¡E na Coruña, o Luns de Pascua tamén é Festivo!
03.04.07 @ 05:22:38. Archivado en Noticias, Reportaxes
Como pasa o tempo, non fai nada estábamos en Nadal e agora xa estamos en Semana Santa. Comezou o venres pasado as celebracións na cidade coa procesión, que quedou en intento por mor da choiva, dos Dolores. No barrio, do mesmo xeito que noutras zonas da cidade, a Semana Santa chegou no Domingo de Ramos. As igrexas do barrio, San Rosendo, San Benito e San Luis, vestiron as súas mellores galas para unhas das celebracións que máis xente soe reunir, a misa de Ramos. Se había intención de facer a misa o aire libre ou procesión coma no caso de San Rosendo, non puido ser pola choiva, así que todos a cuberto dentro das igrexas.
Pouco máis excepcional haberá polo barrio nestes días. As principais celebracións da Semana Santa terán lugar polos lugares máis céntricos da cidade, aquí no barrio, cada igrexa fará ás súas propias celebracións pero sen ningún tipo de procesión (se estamos equivocados, facédenolo saber). A pesar de ser uns días nos que a xente marcha de vacacións, as igrexas do barrio soen estar totalmente cheas de xente.
E fora das celebracións relixiosas, o barrio prepárase para todo un éxodo de xente. Son estes uns días escollidos por moitos para pasar uns días fora da rutina e marchar por ahí en diante, o destino máis socorrido é o viaxe típico á vila ou aldea, así que a partir do xoves vindeiro, moitos conveciños nosos marcharán e o barrio quedárase sen a maior parte do seu habitual movemento. Nos xa coñecemos a uns cantos que nos abandonarán estes días. A pena son aqueles traballadores que teñen día libre o xoves, venres e domingo, pero o sábado non, polo que non poderán disfrutar completamente estes días de descanso, no barrio hai moitos así. A boa nova para os vacacioneiros é a meteoroloxía, posto que tanto dende o Instituto Nacional de Meteoroloxía coma desde MeteoGalicia anuncian ceos despexados a partir xa do mércores.
E se vades a viaxar e deixar a casa soa, estade atentos a estes consellos por si non os sabedes xa:
·En función da economía de cada un, sería bó instalar no domicilio algún tipo de sistema de seguridade posible. Unha boa porta de seguridade xa é un gran avance.
·A casa non debe exteriorizar a ausencia de vida, hai que intentar que pareza que seguimos nela. Para iso, compre non pechar todas as persianas das fiestras así como tamén sería bó deixar roupa tendida, etc. Existen dispositivos electrónicos, baratos, que permiten programar o encendido de luces, TV, utilización do contestador do teléfono.
·Non dubidedes en prestarse colaboración mutua con outros veciños.
·Non se debe deixar diñeiro, xoias nin obxectos valiosos no domicilio.
·Non deixar obxectos valiosos nas terrazas sen peche.
·Tome nota do número de serie de todos os electrodomésticos, ao obxecto de facilitar a súa identificación en caso de roubo.
·Deixar completamente pechadas as fiestras que dean a lugares ocultos ou máis desprotexidos (parios interiores, rúas pouco concorridas, etc.)
E no que respecta á viaxe, xa sabedes, o conductor que vaia a modiño e ben atento, o que importa é regresar para contalo e así presumir logo de viaxe diante dos compañeiros, veciños e amigos.
Por certo, ¿sabedes porque cae Semana Santa nunha ou noutra semana cada ano? A Semana Santa é aquela que contén a primeira Lúa Chea que hai despois do Equinoccio de Primavera.
Gran sorpresa nos deparou a quen non o sabíamos o do Luns de Pascua. Resulta que día do Rosario (7 de Outubro, Patrona da Cidade) este ano é Domingo, pois ben, o Concello escolleu para sustituilo o Luns 9 de Abril, polo que aqueles que non traballen o sábado, terán 5 días festivos consecutivos, dende o Xoves santo ata o Luns de Pascua, ambos inclusive. Este ano, o roscón ou os ovos de Pascua saberán incluso mellor.
¡Feliz Semana a Todos!
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/85337
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








