Finalmente, non haberá Túnel
08.06.07 @ 12:41:15. Archivado en Noticias
Os veciños conseguiron que Concello e Xunta reclen. A presión veciñal e a viabilidade técnica deron por concluidas as poucas opcións que lle quedaban á opción do túnel e convenceron ó Concello e a Consellería para que den marcha atrás. A polémica do cruce Nelle-Finisterre está prácticamente solventada, xa que ambos garanten coa súa palabra en persoa que Non haberá túnel. O tráfico se regulará en superficie con semáforos. Foi este un claro exemplo de como un fronte ben organizado e unido de asociacións veciñais e veciños pode dar os seus froitos.
Nunha reunión coa concelleira de Urbanismo, Mar Barcón, e durante unha entrevista co delegado provincial da Consellería, Jacinto Parga, os veciños da zona arrincaron o compromiso de ambos de que non se construirá o túnel anteriormente proxectado.
Pois así, con Concello (PSOE) e Consellería (PSOE) anunciando esta decisión, BNG anunciando que con eles no Goberno local tampouco habería túnel e co PP ofrecéndose a facer o que queiran os veciños, está claro que pasase o que pasase nas eleccións municipais e goberne quen goberne, Non Haberá Túnel.
Foi este un claro exemplo de cómo un movementeo veciñal perfectamente coordinado e unido pode cambiar as cousas. As asociacións de veciños non poden actuar a marxe dos veciños a quen representan porque cando, como esta vez, se produce a unión entre veciños e asociacións, a súa forza multiplícase por moito, e senón que llo pregunten o goberno municipal de Javier Losada, obrigado a modificar o proxecto inicial. Se non fai moito falábamos dos enfrontamentos dialécticos entre as asociacións do barrio e os veciños da Sagrada Familia por unhas polémicas propostas da asociación para esa zona, agora falamos do xenial traballo que fixeron uníndose nun “todos a unha” para evitar aquelo co que estaban en desacordo. Así é como deben funcionar as cousas, veciños e asociacións unidos, e non cada un polo seu lado.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/99263
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








