O PP visitou o lamentable estado do Agra dos Mallos
26.10.07 @ 19:05:09. Archivado en Queixas

Estes días, tamén foi noticia outra parte do barrio pola visita do Partido Popular. A zona do Agra dos Mallos segue en estado lamentable, tal e como viñemos denunciando varias veces neste blog (ver), e así se lle mostrou os representantes deste partido, con Carlos Negreira á cabeza. Varias familias viven en condicións infrahumanas á beira do centro cívico, dun complexo deportivo, fronte a un centro de saúde e a moderna urbanización de Vioño. Viven sen saneamento (teñen pozos negros mal cubertos) e moitas, nin auga corrente. O PP levará o asunto ó pleno.
Lembra a nova dirección do Blog Orixinal Barrio dos Mallos:
http://mallos.es
autor
Contacto







