Novo episodio sobre o Túnel da Ronda de Nelle
16.04.07 @ 15:44:15. Archivado en Noticias, Queixas
Foi este un mes movido polo barrio, se non tiñamos bastante coa polémica entre Asociacións e Veciños polo asunto da rehabilitación de vivendas na Sagrada Familia (que por certo aínda sigue coleando pero cos ánimos máis apagados), neste último mes saltou outro tema candente, o túnel da Ronda de Nelle pola Avenida de Finisterre.
Foron semanas de reunións, discusións e enfrentamentos en donde os veciños afectados, Asociacións e Concello víronse as caras. A Asociación “La Paternidad-Sagrada Familia” convocou primeramente unha reunión dos veciños afectados coas concelleiras Yoya Neira e Mar Barcón a quen someteron a un auténtico interrogatorio; desta reunión saíu a idea de recoller firmas contra o túnel, que unha semana despois, andaban xa preto do milleiro e a comezos de abril rondaba as dúas mil e que foron presentadas no Concello no día de hoxe. Noutro día máis tarde, as Asociacións de Veciños dos Mallos-Sagrada Familia e Agra do Orzán uníronse contra a construcción do túnel. E daquela, finalizou todo cunha reunión entre veciños afectados no local da Asociación de Santa Margarita que deu máis forza a opción de opoñerse ó túnel.
E así foi, despois de tres fases de posicionamento dos veciños (a primeira era oposición a un túnel coa lonxitude proxectada; despois proposición dun túnel máis longo que chegara ata Sanidade; e a última, oposición frontal a calquera tipo de túnel), a maior parte dos veciños oponse frontalmente a construcción do túnel e pide que de eliminarse o viaducto, fágase un cruce a nivel con semáforos, pois o túnel sería perxudicial para as súas casas ó construirlle un muro diante das súas portas, ademais de crear unha “autovía” en plena cidade e reducir o tamañao das beirarrúas. O Concello mostrouse disposto a estudar todas a propostas que sexan presentadas dentro de prazo pero sen descartar ningunha das opcións.
Hoxe, un novo episodio, os veciños entregaron as firmas e as alegacións no Concello para opoñerse á construcción do túnel.
Está claro que ata despois das eleccións non teremos noticias sobre como remata este proxecto.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/88131
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
¡¡¡Este hombre,Losada, no es de fiar!!!. Hace cuatro años prometió una piscina en Los Rosales, ¿Dónde está?
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








