22.12.08 @ 22:35:28. Archivado en Enquisas

O 1 de marzo de 2009 son as Eleccións ó Parlamento de Galicia e no blog comezamos a curiosear sobre as intencións da poboación, entra no blog e participa na enquisa dando a túa opinión.
|
18.12.08 @ 20:16:38. Archivado en Noticias
"Viches o toro?", "Non era un toro, era un becerro, un boi, pero xa está morto", "Eu oín os disparos", "Había alí 200 persoas", "Estaba a Policía cos perros intentando capturalo"...
Os veciños da Sagrada Familia abraiados e sorprendidos ante a presenza dun becerro polas rúas do barrio. Despois de andar libremente pola zona, a policía abatiuno. Según contan algúns veciños, necesitáronse ata 12 disparos.
Polo que parece, o becerro debeu escapar do matadoiro municipal, situado no cercano polígono da Grela.
+Info en http://mallos.es
|
Vaia día de treboada este sábado con relámpagos e tronos espectaculares, moita choiva e moitísima saraiba! O barrio acabou baixo un manto branco despois da espectacular granizada que caeu a iso das 19h.
Moitos semáforos deixaron de funcionar, algúns deles aínda siguen máis de 14 horas despois.
Podes ver máis imaxes e un vídeo do barrio cuberto por un manto branco aquí.
|
20.11.08 @ 18:37:23. Archivado en Noticias
Sergio y Valerón, jugadores del Dépor, nos envían las siguientes palabras con las que os animan a acudir al Festival Libérate que tendrá lugar mañana viernes 21 a las 20h en el Centro Cívico de Os Mallos, ellos estarán allí.
"Queremos animar desde el blog Barrio de Os Mallos a todos los vecinos para que acudan mañana viernes a las ocho de la tarde al Centro Cívico del barrio al quinto festival "Libérate".
Cualquier iniciativa que se haga para evitar la violencia y por supuesto la violencia de género tendrá todo nuestro apoyo y el de todos los que formamos el Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.
Es importante que contra esta lacra que azota a nuestra sociedad estemos todos unidos. Por eso, tenéis que venir y participar. Evitar la violencia de género es asunto de todos."
*Desde el Blog Barrio dos Mallos damos las Gracias al R.C.Deportivo por habernos facilitado esta comunicación.
Haz click aquí para ver el cartel y toda la información sobre este Festival.
|
03.11.08 @ 21:29:03. Archivado en Reportaxes
Eu faría o mesmo. Despístalos. Marealos coma perdices, agora que comeza a tempada de caza, e aniquilalos igual que fixeron na nosa casa unha vez cun pavo: emborrachalo para que rematase dando voltas arredor de si facéndolle así máis levadeira a extinción. Deixaríalles todo o licor café que desexen para que, embriagados, rosmen e berren alterados contra o que, no seu delirium tremens, son hordas de españois a colonizalos.
Faría o que fai a Rosa Díez: proclamar ben alto e claro que me importa menos ca nada a identidade dos galegos. Faría o que fai Galicia Bilingüe: convertirme en víctima da “imposición lingüística do galego”. Faría o que fai Tojeiro (no o do Cola-Cao, se non o de Gadis e Reganosa): explicarlle aos galegos como deben vivir e o que lles convén. Faría coma máis da metade dos deputados da Xunta de Galicia: esquecerse do que é falar galego e do que eles decidiron bautizar Celga e poñer nun altar o “touriñés”. Faría o mesmo que fai a RAG e evitar sacar dunha vez por todas un diccionario (actualizado) que toda lingua debería ter, con greleiros e buenos incluídos (se teñen integridade abondo apra facelo). Faría como La Voz de Galicia, que máis ca galega parece voceira de segundo que intereses empresariais.
Eu, de querer rematar cun pobo faría por xogar con eles nun tableiro, xa non de xadrez se non de parchís, porque o que conta a día de hoxe non é a intelixencia se non comer aos demais e contar vinte ou trinta, pasar por riba deles, gañar cartos á súa costa e contribuír á degradación consentida. Porque cada vez que reaccionamos ás súas provocacións centrámonos no que a eles lles apetece e xiramos coma Xil Ríos arredor da mesma roda unha e outra vez, a roda do muíño que se chama lingua, que se chama identidade, que se chama medio ambiente, que se chama política, que á fin e ao cabo, se chama cartos.
Eu, despois de ver o sábado a 700 persoas manifestarse pola “libertad lingüística”, vou deixar de facerlle caso a todas esas provocacións, de supeditarme a eles e a deixar de facerlles xogo por texiversadores e por mentireiros. Galiza, Galicia ou o que che pete chamarlle é algo máis ca lingua, pero tamén é lingua, sobre todo é lingua e identidade e cultura (e medio ambiente e oportunidade de negocio e moito máis). E non digo que o que non estea de acordo con todo isto é menos galego, non, o que digo é que é menos coherente, e iso é un indicativo de saúde mental.
Por Besbellinha
(Galiciae)
|
29.10.08 @ 18:06:59. Archivado en Queixas, Reportaxes
Se cremos todo o que anuncian ós nosos gobernantes, o barrio está en pleno proceso de cambios que farán que aqueles que leven moitos anos sen pasarse por aquí case non recoñezan algúns dos lugares que se modificarán.
A rehabilitación da Sagrada Familia segue ó seu curso, máis que lento e con multitude de problemas, pero hai que dicir que os edificios están a cambiar moito (polo menos por fora) e para ben. Esperemos que cando rematen, valera a pena tanta penuria e tantos problemas por mor das obras.
Únese a isto a esperadísima reforma da Pista Verde, que parece que incluso agora vai ser un lugar "idílico" para toda a familia, pero como nos custa crer ós políticos ata que vemos as cosas feitas, esperaremos a ver como queda para opinar. Preto de alí, suponse que en breve comezará a construcción do parking na praza da Sagrada Familia, por suposto, con polémica, debido ás queixas de veciños pola forma de adxudicar as prazas e outros que se acaban de enterar deste proxecto.
