Cando non se pensa nos demais
30.05.07 @ 23:31:14. Archivado en Queixas
Día tras día, os coches mal estacionados (en esquinas, sobre paso de peóns, en dobre fila, na metade dun carril dunha gran avenida, etc..) producen grandes e graves molestias tanto ó resto da circulación motora coma ás persoas que circulan a pé. Son estas especialmente ás máis molestadas por estes non demasiado cívicos comportamentos. Hoxe mesmo quedei abraiado ó ver como unha persoa minusválida en silla de rodas tiña que dar un rodeo polo medio da calzada por culpa dun coche aparcado nunha esquina, diante xusto da rebaixa feita a beirarrúa para estas ocasións.
autor
Contacto






