¡Incrible que pasen estas cousas no noso barrio!
02.09.07 @ 08:16:06. Archivado en Noticias

Según informaron diversos medios de comunicación, unha muller sorprendeu na habitación da súa casa a un ladrón que se atopaba tomando un zume e comendo gusanitos, e ao que logo denunciou porque roubou as súas xoias.
Resulta que a veciña escoitou ruídos no exterior da súa casa e saíu para comprobar que pasara deixando a porta aberta. Ao non percibir nada extraño, regresou ao seu domicilio e continuou vendo a televisión. Pero uns minutos despois observou que un individuo estaba no interior da súa casa, camiñando cara á súa habitación, polo que se levantou e dirixiuse a esta estancia.
Ao entrar atopouse a home, de 28 anos e detido nunhas 20 ocasións, bebendo un zume e comendo gusanitos. Tras unha breve conversación con el, o home díxolle que non roubara nada, polo que saíu da casa andando tranquilamente. Pero logo a muller presentou denuncia porque comprobou que lle foron subtraídas diversas xoias.
A xente do barrio non sabe se rir ou chorar. Desde logo que a actuación absurda provocada por este ladrón fai saltar un lixeiro sorriso de sorpresa pero á vez, da a sensación dunha enorme inseguridade ó ver que unha persoa poida entrar na túa casa como se tal cousa. Algo de intranquilidade sempre te invade.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/113650
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