Dos Mallos temos a recente promesa da reforma de Angel Senra, incluso veu o a alcade ata aquí a facer un "mitin", perdón, a presentar a reforma "in situ" anunciando que a rúa será realmente peonil o próximo ano, unha peatonalización que inclúe a Francisco Catoira, iso sí, con queixas veciñais por esta última xa que din que os residentes non foron consultados. Dentro desta reforma, parece ser que tamén inclúe a Praza de Madrid, de onde sae a pasarela peonil verde que cruza Alfonso Molina.
A Intermodal segue a voltas e cada vez apunta con maior forza a San Cristóbal, con varias ideas e formas de como facela que van saíndo de cando en vez. O único que parece claro é que levará un centro comercial, que se reformará a praza de San Cristóbal e se arranxarán os baches da Ronda de Outeiro ó seu paso por esta zona.
E todo isto con Vioño ahí, rematando (moi lentamente) a súa gran transformación, de aldea a urbanización con parque. ¿Estará rematado no primeiro trimestre do 2009 como algúns nos dixeron? Polo menos algúns dos edificios parece que si.
Todo moi ben pero, ¿e o Agra dos Mallos? Segue en estado de abandono.
|
23.10.08 @ 21:06:00. Archivado en Políticos
Foi chegar o outono e comezar de novo a intensa vida política desta cidade, que non descansa nunca, polo menos se falamos de polémicas e discusións varias. Problemas coa auga do grifo, coa viaxe ós EEUU, a lingua, a memoria histórica e unha morea asuntos máis que demostran a vida desta cidade, cuia poboación leva toda decisión política aos máis altos niveis de crítica e discusión, forzando en moitas ocasións ós seus gobernantes a rectificar nas súas posicións.
O que está claro na Coruña, e por iso os coruñeses deberían sentirse orgullosos, é que o goberno municipal de turno intenta moitas veces esconder algunhas decisións, ideas ou proxectos de dubidosa legalidade, moral ou ética, porque saben que se saen á luz, os veciños non se calarán, iso si, a favor ou en contra, pero non se calarán.
Exemplos temos dabondo nas últimas semanas e meses. O asunto "Penamoa" foi, e segue, dando tumbos por mor da constante vixilancia veciñal que non acepta solucións improvisadas ou chapuceiras a este problema creado e permitido polos gobernos muncipais e autonómicos dende hai moitos anos.
A viaxe á cidade da Estatua da Liberdade causou gran marexada na cidade polo espectacular gasto que conlevou, os viaxes en primeira clase e aloxamento en hoteis de luxo non gustou nada ós veciños, aínda que políticamente a discusión acabou moi pronto, xa que a oposición introduciu a discusión sobre o topónimo coruñés para desviar a atención e non verse salpicada, cousa que non conseguiu, xa que o asunto aínda colea entre as xentes desta terra.
O problema da auga continua, aquí no barrio moitos non notamos nada, aínda que algúns dixeron que non saía ben como antes. Polo que sae na prensa, podemos dicir que a auga sae en moitos lugares turbia e con mal cheiro, pero os políticos actúan á súa maneira desesperando á poboación. O alcalde defendendo a calidade da auga en lugar de exixir averiguar de inmediato o que sucede, o tenente de alcalde primeiro dicindo o mesmo, e despois contradicindo ó alcalde porque as protestas cidadás fan que o seu partido na comarca ataque ó Concello.
O director de Emalcsa faise unhas fotos en La Voz de Galicia probando a auga de diferentes barrios, unha "pose" ó máis puro estilo dos políticos, que pareza que fai algo, e para rematar, a oposición coruñesa lia máis o asunto meténdolle medo ós coruñeses sobre o mal que está a auga. Os que teñen que solucionar o tema son os técnicos de Emalcsa e Augas de Galicia, coas análisis que extraian nas zonas afectadas e despois dicir o que pasa realmente coa auga, aos políticos nin caso, eles siguen co seu "xogo político" para intentar facerlle dano ó outro e gañar, ou perder o menor número posible de votos.
|
21.10.08 @ 09:08:54. Archivado en Reportaxes
Os Museos Científicos Coruñeses organizaron o mes pasado un pase especial para blogueiros do documental "Dinosauros 3D" e o Blog Barrio dos Mallos foi un dos invitados.
Todo comezou a iso das 20h30 na Domus, cada un coas súas "gafas" ocupamos ó noso sitio na sala na que anteriormente proxectábanse películas en IMAX. O director dos Museos, Xosé A. Fraga, dedicou unhas palabras para comezar a sesión; entre outras cousas, agradeceunos a nosa presencia, pediunos que falaramos sobre o que veriamos esa noite nos nosos medios e presentounos ó responsable da empresa coruñesa (Enxebre) encargada de instalar o sistema 3D na Domus, Enrique Criado, quen levou adiante unha interesante presentación sobre a tecnoloxía 3D, o seu pasado, o seu futuro e unha sinxela explicación de como funciona.
Parece que estamos nun tempo no que o Cine 3D vai recuperar o protagonismo que tivo fai unhas décadas, en España estanse a crear, cada vez máis rápido, novas salas preparadas para esta tecnoloxía e que de momento a da Domus é a única de Galicia, de 22 que hai en toda España.
Despois da presentación, vimos unha pequena, sorprendente e divertida curtametraxe elaborada por Enxebre e logo veu a película, Xigantes da Patagonia, un interesante documental sobre os dinosauros que viviron na Patagonia Arxentina. Recoméndovos que vaiades a velo, estes son os horarios e prezos.
Unha vez rematada a proxección tocou sesión de preguntas, e despois, os blogueiros tivemos todo un luxo: tomar uns pinchos na Domus con vistas á bahía coruñesa. Mentres, os blogueiros coruñeses falaban entre si amigablemente, moitos dos cales coñecéndonos por primeira vez.
Outra iniciativa máis, outro punto máis que se anotan os museos científicos coruñeses, sempre buscando a forma de que a Ciencia chegue a todos.
Podes ler máis opinións doutros bloggers que asistiron neste outro post.
|
07.10.08 @ 00:08:05. Archivado en Queixas, Políticos
Varios concelleiros do Partido Popular visitaron o barrio dos Mallos a semana pasada e volveron demandar ó goberno local que desenvolva o polígono APE F9.01, situado arredor do centro cívico e onde se manteñen unhas casas en estado lamentable, que alí quedaron tras a construción do centro cívico e o parque da zona. De todos os inmobles, oito permanecen habitados aínda que nalgúns casos non teñen conexión á rede pública de abastecemento de augas e en ningún á rede de sumidoiros, verquendo as augas residuais a pozos negros.
En 2007, a preguntas do grupo municipal do PP, o executivo municipal aseguraba que se "posibilitará o acceso destas familias a outras vivendas, ben por expropiación forzosa, ben por ocupación directa. Non obstante, un ano despois, denuncia o grupo liderado por Carlos Negreira, os veciños da zona seguen sen ter noticias dun realoxamento: "Pon en evidencia que todo aquilo non é unha prioridade para o grupo de goberno".
Os populares tamén afirman, tras a visita, que a zona do parque ten un "pésimo" mantemento e mesmo entraña risco para nenos e maiores porque "desapareceron os valos protectores que o separan da zona de escombros e maleza". Outra das cuestións que apuntan os concelleiros é o rego automático na área recreativa que, segundo explican, comeza ás 17.30 horas "no momento de maior ocupación da zona de xogos, impedindo o uso polos nenos e mollando os cidadáns desprevidos".
|
Dende este blog queremos darlle a benvida o carril bus, unha medida que debe ser a primeira de moitas outras encamiñadas a mellorar o servizo de transporte público, tanto a nivel local coma metropolitano. Entre as melloras necesarias cremos necesaria a creación de máis liñas (un exemplo: a conexión por bus da cidade cos polígonos de Pocomaco e A Grela é lamentable), incorporar máis vehículos por liña, reducir as frecuencias de paso (as frecuencias de 30 minutos son un escándalo), reducción do prezo e por suposto, ampliación do carril bus a outros lugares. Nos últimos días, escoitamos e lemos en varias ocasións, propostas que relacionan o carril bus e a ronda de Outeiro. Realmente, a idea non estaría mal, xa que se trata dunha das arterias da cidade que sempre está colapsada pola dobre fila e que fai da viaxe en bus un auténtico suplicio.
Comprendemos algunhas das posturas dos residentes e comerciantes das zonas de Federico Tapia, Praza de Vigo e Praza de Galicia, xa que elimináronse moitas prazas de estacionamento, así como moitos dos lugares de carga e descarga. Sempre pasa o mesmo, polo ben colectivo da cidade, alguén ten que sufrir os inconvenientes, así que o mellor será que sigan a falar entre as partes implicadas para buscar solucións que fagan que estes incovenientes sexan do menor impacto posible. As queixas da rúa de San Andrés non as acabamos de comprender, pois o carril bus vai por un carril que anteriormente xa tiña unha liña amarela continua que impedía parar ou estacionar.
E relacionando ó noso barrio co carril bus, dicir que a Liña 11 sae dende os Mallos-Sardiñeira e se incorpora ó carril bus á altura da praza de Vigo. A Liña 6/6A pasa pola Avenida de Finisterre, onde remata a Sagrada Familia, e colle o carril bus na praza de Pontevedra. Creemos que ámbalas dúas liñas saen beneficiadas co carril bus, supoñemos que o tempo que nos leva chegar agora ó centro da cidade ou a Monte Alto é menor, claro que dependerá da parada na que nos baixemos. É dicir, se collemos o 6/6A e nos baixamos na praza de Pontevedra, non imos notar nada de nada pero se nos baixamos en Monte Alto, o tempo de chegada debería ser menor. Do mesmo xeito coa liña 11, se nos baixamos antes da praza de Vigo, non se notará nada.
Esta non deixa de ser unha opinión máis, como tantas outras que foron saíndo estes días pola cidade, aquí podedes ler algunhas delas:
http://www.barriodelosrosales.es
http://barriodelventorrillo.blogspot.com
http://agradelorzan.blogspot.com
http://avelensanche.blogspot.com/
E por suposto, destacamos o excepcional traballo que coma sempre realizan no blog http://busurbano.blogspot.com/. Dende a instalación do carril bus, non pararon en ningún momento de traballar para manternos informados de todo canto saía sobre este asunto, por algo seguen a ser para moitos a primeira referencia informativa na cidade sobre o transporte público. ¡Dámoslles un 10 sobre 10!
|
21.09.08 @ 21:05:01. Archivado en Queixas, Reportaxes
É ben sabido que o barrio da Sagrada Familia e Os Mallos ten unha media de idade bastante alto, un barrio no que vive maioritariamente xente maior e que a xuventude vai entrando pouco a pouco. Isto tamén afecta á maior parte dos comercios, eses calificados como "de toda a vida", comercios históricos do barrio xestionados por persoas maiores.
Atopamos na Sagrada Familia que se traspasan negocios que para moitos de nós, levan ahí toda a nosa vida. Os lexendarios ultramarinos da rúa Sagrada Familia, os dous que están na mesma beirarrúa do Centro Social traspásanse ó mesmo tempo. Un deles por xubilación e outro por non poder ser atendido, esperemos que alguén colla o relevo e non permita o peche destes negocios, a zona non sería a mesma sen eles.
Tamén temos noticias de que a sastrería da esquina Sargento Provisional con Nuestra Señora de la Luz traspasa (ou pecha, non o temos claro) por xubilación. Outro dos nosos comercios con maior soleira que pode pechar as portas.
Dos Mallos, da rúa San Luis e próximo a Diego Delicado, chéganos o traspaso doutra tenda de alimentación por xubilación, outra das tendas que aguantaron estoicamente o paso dos anos e a super-competencia dos supermercados, pódelle chegar ó seu fin se nadie se fai cargo dela.
Chega o momento de que a xuventude vaia tomando máis protagonismo e tome as riendas do barrio.
|
28.08.08 @ 14:28:33. Archivado en Queixas
Parece que hai un grupo de menores que se dedica a agredir á xente porque si e sen motivo algún, por simple diversión.
Os sucesos ocorreron na zona comprendida entre a rúa Europa e a praza de San Cristóbal, estes personaxes merodean o establecemento Alacena (moi famoso pola zona e situado na rúa Europa próximo ó cruce coa rúa San Rosendo) e un bar cercano, onde polo visto deben ir celebrar as súas “heroicidades” xa que despois das agresións métense alí coma se non pasara nada, con toda a tranquilidade do mundo.
Temos algún detalle de dúas destas agresións, nunha delas, a unha persoa que saía dun comercio e despois de facerlle burla, soltáronlle un puñetazo e saíron correndo. A outra, primeiro a insultaron dende o exterior doutro establecemento e logo cando saíu, empezaron a pegarlle sen mediar palabra; por sorte non lle fixeron moito dano, coa excepción dunha patada na cabeza.
Algúns apuntan que poden ser os mesmos que comezaron a pegar indiscriminadamente á xente no Orzán fai un mes. Son catro ou cinco menores de idade, un polo menos non debe alcanzar os 15 anos e un deles pode chegar ós 18. Según nos comenta algún dos agredidos, un deles debe medir sobre 1'70, ten o cabelo curto e unha pequena crestilla. Outro era máis alto. Dos demais non ten moito recordo.
>> Sigue...
|
30.07.08 @ 03:56:24. Archivado en Reportaxes
Unha das cousas que máis nos chamou a atención cando fixemos a lista de rúas do barrio, cada unha delas coa súa situación en plano e cunha foto, foi a cantidade que hai con nomes que non se axustan a realidade pero que mantemos no blog por ser a forma "oficial" utilizada polo Concello. Non é un problema que necesite dunha urxente atención, pero xa que o Goberno municipal vai facer algo ó respecto, podemos dar ás nosas impresións.
Existen no barrio rúas adicadas á Igrexa (maioritariamente como Sagrada Familia, San Rosendo, San Jaime, etc.), a persoeir@s ilustres (Ángel Senra, Sofía Casanova, Eusebio da Guarda, etc.), a lugares de Galicia (Puentedeume, Noya, etc.), outras con orixe histórico pola zona na que está (Avenida da Sardiñeira, etc.), etc. Están todas escritas en castelán, o cal non debería ser un problema porque todos nos entendemos e ademais, xa estamos todos afeitos a eses nomes. Pero resulta que atopamos casos que non estaría mal que cambiasen por non axustarse á realidade.
Así aparecen nos nomes das rúas do barrio casos coma o da Avenida de Arteijo, Puentedeume, Baldayo, Noya, Río Jallas, Río Allones ou Río Arnoya; que deberían ser cambiados por Avenida de Arteixo, Pontedeume, Baldaio, Noia, Río Xallas, Río Anllóns e Río Arnoia.
É curioso que entrando á cidade pola Grela, deixemos atrás ó Concello de Arteixo (tal e como indican todas as sinais de tráfico da zona, ademais dos propios veciños) para acceder á Coruña pola Avenida de "Arteijo". Coñecía de hai moitos anos ó Río Anllóns, pero tiven que investigar por internet para saber que o río "Allones" refírese ó mesmo río, que para quen non o saiba, pasa por Carballo entre outros lugares. ¿E se pregunto polo Río "Jallas" en Santa Comba? Creo que me iban mirar moi mal na chamada Comarca do Xallas.
Iso si, a pesar destes pensamentos que escribo por aquí e sen menosprezar aos que consideran fundamental realizar estes cambios (cada un é libre de pensar o que queira), realmente este non é máis que un "problema" menor, existen cousas máis importantes que arranxar polo barrio na procura da mellor vida posible para os veciños.
|
"#13 (Trece)"
#13 nace allá por el 2006 en la calle agra del orzán, a raíz de una disputa sobre la trashumancia. Este hecho marca por completo a sus cuatro integrantes y a finales de 2007, tras un año de ensayos y trabajo, el sello discográfico independiente Armytown edita su primer disco: "Nodoyunegan". La úlima vez que se les vio juntos iban con los instrumentos a cuestas por la calle San José.
Escúchalos en:
http://www.myspace.com/meque13
Le máis aquí.
"Frances Lerouge"
Dende Os Mallos chega "Frances Lerouge". O proxecto de Frances Lerouge é o traballo multiconceptual inspirado nos sentimentos, sensacións e pensamentos vividos no día a día, feitos electrónica. Baseado nas melodías do trance e os sons minimal, o electro, o techno e o progg poden ser perfectos para tranpostar un bó tema.
www.franceslerouge.com
Le máis aquí.
"Full Stop"
Full Stop se formó en A Coruña (Galicia - España) en 2007. Las primeras ideas del grupo van tomando forma en El Taller, Meicende, lugar en el cual comienzan sus ensayos. Acaban de grabar algunos temas en "RunaRecords" (A Coruña), donde ensayan actualmente.
Escúchalos en:
http://www.myspace.com/fullstopweb
Le máis aquí.
"Guillermo Lancelotti"
Soy del 64, y me inicié como trompetísta a los 15 años, mi ciudad se llama Bahía Blanca, antiguamente le decían la capital del sur y del baloncesto y se encuentra a poco más de 700km de la capital Buenos Aires, Argentina. Ahora resido en La Coruña. formamos "Mr. Dixie Bop", trío que da inicio a la "Mr. Dixie Jazz Band", la cual ha participado en innumerables Festivales, tales como el "French Quartet Festival" de Nueva Orleáns , "Dixieland" de Tarragona y Alcudia (Mallorca) los tres en el año 2002. Junto a mi pareja mantenemos con vida un gran sótano que se ha convertìdo en un gran club de jazz el cual se encuentra también en esta ciudad (La Coruña) y se llama Jazzvides.
http://www.myspace.com/guillelancelotti
Le máis aquí.
"alDDao"
Lucía Aldao e Diego Delgado son alDDao, un novo son electrónico que hipnotiza e que veñen a encher eses ocos que aínda quedan neste tipo de música. Lucía Aldao ten unha recoñecida traxectoria como poeta e agora canta e ademais, é dos Mallos.
Visita o seu MySpace:
http://www.myspace.com/alddao
Le máis aquí.
"Los Santos"
Estos tres jóvenes se conocieron en el seminario compostelano y decidieron abandonarlo para formar un grupo de rock and roll, de ahí su nombre: LOS SANTOS. Autoproclamados "la banda que mejor f*ll* de Coruña", Los Santos son un trío de punk-twist. LLevan cuatro años dejándose la piel en cada concierto y ganándose la fama de la banda más salvaje y exquisita del underground gallego.
