30.11.07 @ 00:15:19. Archivado en Noticias, Queixas
O Concello segue a voltas para intentar darlle algún tipo de mellora á Ronda de Outeiro, que está diariamente colapsada.
Entre os problemas coñecidos é a entrada á Sagrada Familia, o cruce da Ronda de Outeiro coa Avenida de Finisterre, ademais do desvío cara a Grela (dirección subida) onde está a pasarela peonil, pois entre este desvío e a habitual presencia de coches en dobre fila, reducen a un os carrís da Ronda a modo de “embudo”.
Polo visto, según informa o diario Qué!, o Concello ten previsto modificar a rotonda existente no cruce Ronda Outeiro – Avda.Finisterre e asociado a este cambio, está outro que seguro traerá polémica como é a eliminación do xiro á esquerda desde a Ronda de Outeiro cara á Grela por Pasteur, para facer tal cousa, haberá que subir ata a nova rotonda para cambiar de sentido e entrar na Grela. De momento estase estudando a mellor maneira de facelo.
Diario Qué!
|
30.11.07 @ 00:13:58. Archivado en Noticias
A Sagrada Familia - Os Mallos é o lugar escollido para a colocación de dous dos tres novos paneis informativos de tráfico que o Concello instalará na Cidade. O terceiro estará en Alfonso Molina. Aínda non hai prazo de execución pero sí un orzamento máximo que é de 60.000€.
Un dos paneis estará situado na Ronda de Outeiro a carón do Colexio Sagrada Familia, outro estará na Avenida de Arteixo a altura da zona de San Jaime e o terceiro estará en Alfonso Molina preto da Estación de Autobuses.
As pantallas son similares ás xa instaladas no paseo marítimo e informarán tamén da hora, data e temperatura.
La Opinión A Coruña.
|
30.11.07 @ 00:12:44. Archivado en Noticias
A Estación Intermodal volveu saír a escea coa entrevista realizada polo xornal "La Voz de Galicia" ó director de Urbanismo. Nesta entrevista afírmase que a Estación Intermodal estará en San Cristóbal porque será o lugar por onde entre o AVE á cidade, mentres que as vías de San Diego e As Xubias serán utilizadas para o tren de proximidade.
O dato máis curioso é a reforma plantexada da zona da Estación, xa que a creación da Estación Intermodal en San Cristóbal sería unha reforma conxunta que abordaría a actual Estación de RENFE, a Estación de Autobuses e a Praza de Madrid (para que non o saiba, é a praza existente entre ambas estacións, de onde sae a pasarela peatonal verde que cruza Alfonso Molina).
Na citada entrevista, Alfredo cerezales Fernández, Director do área de urbanismo do Concello da Coruña afirma sobre a Intermodal que «Joan Busquets di que debemos situala en San Cristóbal, porque o AVE chegará alí e o lóxico é que se instale, pero queremos abordar todo o espazo da praza de Madrid, a estación de autobuses e San Cristóbal como unha soa peza».
La Voz de Galicia
|
A empresa Acisa leva traballando varios meses e xa podemos ver o resultado nas sinalizacións dalgúns dos cruces da cidade. Xa hai unha morea de novos semáforos 'de pantalla plana' instalados en varios puntos da Coruña, entre eles están os dos Cantóns, Paseo Marítimo, cidade escolar e a través da Ronda de Nelle, chegan o noso barrio.
Son semáforos 'leds', que non utilizan lámpadas, non levan viseras porque o sol non reflexa, e que se converteron no símbolo dun conxunto de medidas que cambiarán, ou iso se pensa, o tráfico da cidade.
>> Sigue...
|
13.11.07 @ 22:48:38. Archivado en Noticias
A Policía Nacional acaba de desarticular unha rede de explotación de traballadores brasileiros encabezada por un pastor evanxelista que ata fai uns días dirixía o culto dunha pequena comunidade relixiosa de Oleiros.
