Tráfico na Ronda de Outeiro
10.04.07 @ 23:11:58. Archivado en Queixas
¿Qué veciño do barrio non tivo algún problema nos cruces da Ronda de Outeiro coas diferentes rúas do barrio? E non digo só veciños a pé, senón tamén veciños en coche, porque moitas veces os culpables son os peóns.
O cruce da Avenida de Arteixo coa Ronda de Outeiro está colapsado e é un suplicio tanto para viandantes coma para os coches. Os viandantes ante a eterna espera no medio da calzada obtan por cruzar en vermello e moitas das veces estas imprudencias provocan situacións de grave risco para a seguridade das persoas.
Un dos principais problemas destes cruces (Ronda de Outeiro coas rúas do barrio) é a gran velocidade coa que os coches chegan a estas rúas, moitas veces estás cruzando en verde no medio do paso de peóns e levaste un susto por como se aproximou de máis un coche que frenou no último momento e case te está rozando para pasar susto despois de que deixes un mínimo de espazo libre. Para moitos a luz amarela é sinónimo de pasar se existe suficiente separación entre peóns e por riba, o fan a alta velocidade, incluso nalgúns semáforos coma o de San Jaime que se pon en vermello para os coches moitas veces non é respetado, ni por coches nin por peóns.
O peor de todo e máis lamentable e ver como a mesma persoa que lle recrimina a un coche non respetar un paso de peóns, logo cruza en vermello poñéndose el e os conductores en perigo.
A altura da Sagrada Familia temos a única pasarela peonil do barrio, a “ponte verde” que pasa por riba da Ronda de Outeiro a altura do Colexio Sagrada Familia, pero que apenas é usada. Con barreiras arquitectónicas (unha persoa con mobilidade reducida non a podería usar por ter escaleiras) nun lado e unha saída orientada demasiado cara a Grela en lugar de cara a Ronda, fan desta pasarela un obxecto máis de decoración que de uso para o que foi concebida.
[Máis]
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/86924
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto









