Cen millóns para a Sagrada Familia
15.10.07 @ 10:18:57. Archivado en Noticias, Queixas
O proceso de rehabilitación das vivendas da Sagrada Familia segue o seu curso. Unha boa parte destas vivendas xa están rodeadas de andamios e traballadores.
Nestas últimas semanas, o Concello da Coruña deu luz verde á concesión de axudas para rehabilitación en oito inmobles da rúa Belén. Trátase dos números 1, 7, 10, 11, 12, 13, 14 e 16 aos que se lles abonará unha subvención por importe total de 666.869,8€ (case 111 millóns das antigas pesetas) para realizar diversas melloras nas fachadas e renovación das instalacións comúns.
A pesar da alta cuantía da concesión, trátase dunhas axudas que segundo din moitos dos veciños, veñen con moito retraso.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/121503
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