A banda, integrada polo relixioso e tres dos seus parentes, xestionaba unha empresa de construción con sede nos Mallos, na rúa Diego Delicado, que empregaba a inmigrantes brasileiros sen papeis, dáballes de alta na Seguridade Social como cidadáns portugueses e cobráballes 700 euros pola documentación falsa coa que pretendían abrirse camiño para regularizar a súa estancia en España.
Le a noticia completa en La Opinión.
|
13.11.07 @ 22:44:37. Archivado en Noticias
 Os orzamentos municipais seguen dando que falar. A división entre asociacións veciñais é patente, mentres uns consideran as contas satisfactorias, outras as tildan de insuficientes e mal repartidas. A Federación Salvador de Madariaga auncia que non puido participar na elaboración destas contas por que non foron invitados, mentres que a Confederación (a que preside Folgueira) si estivo presente.
Non hai que irse moi lonxe para encontrar opinión contrarias. No noso barrio hai sentimentos enfrentados posto que mentres os Mallos apenas recibirá unha mínima cantidade, a Sagrada Familia é unha das zonas onde máis se investirá. Moitos dos asuntos pendientes nos Mallos (o Agra dos Mallos é un exemplo) parece que non se van arranxar no próximo ano e algúns dos veciños xa comezan a posicionarse contra o Concello por este "abandono". Na Sagrada Familia si están, máis ou menos, satisfeitos coas contas, xa que en teoría váiselle dar unha nova imaxe ó barrio cunha profunda rehabilitación; a pesar diso, os veciños non esquecen que a súa espectacular presencia nos orzamentos é froito da rehabilitación de vivendas, quedando moitos dos asuntos pendientes e reclamados polos veciños sen vista de solucionarse.
Por certo, acabámonos de enterar que van colocar contenedores subterráneos en Vioño, noticia ben recibida.
|
05.11.07 @ 21:37:25. Archivado en Queixas

O concello modificou o cruce entre a Ronda de Nelle e a Avenida dos Mallos. Para sorpresa dos veciños, os semáforos que permitían o xiro á esquerda á altura do número 17 da Ronda de Nelle foron anulados e o acceso ós Mallos pechado ao tráfico.
A versión do Concello é que con esta esta decisión evitará as retencións que se daban neste punto da Ronda, moi conxestionada a certas horas do día e que bloqueaba o carril esquerdo cando alguén quería xirar cara os Mallos. Según o Concello, despois dun estudio do uso deste carril, sóubose que só un 10% dos viandantes facían esta maniobra.
Cortouse o paso a rúas como a da Falperra, Antonio Viñas, Santander, Paz, "Noya" e travesía de Nelle. Agora para facer tal cousa, hai que acudir ata a "rotonda" existente frente o centro de estudios CaixaGalicia fronte a rúa Ribadavia.
Algúns dos veciños xa mostraron o seu malestar, como se pode ler neste artigo, anunciando movementos para intentar facer cambiar de opinión ó Concello.
Lembra a nova dirección, novo dominio do Blog Barrio dos Mallos:
http://mallos.es
|
05.11.07 @ 21:30:50. Archivado en Reportaxes

Esta é a nova sección do xornal que se publica no barrio, o xornal do Distrito Mallos. Nesta sección, os veciños podemos enviarlle todas as preguntas que teñamos sobre o barrio ou sobre a asociación e serán respondidas, evidentemente, dentro das posibilidades e coñecementos do Distrito Mallos. Se queres facer algunha pregunta, ó final deste artigo tes as instruccións necesarias para facelo. Estas foron as primeiras que se enviaron e que foron publicadas no número de outubro.
¿Non se pode impedir que os chineses abran comercios?
Se eses señores son cidadáns legais, teñen todos os dereitos e a lei hai que respectala, cando nos vén mal e cando nos vén ben. Se non están legalmente, o temos que denunciar no organismo correspondente.
¿Non sería bo facer bolsas para Nadal?
Temos moita ilusión en facer bolsas co noso “Sol-riente” pero os comercios un pouco fortes xa teñen as súas bolsas co seu logo, e pensamos que de non ser todos, as bolsas non serían baratas. De tódolos xeitos é algo que nos gustaría moito.
¿Porqué non se instala un Zara na zona?
>> Sigue...
|
|