Contenedores en Padre Rubinos, ¡seguimos esperando!
08.05.07 @ 00:16:14. Archivado en Queixas
O 25 de Xaneiro escribimos isto:
Hai que concienciar á xente de que utilice a reciclaxe, e para iso hai que facilitarlle as cousas. A colocación destes contenedores non axuda, dificulta.
Primeiro hai que dicir, que están colocados totalmente contrarios o sentido común, están orientados cara a rúa en lugar de cara a zona peonil, así que para intentar reciclar hai que xogarse o tipo polo lugar onde pasan os coches.
Segundo, ¿por que permiten estacionar os coches o carón dos contenedores? Agora é cando os responsables nos explican como nos metemos nese espazo sobrante entre coche e contenedor, cargado con botellas de cristais ou paquetes de cartón e papel, para ser bó cidadán e poder reciclar.
Isto ocurre na Plaza Padre José Rubinos dos Mallos, onde parece que non queren que reciclemos.
Pois xa pasaron uns meses e logo de chegar o asunto ó pleno do Concello a través de dous partidos políticos, a situación a simple vista segue exactamente igual. Se é que xa está en marcha o arranxo, pedimos disculpas polas críticas, pero a verdade é que non se ve ningunha novidade ó respecto, os coches seguen aparcando diante dos contenedores orientados cara a rúa. Seguimos sen poder reciclar con facilidade e sen perigo nesta zona do barrio. ¿Para cando unha reforma que solucione esta situación? ¿Ou será que están esperando rematar a obra dos edificios da praza para reformala completamente? Non estaría mal saber algo.
[Máis]
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/92611
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