Escucha sus canciones en:
http://www.myspace.com/putossantos
Le máis aquí.
|
09.07.08 @ 12:33:37. Archivado en Queixas
Ante as dificultades existentes para entrar no devandito local (ten un importante escalón) e sen que ninguén lle pedise nada, o dono espetoulle a un minusválido (cliente de hai moitos anos) que el "por un café non pon unha rampla" e que ademais veu a dicir que tal cousa fai feo ao local. É dicir, antepón que o seu local sexa "bonito" a que un dos seus máis fieis clientes teña facilidades para seguir entrando (reitero o dito de que ninguén lle pediu que puxese unha rampla).
Está claro que para o dono do local en cuestión, os minusválidos non teñen os mesmos dereitos que os demais e non deben recibir o mesmo trato. Non se trata de que sexa obrigatorio poñer unha rampla, se non que un dono dun local non pode dicirlle a un minusválido algo como "por un café non poño unha rampla", é dicir, despreza o diñeiro do cliente que non poida valerse por si só para acceder ao negocio. ¿Isto non é malo para un negocio? ¿Pode un negocio desprezar clientes? ¿Será que ten clientes de sobra? ¿Que fará cando lle marchen moitos máis?
Non é unha obriga que os bares teñan unha rampla para minusválidos, é a súa decisión tela ou non, pero quen a ten dá a imaxe de facerse o máis accesible posible para todos os veciños e é un detalle digno de agradecer. Hai varios bares da zona que teñen a súa rampla para cando un minusválido quere acceder e por suposto, seguen tendo clientes e ninguén se queixa de nada. ¿Ou é que un minusválido non ten dereito a entrar a tomarse un café nos bares do seu barrio da mesma forma que os demais podemos facelo? Por sorte, algúns dos demais bares da zona son un exemplo de comportamento e saber estar ante estas situacións, xa que non dubidaron en construír unha rampla en canto viron que alguén do barrio a podía necesitar para acceder ao seu local.
O local do que falo e ao que acuso de insolidario e de moi mal comportamento, atópase na avenida de Arteixo, na beirarrúa de en fronte a Vioño, a lado da peluquería que abriu hai unhas semanas e leva moitos anos aí, aínda que iso si, polo que vexo cada día ao pasar por diante, cada vez ten menos clientes.
|
19.06.08 @ 00:22:35. Archivado en Reportaxes
Aproxímase o San Xoán e polo barrio xa comezan a aparecer os primeiros anuncios de "festa". Chégannos noticias de que haberá sardiñadas en diferentes bares e cafeterías da Sagrada Familia, arredores de Angel Senra, na Sardiñeira e algunhas outras zonas que seguro se nos escapan. Estas sardiñadas repártense entre o venres, o sábado e, como non, o luns como día propio da festa, pero iso sí, estade atentos a vosa zona xa que hai sardiñadas que piden aos que acudan anotarse antes, senón, non se poderá participar nela.
Unha das cousas máis típicas do San Xoán coruñés e esa bonita tradición de que os clientes habituais dun negocio soen estar invitados a tomar as sardiñas xunto coa consumición, incluso nalgures, todos os asistentes á sardiñada (incluidos os clientes non habituais) teñen sardiña gratis coa consumición. Nalgunha sardiñada do barrio tamén sucede así; según se aproxima o día sinalado, é normal ver como algúns dos donos dos bares/cafeterías van invitando ós clientes habituais a acudir á sardiñada de San Xoán, non se di nada, pero queda claro que o cliente está invitado ás sardiñas; o que non é cliente terá que pagalas, pero tamén disfrutará da festa. Unha boa forma de devolverlle ós clientes de todos os días a súa fidelidade, ogallá o fixeran moitos máis! Por suposto, unha cousa é que te inviten a un par de sardiñas e outra que creas que tes dereito a que te dean de cear gratis, un detalle é un detalle, non te pases pedindo!!
O que non sabemos é se terá lugar a queima dalgunha fogueira, anos atrás era habitual ver algunha na zona de Vioño (era espectacular a concentración de xente que había antigamente na gran sardiñada que se facía aquí, acompañada dunha gran fogueira), en San Jaime, no descampado da Avenida de Arteixo e algunha que outra perdida polo barrio. Hoxe en día, moitos dos lugares utilizados para fogueiras do barrio xa non están utilizables para iso, así que é toda unha icógnita saber se haberá algunha, aunque a zona de San Jaime e o descampado da Avenida de Arteixo si tiveron fogueiras non fai moito.
Así que xa sabedes, a comer sardiñas polo barrio este venres, sábado e o luns tamén, que aínda que vaiades a Riazor, davos tempo de sobra a picotear polo barrio antes de partir, dígovolo eu que o fago todos os anos.
|
11.06.08 @ 15:33:47. Archivado en Reportaxes
Se falamos de bares, cafeterías, mesóns e restaurantes poderíamos non acabar nunca! Todos coñecemos no barrio os grandes puntos de encontro, aqueles que sempre están cheos de xente tomándose un cafeliño (aquí si se cumple aquilo de ZP, moitos bares manteñen o prezo do café por baixo dos 0,90€), un vermú e o cada vez máis habitual entre os nosos bares, un "pincho" cortesía do establecemento. Estos pinchos van dende algunha tapa (tortilla, ensaladilla, callos, embutidos, etc.) ata un interesante prato de patacas fritidas, aceitunas ou froitos secos. Cervecerías ou bares de sempre, moitos incluso "compiten" a ver quen da máis fútbol e con maiores medios; as pantallas xigantes e as novas televisións de plasma son as habituais inversións deste locais para atraer ós veciños. Nalgún dos bares do barrio pódese ver todos os partidos, incluso de equipos minoritarios ou extranxeiros. Nos últimos tempos apareceron novos locais de "marcha", algúns deles etiquetados por moitos como "alternativos", que trouxeron a música en directo ó noso barrio.
