O "Proxecto Túnel" da Ronda de Nelle volve ser
15.10.07 @ 10:26:08. Archivado en Noticias, Queixas
A polémica continúa. O Concello propón agora alargar o túnel xa deseñado nun momento no que se sigue á espera de que remate o estudo do tráfico en superficie que, de ser esta a solución final, modificaría o sentido de
varias rúas.
Os veciños esperan que se lles informe primeiro a eles sobre a decisión final adoptada. O Concello, segundo contaron veciños da zona, propuso o alongamento do túnel que xa estaba proxectado pola Xunta para reducir o impacto visual, reducir as pendentes e disminuir o efecto das voladuras.
O que sí está decidido é que o viaduto debe desaparecer canto antes, as obras de derriba deberían comezar este ano, pero de momento nada se sabe. Antes das eleccións, ante a protesta dos veciños por unha e outras razóns, o proxecto de túnel foi retirado a favor da solución do tráfico en superficie. Pasadas as eleccións, neste últimos días rumores polo barrio e noticias na prensa coruñesa (20Minutos entre outros), fan pensar
que o Concello pretende recuperar o proxecto do túnel.
Estaremos expectantes ante calquera noticia sobre este tema que apareza.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/121508
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








