigo. A Liña 6/6A pasa pola Avenida de Finisterre, onde remata a Sagrada Familia, e colle o carril bus na praza de Pontevedra. Creemos que ámbalas dúas liñas saen beneficiadas co carril bus, supoñemos que o tempo que nos leva chegar agora ó centro da cidade ou a Monte Alto é menor, claro que dependerá da parada na que nos baixemos. É dicir, se collemos o 6/6A e nos baixamos na praza de Pontevedra, non imos notar nada de nada pero se nos baixamos en Monte Alto, o tempo de chegada debería ser menor. Do mesmo xeito coa liña 11, se nos baixamos antes da praza de Vigo, non se notará nada.
Esta non deixa de ser unha opinión máis, como tantas outras que foron saíndo estes días pola cidade, aquí podedes ler algunhas delas:
http://www.barriodelosrosales.es
http://barriodelventorrillo.blogspot.com
http://agradelorzan.blogspot.com
http://avelensanche.blogspot.com/
E por suposto, destacamos o excepcional traballo que coma sempre realizan no blog http://busurbano.blogspot.com/. Dende a instalación do carril bus, non pararon en ningún momento de traballar para manternos informados de todo canto saía sobre este asunto, por algo seguen a ser para moitos a primeira referencia informativa na cidade sobre o transporte público. ¡Dámoslles un 10 sobre 10!
|
08.02.08 @ 20:43:11. Archivado en Noticias, Políticos
A consellería remitirá en febreiro ao Concello os expedientes para comezar a ingresar as axudas. A Consellería de Vivenda, que dirixe Teresa Táboas, mostrouse moi satisfeita coa evolución do convenio asinado co Goberno central para rehabilitar o barrio da Sagrada Familia. Segundo confirmaron desde este departamento da Xunta, é moi posible que estea finalizado, «con todas as obras rematadas e as axudas pagadas no prazo fixado».
Devandita data é o 31 de decembro deste ano, pero desde Vivenda recordan que isto non adoita ser o habitual, posto que en moitas ocasións adóitase prorrogar o convenio un ou dous anos, porque non se cumpriron todos os trámites e para que os Concello non perdan estas subvencións.
Le a noticia completa no xornal "La Voz de Galicia".
|
30.11.07 @ 00:15:19. Archivado en Noticias, Queixas
O Concello segue a voltas para intentar darlle algún tipo de mellora á Ronda de Outeiro, que está diariamente colapsada.
Entre os problemas coñecidos é a entrada á Sagrada Familia, o cruce da Ronda de Outeiro coa Avenida de Finisterre, ademais do desvío cara a Grela (dirección subida) onde está a pasarela peonil, pois entre este desvío e a habitual presencia de coches en dobre fila, reducen a un os carrís da Ronda a modo de “embudo”.
Polo visto, según informa o diario Qué!, o Concello ten previsto modificar a rotonda existente no cruce Ronda Outeiro – Avda.Finisterre e asociado a este cambio, está outro que seguro traerá polémica como é a eliminación do xiro á esquerda desde a Ronda de Outeiro cara á Grela por Pasteur, para facer tal cousa, haberá que subir ata a nova rotonda para cambiar de sentido e entrar na Grela. De momento estase estudando a mellor maneira de facelo.
Diario Qué!
|
30.11.07 @ 00:13:58. Archivado en Noticias
A Sagrada Familia - Os Mallos é o lugar escollido para a colocación de dous dos tres novos paneis informativos de tráfico que o Concello instalará na Cidade. O terceiro estará en Alfonso Molina. Aínda non hai prazo de execución pero sí un orzamento máximo que é de 60.000€.
Un dos paneis estará situado na Ronda de Outeiro a carón do Colexio Sagrada Familia, outro estará na Avenida de Arteixo a altura da zona de San Jaime e o terceiro estará en Alfonso Molina preto da Estación de Autobuses.
As pantallas son similares ás xa instaladas no paseo marítimo e informarán tamén da hora, data e temperatura.
La Opinión A Coruña.
|
30.11.07 @ 00:12:44. Archivado en Noticias
A Estación Intermodal volveu saír a escea coa entrevista realizada polo xornal "La Voz de Galicia" ó director de Urbanismo. Nesta entrevista afírmase que a Estación Intermodal estará en San Cristóbal porque será o lugar por onde entre o AVE á cidade, mentres que as vías de San Diego e As Xubias serán utilizadas para o tren de proximidade.
O dato máis curioso é a reforma plantexada da zona da Estación, xa que a creación da Estación Intermodal en San Cristóbal sería unha reforma conxunta que abordaría a actual Estación de RENFE, a Estación de Autobuses e a Praza de Madrid (para que non o saiba, é a praza existente entre ambas estacións, de onde sae a pasarela peatonal verde que cruza Alfonso Molina).
Na citada entrevista, Alfredo cerezales Fernández, Director do área de urbanismo do Concello da Coruña afirma sobre a Intermodal que «Joan Busquets di que debemos situala en San Cristóbal, porque o AVE chegará alí e o lóxico é que se instale, pero queremos abordar todo o espazo da praza de Madrid, a estación de autobuses e San Cristóbal como unha soa peza».
La Voz de Galicia
|
A empresa Acisa leva traballando varios meses e xa podemos ver o resultado nas sinalizacións dalgúns dos cruces da cidade. Xa hai unha morea de novos semáforos 'de pantalla plana' instalados en varios puntos da Coruña, entre eles están os dos Cantóns, Paseo Marítimo, cidade escolar e a través da Ronda de Nelle, chegan o noso barrio.
Son semáforos 'leds', que non utilizan lámpadas, non levan viseras porque o sol non reflexa, e que se converteron no símbolo dun conxunto de medidas que cambiarán, ou iso se pensa, o tráfico da cidade.
>> Sigue...
|
13.11.07 @ 22:48:38. Archivado en Noticias
A Policía Nacional acaba de desarticular unha rede de explotación de traballadores brasileiros encabezada por un pastor evanxelista que ata fai uns días dirixía o culto dunha pequena comunidade relixiosa de Oleiros.
A banda, integrada polo relixioso e tres dos seus parentes, xestionaba unha empresa de construción con sede nos Mallos, na rúa Diego Delicado, que empregaba a inmigrantes brasileiros sen papeis, dáballes de alta na Seguridade Social como cidadáns portugueses e cobráballes 700 euros pola documentación falsa coa que pretendían abrirse camiño para regularizar a súa estancia en España.
Le a noticia completa en La Opinión.
|
:: siguientes >>
|