Pódese comer de todo e con variedade de prezos en calquera punto do barrio. Menús dende 6€, pratos combinados e racións a partir de 4€, bocadillos e hamburguesas a moi bó prezo (temos unha das hamburgueserías con maior sona da cidade, está fronte a Audiencia e as colas para pedir son moitas veces escandalosas), pizzerías (é xa célebre a da Ronda polo seu 2x1 en pizzas), tamén podes atopar no barrio locales con comida chinesa, thailandesa, xaponesa, hindú e algunha que outra nacionalidade que se nos escapa. E dentro das especialidades, destacan as parrilladas dedicadas ó churrasco e por suposto, o pulpo: temos as pulpeiras máis famosas da cidade, a escasos metros unha da outra na Ronda de Outeiro, Melide e Arzúa compiten por levarse a clientela, e non son as únicas, ata 3 ou 4 pulpeiras máis temos pola mesma zona.
Sabías que no barrio podes tomarte un chocolate con churros a calquera hora do día? Pois sí, temos unha "chocolatería" que cada vez ten máis xente, entre Ramón Cabanillas e Eusebio da Guarda, é o único local de hostelería deste tramo da rúa San Vicente que nos últimos anos consegueu converterse nun éxito de xente case a diario.
E así podo ir rematando este resumo sobre o que se pode atopar no barrio, saíu un texto non demasiado curto a pesar de que non contei nin o 1% do que se debería. O mellor é que saiades a pasear polo barrio e descubrilo vós pola vosa conta, non permitades que pechen os negocios porque son os que lles dan vida ás nosas rúas, e se de algo podemos presumir no barrio, é do excepcional movemento e ambiente que temos por aquí.
|
05.05.08 @ 09:45:53. Archivado en Reportaxes
Porque un barrio sen comercio non ten vida. Un dos grandes motivos que fan do noso barrio algo especial, cun gran movemento e ambiente, é o pequeno comercio. O Barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación está plagado (nunhas partes máis ca outras) de negocios de diferentes sectores. Por que insistes en mercar nos grandes centros comerciais cando posiblemente recibas unha mellor atención no teu barrio? Incluso, é posible que algunhas das cousas estean máis baratas por aquí, sexan de maior calidade e incluso que atopes cousas que noutro lugar non habería. Ademais, vendo como están de tristes e solitarias algunhas rúas do barrio ó non ter negocios, é fundamental axudar a que estes non desaparezan, pois cantos máis comercios máis vida para as rúas. Fai uns anos eu era un mais dos habituais nos centros comerciais ata que comprobei en primeira persoa as vantaxes de mercar no barrio. Nos últimos tempos, toda festividade que mereza un agasallo pola miña parte, sae dalgún comercio do barrio e fiel ó meu estilo, os agasallos soen ser orixinais, nunca repetidos e con gran éxito entre os agasallados.
Temos moitísimas tendas de alimentación onde podes mercar case calquera cousa, dende modernas tendas especializadas nalgún producto ata as lexendarias e antigas tendas de ultramarinos de sempre que permanecen abertas. Carnicerías, charcuterías, fruterías, pescaderías, fornos e panaderías, pastelerías e incluso, novas tendas especializadas en productos dunha determinada rexión. A moda tamén pasa polo barrio, a pesar de non ter as grandes firmas do textil, temos unha morea de tendas de roupa e calzado, mercerías, sastres e zapateiros, con variedade de prezos para todos os gustos, si te paras nalgunha destas tendas seguro que te sorprenden, pois é moi probable que atopes algo que che guste.
No apartado técnico e tecnolóxico, temos tamén negocios en cada esquina. Ferreterías, electricidade, electrónica, informática, electrodomésticos, etc.. e neste caso, si contamos no barrio con grandes marcas e algunha que outra multinacional. Si, quen iba dicir que na Sagrada Familia teríamos toda unha multinacional, sen menospreciar por suposto, os demais negocios. Temos concesionarios, sabías que Renault vende coches en Ramón Cabanillas? O que tampouco falta son talleres de coches onde poder levar o teu, trato amable i eficaces no seu traballo. Pechou por xubilación na Sagrada Familia o Fotógrafo "Villalba", toda unha lenda na zona e de aquí en diante se lle botará de menos nas celebracións do barrio, onde estaba sempre presente coa súa cámara. Pero o barrio non queda orfo destes profesionais, estudios fotográficos e de calidade temos uns cantos, tanto na Sagrada coma nos Mallos.
Ademais, temos no barrio tendas que nos venden cousas que noutro lugar non atopariamos, almacéns, tendas de liquidación, especializacións sorprendentes, outras que venden todo tipo de artefactos, etc. Da unha volta pola zona e descubrirás establecementos curiosos, interesantes e que non esperabas encontrar por aquí.
O dito, para que o barrio manteña a súa vida non deberías ter ós grandes centros comercias como eixo das túas compras, é esencial que merques tamén no pequeno comercio.
|
23.04.08 @ 13:17:43. Archivado en Queixas, Reportaxes
 Temos unha auténtica marabilla preto do barrio, o parque de Santa Margarita é un dos mellores lugares da cidade para distraerse un pouco entre as árbores, hai momentos en que incluso pensas que non estás nunha cidade. Pero si miramos para o noso barrio, de non ser polo novo parque de vioño, poderiamos dicir que as "zonas verdes" son bastante pobres, ademais de que non queda demasiado ben chamarlle "zona verde" a unhas prazas que teñen maioritariamente cemento. Polo menos as temos, dirán noutros barrios que teñen menos, pero eu opino que xa que as temos, por que no coidalas e melloralas? A praza de San Cristóbal da bastante pena, con elementos do parque en mal estado e farolas esnaquizadas que a deixan case a escuras polas noites. Estarán esperando a que se faga a Intermodal (se é que finalmente se fai aquí) para darlle un arranxo? Moitos somos os que pensamos que arranxar unhas farolas non custa tanto.
A praza da Sagrada Familia sufriu varios cambios desde que eu teño uso de razón, e xa van uns cantos aniños. Ampliáronlle as zonas verdes, pintaron o chan de vermello (hoxe moi decolorido), colocaron a famosa estatua "La Paternidad", bancos, a pista da "chave", uns poucos xogos infantís e a Igrexa da Parroquia de San Rosendo. Mal coidada non é que esté, pero é como se lle faltase algo... e non é o ambiente, os días de bó tempo, a praza énchese de xente dándolle unha moi boa imaxe. A fin de contas é o único lugar de reunión da Sagrada Familia, onde os maiores van tomar o sol e falar entre eles e os rapaces a xogar.
