¿A Solución? Vixilancia privada en cada barrio
24.09.07 @ 23:39:20. Archivado en Noticias

Desempregados e maiores de corenta anos encargaríanse da vixilancia das zonas comerciais da cidade de prosperar a iniciativa que a Federación de Comercio da Coruña trasladou ao Concello. É a solución que ofrecen ao aumento do vandalismo que azouta os seus negocios.
O Concello sería o encargado da preparación psicolóxica e de darlles formación específica, ademais serían Autónomos e o seu soldo sería abonado polos empresarios da zona en cuestión.
A iniciativa foi ben acollida por case todas as asociacións e areas comerciais da cidade. No que respecta ó Distrito Mallos o seu presidente, José Salgado, dixo que "aumentaría a sensación de tranquilidade, porque desde que desapareceu a figura da policía de barrio a percepción de inseguridade foi en aumento". No caso concreto dos Mallos un vixiante xurado realiza labores disuasorios dos vándalos pero Salgado explica que "tende a desaparecer porque necesitamos unha figura con forza legal".
Nestes últimos días, o Concello presentou unha posible solución a este problema: o regreso da Policía de Barrio, pero de distinta forma a como era cando a houbo. Ver noticia!
autor
Contacto








