O Agra dos Mallos
14.05.07 @ 23:22:11. Archivado en Queixas

Situada nunha zona comprendida entre a Avenida de Arteixo e a Avenida da Sardiñeira, o Agra dos Mallos segue a ser unha asignatura pendente no barrio. Algúns lugares desta zona aparecen completamente abandonados e sen ningún tipo de coidado, e xunto os edificios dos Mallos e as "novas" construccións do barrio (Centro Cívico, Piscina, etc.) conviven vivendas moi antigas e con carencia de servicios habituais en vivendas dunha gran cidade, tal e como di a AAVV dos Mallos na súa web "numerosas familias residen aquí en pésimas condicións".

Neste lugar do barrio celébrase o Mercado ou Feira dos Mallos, a verdade que para iso sí que é un bó lugar pola súa amplitude pero é malo, polo seu afastamento do núcleo veciñal e as malas infraestructuras para este tipo de actos. Tamén aquí se celebrou as últimas veces a festa dos Mallos, que ó mesmo ca feira, bó lugar polo seu espazo pero está afastado da xente.

Gustaríanos ver nun tempo non moi lonxano a recuperación desta zona, sobre todo polas malas condicións que viven algunhas das familias do noso barrio o carón mesmo de vivendas con tódolos servicios necesarios. Tamén nos gustaría a recuperación deste lugar para uso público, que sirva para algo máis que para facer feiras, mercados, festas ou para aparcar os coches. Nos últimos tempos estanse a facer algunhas obras en zonas próximas ó Centro Cívico.. ¿será este o comezo da esperada reforma do Agra dos Mallos?
Se algún aínda non o coñece, podería darse unha volta por alí e ver como de súpeto, dun barrio tradicional coruñés, coas súas rúas, edificios, etc, pásase a unha estampa típica de zona rural abandonada.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/94102
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








