Retraso nas áreas específicas para cans
26.06.07 @ 23:05:26. Archivado en Queixas

A instalación de áreas específicas para cans en diferentes zonas da cidade segue en punto morto. O presidente da asociación de propietarios de cans "Cancoruña" asegura que non entende as escusas do alcalde sobre todo logo de escoitar as súas respostas nas que dicía non estar informado sobre a situación actual deste proxecto. A asociación levou a cabo "unha acción sinxela, pero única" para protestar polo atraso do Concello na construción das áreas caninas e contra os cidadáns que non recollen as reposicións dos animais.
As zonas que están á espera son Monte Alto, Eirís e o noso novo Parque de Vioño, nas que as obras deberían ter comezado en maio. É isto un serio problema polo pouco respeto que teñen moitos (que non todos) dos donos de cans polo resto das persoas, e por iso se necesitan zonas específicas para cans porque os donos (non todos) son incapaces de recoller os "restos" que deixan os seus animais. ¿Por que un parque como o de Vioño diseñado para poder deitarse na herba a descansar, tomar o sol, ler un libro, etc. non pode ser usado así por culpa da "materia" que deixan alí os cans? ¿E que os donos (non todos) de cans en canto ven unha zona verde se lles iluminan os ollos e levan inmediatamente alí os seus cans para non ter que recoller os excrementos?
Ás zonas verdes deberían ser para poder disfrutar todos, non só os cans.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/103019
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








