Un grupo de menores dedícase a agredir á xente
28.08.08 @ 14:28:33. Archivado en Queixas
Parece que hai un grupo de menores que se dedica a agredir á xente porque si e sen motivo algún, por simple diversión.
Os sucesos ocorreron na zona comprendida entre a rúa Europa e a praza de San Cristóbal, estes personaxes merodean o establecemento Alacena (moi famoso pola zona e situado na rúa Europa próximo ó cruce coa rúa San Rosendo) e un bar cercano, onde polo visto deben ir celebrar as súas “heroicidades” xa que despois das agresións métense alí coma se non pasara nada, con toda a tranquilidade do mundo.
Temos algún detalle de dúas destas agresións, nunha delas, a unha persoa que saía dun comercio e despois de facerlle burla, soltáronlle un puñetazo e saíron correndo. A outra, primeiro a insultaron dende o exterior doutro establecemento e logo cando saíu, empezaron a pegarlle sen mediar palabra; por sorte non lle fixeron moito dano, coa excepción dunha patada na cabeza.
Algúns apuntan que poden ser os mesmos que comezaron a pegar indiscriminadamente á xente no Orzán fai un mes. Son catro ou cinco menores de idade, un polo menos non debe alcanzar os 15 anos e un deles pode chegar ós 18. Según nos comenta algún dos agredidos, un deles debe medir sobre 1'70, ten o cabelo curto e unha pequena crestilla. Outro era máis alto. Dos demais non ten moito recordo.
autor
Contacto