As prazas de Padre Rubinos para pouco valen, sobre todo nos últimos anos que si non é unha e a outra, están en continuas obras nos edificios que as rodean e por tanto, son invadidas pola maquinaria de obra. Anteriormente, a do lado da Farmacia estaba sempre chea de xente nos seus bancos á sombra. Na de enfrente, os rapaces xogando a pelota ou nos mini xogos infantís existentes. En fin, a verdade é que moitas veces en lugar de protestar e exixir o que nos corresponde como veciños que pagamos os nosos impostos e pagamos os soldos dos nosos gobernantes, parece que nos conformamos co pouco que nos den e que por riba temos que estar agradecidos, isto último vai referido sobre todo ó Parque da Sardiñeira que se algún veciño aínda non o viu, recoméndolle que se pase por detrás do Centro Cívico. Moi bonito e todo o que ti queiras, pero é realmente ridículo e pequeno, é incrible que lle chamen parque a iso.
En fin, sempre nos quedará o Parque de Santa Margarita e agora parece que tamén, o parque de Vioño.
|
17.04.08 @ 09:20:57. Archivado en Reportaxes
 Segundo as enquisas feitas neste blog, o parque de Vioño gústalle ó 70% dos participantes en dita enquisa, recibindo unha puntuación media de 3 sobre 5. A miña opinión? Pois non está nada mal, aínda que teremos que esperar moito máis tempo para ver realmente como queda. Analizando o parque en sí, creo que non está mal pensado, con esas " dunas" que son unha marabilla para deitarse a tomar o sol (podo aseguralo porque xa o probei); o peor de todo coma sempre son os cans e a " materia" que deixan polo parque sen que os donos se preocupen de limpar, si xa sei, non son todos os donos pero é que cada vez que abren unha zona verde na cidade, os primeiros en chegar son os donos de cans!! Menos mal que cada vez son máis os que recollen o que deixa o seu can.
Tamén temos a auga que emerxe do chan, que será de gran utilidade os días de moita calor e que mentras, volverá tolas as nais intentando que os fillos non se metan por alí! Tamén se nota que hai moi poucas árbores en condicións, é dicir, a maior parte delas están recén plantadas así que tardarase moito en ver un gran parque con frondosas árbores que nos den algo de sombra, xa que haberá días en que se necesite. Din que lle falta xogos infantís, pode ser certo pero iso é algo habitual nos parques da cidade, quizais un par de columpios de toda a vida non lle viñan mal. Tampouco lle viña mal un maior coidado dos históricos hórreos e pozos existentes, o vandalismo xa destrozou a porta dun deles. O maior lamento que teño é cando me poño a pensar en como sería se o parque ocupase toda superficie de Vioño, no lugar de haber unha urbanización de edificios e un mediano-pequeno parque, imaxinádesvos un parque de Vioño que ocupase toda a zona e sen edificios?
A construcción da urbanización de Vioño forma unha gran barreira de acceso (ou saída) ó parque e de momento, así estará bastante tempo máis. Para acceder ou saír do parque, temos que ir ata o Centro de Saúde ou ó Pabellón do Colexio Sagrada Familia, quitándoselle así as ganas de ir a moita xente, ganas que supoñemos que volverán cando rematen as obras da urbanización e apareza o libre acceso ó parque polas novas rúas que se abran, o que lle dará moita máis vida a este lugar. A verdade é que un queda impresionando coa forma que está collendo Vioño cos novos edificios, calquera diría o que había alí antes. Convertirase Vioño na zona "rica" do barrio? Polo visto, e según a rumoroloxía, pisos non demasiados grandes rondan os 300.000€ así que a saber por canto andaban os máis caros, digo andaban porque parece ser que poucos quedan sen vender. Tamén pode ser bó Vioño para o comercio do barrio, que con novos locales e seguro que máis grandes do que soe ser habitual por aquí, atraerá novas variedades de negocios, como o cada vez máis seguro OpenCor. Veciños, comerciantes da zona e traballadores do Corte Inglés, aseguran que OpenCor abrirá unha tenda en Vioño. Aínda queda tempo que esperar para ver se é certo ou non.
Novos tempos para o barrio da man de Vioño, quen o ía dicir tal como era antes.
|
26.02.08 @ 01:56:31. Archivado en Queixas
Comezo cunha pregunta... e a rehabilitación das vivendas da Sagrada Familia? Nos últimos meses varios políticos paseáronse polo barrio garantindo o investimento e a reforma, anunciando os catro ventos que o diñeiro choverá do ceo e que deixarán as casas dos veciños moi estupendamente, pero... por que estiveron os andamios postos e sen obreiros varios meses?
Por que a estes veciños que tanto se lles ilusionou con que lles van a reformar as súas casas, plantáronlles toda unha construción de ferros, andamios e redes diante das súas fiestras durante varios meses sen que houbera obreiros traballando? Paréceme unha situación profundamente lamentable, sexa de quen sexa a culpa, non se pode deixar así a tal cantidade de veciños e como consecuencia, quen lle garante agora ós demais veciños que non lles vai suceder o mesmo cando vaian reformar as súas casas? Os mesmos políticos que aseguraron que xa estaba todo solucionado? A este paso a rehabilitación da Sagrada Familia vai ser eterna.
Algo mesmo podería dicirse doutra zona da Sagrada Familia, a "Pista Verde", que leva non sei xa cantos meses anunciándose a súa reforma desde o Concello para que todo siga igual. Moitísimos mozos que crecemos no barrio tiñamos esta polideportiva como lugar de encontro e punto onde practicar, o cada vez máis extinguido na cidade, deporte espontáneo, é dicir, aquel que non necesita de planificación ou aluguer previo de infraestrutura para pasar un bo intre entre amigos. Desde fai varios anos, a pista está impracticable coa verxa rota e as porterías desaparecidas entre outras moitas cousas. Será o motivo deste retraso as próximas festas do barrio? O ano pasado celebrouse a festividade de San Rosendo na Pista Verde, con actuacións musicais, churrascada, pulpo e verbena. Será este o motivo do retraso na reforma da Pista Verde? Se hai obras, a festa (1 de Marzo) non se pode realizar...
|
12.02.08 @ 10:28:21. Archivado en Enquisas

Os políticos están divididos:
- uns queren a Intermodal en San Cristóbal
- outros en San Diego
- e a última proposta que saíu a luz consiste en colocar a Intermodal para tranporte de grandes distancias en San Cristóbal e para transporte de proximidade en San Diego.
