¿E agora que pasará coa Estación?
14.06.07 @ 14:16:53. Archivado en Noticias, Reportaxes

¿Qué pasará coa “nosa” Estación? Despois de tantos anos ahí, despois de ter xa a Estación Intermodal en San Cristóbal como algo seguro de realizarse, parece que as cousas poden cambiar unha vez pasadas as Eleccións. Un goberno en coalición con opinións contrarias (neste caso) está a piques de ser unha realidade, así que é difícil imaxinarse cal será a solución, ¿cal dos dous grupos políticos impoñerá a súa opinión? O que é ben certo, é que no caso de que a Estación marchara do barrio, perderíamos uns dos nosos “iconos”, ademais da excepcional comodidade que supón ter os medios de comunicación tan preto de nós.
Javier Losada asegurou que a estación Intermodal estará en San Cristóbal debido o plan que ten previsto realizar na zona de San Diego onde eliminará as vías, que según el, dividen o barrio dos Castros. Ademais, nesa zona ten previsto que se fagan vivendas, parques e zonas destinadas ós veciños, o que suporía según el a apertura desta zona da cidade ó mar garantindo así, a presencia da Estación Intermodal no noso barrio.
Henrique Tello respondeu a Javier Losada defendendo a estación intermodal en San Diego, xa que di que o tren non crea barreiras, senón que é un medio de comunicación e polo tanto, une. A mellor ubicación para o BNG é San Diego e din que o cambio de postura do Goberno local e Renfe débese a que queren especular con eses terreos.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/100528
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








