Os Novos semáforos de "Pantalla Plana" chegan ó barrio
30.11.07 @ 00:10:41. Archivado en Noticias, Reportaxes
A empresa Acisa leva traballando varios meses e xa podemos ver o resultado nas sinalizacións dalgúns dos cruces da cidade. Xa hai unha morea de novos semáforos 'de pantalla plana' instalados en varios puntos da Coruña, entre eles están os dos Cantóns, Paseo Marítimo, cidade escolar e a través da Ronda de Nelle, chegan o noso barrio.
Son semáforos 'leds', que non utilizan lámpadas, non levan viseras porque o sol non reflexa, e que se converteron no símbolo dun conxunto de medidas que cambiarán, ou iso se pensa, o tráfico da cidade. O proceso de instalación continúa a bó ritmo, estes días descubrimos que na Ronda de Nelle, o seu paso pola Sagrada Familia e o cruce coa Avenida de Arteixo entre outras, xa ten estas novas sinais. De momento, so se están a cambiar os semáforos aéreos (uns 453), despois comezarán cos demais.
O sistema é todo unha novidade e pode chegar a ser revolucionario, xa que a través dun dispositivo GPS instalado nos buses urbanos, os seus condutores poderán manexar estes semáforos nos cruces máis conflitivos. O condutor acciona un botón que 'solicita' ao centro de control que lle dea luz verde.
Outro dos produtos máis espectaculares é o que se denomina 'visión artificial'. Trátase dun sistema de recoñecemento de matrículas que é capaz de sancionar a calquera que invada indebidamente un espazo reservado para o transporte público. A compañía xa o aplicou en carrís-bus dalgunhas cidades logrando que a velocidade comercial de buses e taxis aumente ata un 30%.
Vantaxes:
Os novos semáforos evitan o 'efecto pantasma' que se produce polo reflexo do sol sobre a óptica, dando a sensación de estar acesos.
Funcionan co 15% da enerxía que precisan os vellos (é dicir, afórrase un 75% de enerxía). Isto sobrecarga menos o sistema e permite que os cables, relés e instalacións eléctricas duren máis.
Cada disco está composto por uns 40 'leds' con luz e cor propios. Desta forma, aumenta a distancia desde a que se ven sen dificultade.
Son moito máis lixeiros que os antigos.
Duran 20 veces máis que os vellos. A lámpada dun semáforo tradicional fúndese, como media, aos seis meses. Os leds duran dez anos e 'avisan' cando fallan.
Diario Qué! e Blog Busurbano.tk
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/129416
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