Agora, ti tamén podes opinar aquí.
|
08.02.08 @ 20:53:56. Archivado en Sobre o Blog

Fai uns días, esta administración foi invitada a entrar na comunidade de http://www.tuenti.com. E tal como nos propuso un veciño, "regalaremos invitaciones para tuenti".
Que significa TUENTI? Aparentemente tuenti.com é unha rede social cun riseiro logotipo no aire. Funciona de forma parecida a Facebook coa peculiaridade de que a maioría de usuarios son de España e de que está en beta privada polo que é necesaria unha invitación dun membro para poder entrar. Tuenti permite crear un perfil con fotos e datos persoais como data de nacemento, colexio, universidade, traballo, etc. Logo pódense ir engadindo amigos e ver os amigos dos teus amigos. Podes buscar a aqueles amigos que fai tempo non ves ou coñecer xente nova. Polo visto, tuenti é todo un fenómeno na rede.
O Blog Barrio dos Mallos ofrece ós seus visitantes e usuarios a posibilidade de entrar e probar esta páxina e así poder ter a súa propia opinión. ¿Queres unha invitación para entrar en tuenti? Entra aquí para conseguila.
|
08.02.08 @ 20:50:31. Archivado en Sobre o Blog
O Blog Barrio dos Mallos quere seguir incrementando as súas posibilidades de axuda para o barrio e por iso, o longo do mes de xaneiro pasado presentou novos servicios de información para os veciños. O Blog conta agora cunha ampla información sobre todos os horarios das Farmacias da zona comprendida polo barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación. Ademais, inclúense aquelas Farmacias que aínda que non están no barrio, atópanse relativamente preto ou teñen un amplo horario de apertura. Tamén se poden consultar as Farmacias de Guardia na cidade a través dunha ligazón cara a ferramenta de búsqueda feita polo Colexio de Farmacéuticos na súa páxina web.
Ademais das Farmacias, estreamos outra sección para intentar ofrecer algo de información sobre o paso dos buses urbanos polo barrio e a onde se pode ir en cada un deles. Tamén, engadimos a localización das paradas de taxi do barrio e números de teléfono para poder chamalos. E comezamos a crear unha lista de zonas wifi no barrio.
Todo en http://mallos.es
|
08.02.08 @ 20:44:24. Archivado en Queixas
As queixas plantexadas neste blog sobre o zumbido que impedía durmir ós veciños foi escoitada. Os veciños acudiron a este blog en busca de axuda e parece que algo fomos conseguindo. Ademais da publicación da noticia no blog e en diversos medios de comunicación locais, o asunto foi levado ó pleno polo grupo popular (ver aquí), obtívose a resposta persoal do primeiro Tenente de Alcalde (ver aquí) e finalmente, puxemos en contacto ós veciños co Responsable de Calidade Ambiental do Concello, quen a través da Patrulla Verde da Policía Local intentarán solucionar o problema.
Esperemos que polo ben dos nosos veciños, haxa unha solución na maior brevidade posible.
|
08.02.08 @ 20:43:11. Archivado en Noticias, Políticos
A consellería remitirá en febreiro ao Concello os expedientes para comezar a ingresar as axudas. A Consellería de Vivenda, que dirixe Teresa Táboas, mostrouse moi satisfeita coa evolución do convenio asinado co Goberno central para rehabilitar o barrio da Sagrada Familia. Segundo confirmaron desde este departamento da Xunta, é moi posible que estea finalizado, «con todas as obras rematadas e as axudas pagadas no prazo fixado».
Devandita data é o 31 de decembro deste ano, pero desde Vivenda recordan que isto non adoita ser o habitual, posto que en moitas ocasións adóitase prorrogar o convenio un ou dous anos, porque non se cumpriron todos os trámites e para que os Concello non perdan estas subvencións.
Le a noticia completa no xornal "La Voz de Galicia".
|
08.02.08 @ 20:38:30. Archivado en Queixas, Políticos
Novas respostas sobre a situación da praza de San Cristóbal. Falábamos aquí da mala situación na que se atopa a iluminación desta praza. Respecto a isto, recibíamos esta resposta dende a web do alcalde e posteriormente, o grupo popular presentaba estas preguntas no pleno do Concello. Estes últimos, os membros do grupo popular, recibiron xa a resposta do Concello e que moi amablemente nos enviaron, aquí a reproducimos:
"Respuesta del Gobierno Municipal a las preguntas presentadas en el Pleno Ordinario de 14 de enero.
Este gobierno municipal realiza un programa de mantenimiento de todos los servicios municipales reponiendo y sustituyendo los materiales y equipamientos desgastados o deteriorados. Se realiza un seguimiento continuado de la situación.
El proyecto de reforma integral de la plaza de San Cristóbal está en fase de redacción."
Esperemos que esa "fase de redacción" non siga sendo "eterna" pois os usuarios da praza e do parking que hai debaixo, levan xa varios anos á espera de solucións.
|
10.01.08 @ 08:43:28. Archivado en Enquisas
Levamos varios días de polémica na cidade por mor do topónimo, que si uns o queren en galego, outros en castelán... en fin, a polémica que nunca rematará.
Os políticos seguen a actuar, uns dunha maneira e outros coa súa, e coma sempre, encontrando respaldo ou enfrontamento nos veciños da cidade.
Desta vez, as asociacións veciñais tamén toman parte na polémica e comezan a amosar con forza as súas posicións, que por suposto, non teñen por que coincidir coas ideas dos veciños ós que representan.
Dende o Blog Barrio dos Mallos queremos sumarnos a todos aqueles que están a facilitar un lugar de debate na rede sobre o tema e poñemos a vosa disposición a seguinte enquisa. Podedes votar a vosa opinión sobre o topónimo e como todo post neste blog, tamén podedes deixar comentario.
A enquisa atópase en http://osmallos.blogspot.com/2008/01/vota-sobre-corua-ou-la-corua.html
|
:: siguientes >>
|