Cando non se pensa nos demais
30.05.07 @ 23:31:14. Archivado en Queixas
Día tras día, os coches mal estacionados (en esquinas, sobre paso de peóns, en dobre fila, na metade dun carril dunha gran avenida, etc..) producen grandes e graves molestias tanto ó resto da circulación motora coma ás persoas que circulan a pé. Son estas especialmente ás máis molestadas por estes non demasiado cívicos comportamentos. Hoxe mesmo quedei abraiado ó ver como unha persoa minusválida en silla de rodas tiña que dar un rodeo polo medio da calzada por culpa dun coche aparcado nunha esquina, diante xusto da rebaixa feita a beirarrúa para estas ocasións. Ocorreu diante da panadería que hai na esquina de Francisco Catoria con Mariana Pineda. A persoa en silla de rodas tivo que ir pola calzada ata o garaxe máis cercano (que non está precisamente cerca) para poder subir á beirarrúa. O coche permaneceu alí toda a tarde.
E isto non é cousa de hoxe, de un día nin uns poucos, é como aquel que di "o pan noso de cada día". Sempre, nalgún lugar do barrio, hai alguén mal aparcado e molestando. Entendo que é moi difícil encontrar onde deixar o coche, eu mesmo teño que dar moitas voltas antes de encontrar lugar onde estacionar, pero iso sí, cando non poido aparcar, trato sempre de deixalo coche no lugar que menos poida molestar.
Un coche, nunha rúa ampla, molesta menos en dobre fila (se se está atento por si quere saír alguén e nunca por riba do paso de peóns) que nunha esquina impedindo o paso a aqueles que o necesitan de veras. Tampouco está ben, deixar o coche no medio dun carril da Ronda de Outeiro, ¡¡a de atascos que se montan con que só se esté parado un minutiño!!
No xornal "Distrito Mallos" aparecían as seguintes queixas ó respecto:
Non hai mañá ou tarde que non se arme un gran atasco cos autocares escolares e os buses que non poden torcer nas esquinas ao estar sempre coches aparcados nelas, e por riba se vén a grúa, o conductor ou condutora egoísta e incívico que aparca desta forma, se cabrea e di que "non hai dereito". Ao que non hai dereito é a aparcar nas esquinas ou nos pasos de peatones.
(Certo, no blog xa falamos dun incidente entre un matrimonio que tiña o coche mal aparcado e axentes de policía ós que increparon e incluso, pensáronse o de agredirlles por chamar a grúa para sacar o coche, cando o autobús levaba bloqueado cuarto de hora sen poder pasar) segue a opinión onde a deixei..
Unha persoa con silla de rodas ou alguén cun carrito un pouco pesado moitas veces ten que ir atravesar a cen metros, pois non hai forma de pasar entre os coches. Pensemos tamén nos demais.
Outra opinión:
Estamos vendo esta ultima tempada, un aumento dos accidentes no noso Distrito Mallos, ¿Que é o que pasa?. Eu creo que moita culpa téñena os coches aparcados en dobre fila que impiden ver aos coches que veñen cando pasas por un paso de cebra, que moitas veces está ocupado por máis coches. Nunha palabra que os coches estannos quitando todo o sitio, non hai por onde atravesar, non hai por onde pasear, o coche é o dono do barrio. É unha invasión auténtica.
En fin, que todos deberíamos pensar máis nos demais cando andamos co coche.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/97451
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








