¿Tocaralle xa á Sagrada Familia?
21.04.07 @ 19:14:12. Archivado en Queixas, Reportaxes
Repasemos agora a Sagrada Familia que parece que por fin vai ser tocada polos responsables municipais, claro que estando en época pre-electoral nunca se sabe canto vai durar esta atención. Beirarrúas, pista, sumidoiros, vivendas, todo un lavado de cara o que esperemos lle toque xa a esta zona do barrio. Mentres o amaño de beirarrúas segue a bó ritmo, coa baixada das esquinas i eliminación de barreiras arquitectónicas, moitos outros asuntos seguen en suspense. Parece que o plan de rehabilitación integral das vivendas da Sagrada Familia vai tomando forma como mostra a saída a concurso de dita reforma [Ver].
¡¡Por fin!! parece que comeza o arranxo da Pista Polideportiva (a coñecida por moitos dos veciños como a Pista Verde) ó retirar os operarios as vallas que rodean o recinto, aínda que moitos veciños estanse impacientando posto que xa pasaron varias semanas desde esta retirada de vallas e as obras non comezaron de momento [Ver1][Ver2].
Non moi lonxe, a praza de Sargento Provisional (onde se atopaba o antigo Colexio Atlas II) foi noticia tamén polo mal estado no que caeu despois de tantos anos de abandono, a verdade é que eu mismo a recordo exactamente igual que fai 15 anos, é dicir que non se lle fixo nada. Ata un grupo político municipal levouno ó pleno para intentar que o goberno municipal faga algo o respecto.
Como contraste, recibimos a boa nova do arranxo das zonas gravemente dañadas e perigosas que había na paralela á rúa Belén e a Avenida de Arteixo, trátase da rúa que conecta o túnel de San Jaime coa Sagrada Familia; decidiron sustituír os buratos que estaban malamente tapados con planchas metálicas (ou de madeira nalgúns casos) e en moi mal estado por alcantarillas. Un bó paso, xa que todos eses buratos deixaron de ser perigosos. Aínda que seguemos a pedir a mellora do chan desa rúa que cando chove adquire unha cor verde semellante ó musgo e convértese nunha pista de patinaxe na que é imposible manterse en pé (eu xa caín fai uns anos e non volvín pasar por alí cando chove dende entón). Tamén pedimos a mellora da iluminación nesa rúa e nas zonas próximas o túnel de San Jaime.
A zona é un imán para que queira facer mal.
[Ver1][Ver2][Vídeos Traseira Rúa Belén]
E falando da Sagrada Familia, decir que Alex Bergantiños, veciño do barrio e capitán do Deportivo “B”, é un dos novos colaboradores do blog do Barrio dos Mallos, mandámoslle un saúdo dende aquí e que teña moitos éxitos na súa carreira deportiva. Aquí poderedes ler os seus escritos sobre o barrio. Tamén, un coñecido poeta da Sagrada Familia, Alexandre Sande Caamaño, acaba de incórporarse o blog.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/89238
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








