Carril Bus
26.09.08 @ 17:36:42. Archivado en Noticias, Queixas, Reportaxes
Dende este blog queremos darlle a benvida o carril bus, unha medida que debe ser a primeira de moitas outras encamiñadas a mellorar o servizo de transporte público, tanto a nivel local coma metropolitano. Entre as melloras necesarias cremos necesaria a creación de máis liñas (un exemplo: a conexión por bus da cidade cos polígonos de Pocomaco e A Grela é lamentable), incorporar máis vehículos por liña, reducir as frecuencias de paso (as frecuencias de 30 minutos son un escándalo), reducción do prezo e por suposto, ampliación do carril bus a outros lugares. Nos últimos días, escoitamos e lemos en varias ocasións, propostas que relacionan o carril bus e a ronda de Outeiro. Realmente, a idea non estaría mal, xa que se trata dunha das arterias da cidade que sempre está colapsada pola dobre fila e que fai da viaxe en bus un auténtico suplicio.
Comprendemos algunhas das posturas dos residentes e comerciantes das zonas de Federico Tapia, Praza de Vigo e Praza de Galicia, xa que elimináronse moitas prazas de estacionamento, así como moitos dos lugares de carga e descarga. Sempre pasa o mesmo, polo ben colectivo da cidade, alguén ten que sufrir os inconvenientes, así que o mellor será que sigan a falar entre as partes implicadas para buscar solucións que fagan que estes incovenientes sexan do menor impacto posible. As queixas da rúa de San Andrés non as acabamos de comprender, pois o carril bus vai por un carril que anteriormente xa tiña unha liña amarela continua que impedía parar ou estacionar.
E relacionando ó noso barrio co carril bus, dicir que a Liña 11 sae dende os Mallos-Sardiñeira e se incorpora ó carril bus á altura da praza de Vigo. A Liña 6/6A pasa pola Avenida de Finisterre, onde remata a Sagrada Familia, e colle o carril bus na praza de Pontevedra. Creemos que ámbalas dúas liñas saen beneficiadas co carril bus, supoñemos que o tempo que nos leva chegar agora ó centro da cidade ou a Monte Alto é menor, claro que dependerá da parada na que nos baixemos. É dicir, se collemos o 6/6A e nos baixamos na praza de Pontevedra, non imos notar nada de nada pero se nos baixamos en Monte Alto, o tempo de chegada debería ser menor. Do mesmo xeito coa liña 11, se nos baixamos antes da praza de Vigo, non se notará nada.
Esta non deixa de ser unha opinión máis, como tantas outras que foron saíndo estes días pola cidade, aquí podedes ler algunhas delas:
http://www.barriodelosrosales.es
http://barriodelventorrillo.blogspot.com
http://agradelorzan.blogspot.com
http://avelensanche.blogspot.com/
E por suposto, destacamos o excepcional traballo que coma sempre realizan no blog http://busurbano.blogspot.com/. Dende a instalación do carril bus, non pararon en ningún momento de traballar para manternos informados de todo canto saía sobre este asunto, por algo seguen a ser para moitos a primeira referencia informativa na cidade sobre o transporte público. ¡Dámoslles un 10 sobre 10!
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


