Tarxeta Cliente Amigo e Parking nos Mallos
26.05.07 @ 13:23:39. Archivado en Reportaxes
Desde finais de marzo a Tarxeta de Cliente Amigo do Distrito Mallos xa é unha realidade. Esta gran iniciativa dos comerciantes do barrio fai que con ela, ademais de apoiar o pequeno comercio do barrio coas túas compras, podes participar en sorteos de cheques de compra nos comercios da Asociación Distrito Mallos por valor de entre 25€ e 350€. Por suposto, tamén terás ofertas e descontos en comercios asociados dos que estarás informado puntualmente a través do xornal do barrio e da web www.distritomallos.net.
Lembramos para todos os que non o saiban (xa que tradicionalmente son habituais as preguntas sobre este tema que nos fan), que o Parking dos Mallos ofrécelle ós comerciantes bonos-comercio para que estes os regalen ós seus clientes, uns cantos comercios xa ofrecen parking gratis coa compra, iso sí, o cliente ten que pedir o seu bono de parking-gratis no comercio.
Estos son os asociados do Distrito Mallos: [Ver].
Estos son os descontos da Tarxeta Cliente Amigo do Distrito Mallos: [Ver].
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/96514
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








